filme de 2006 dirixido por Robert Towne From Wikipedia, the free encyclopedia
Pregúntalle ao vento (en inglés: Ask the Dust) é un filme estadounidense do ano 2006. É un drama dirixido por Robert Towne, adaptado do libro Ask the Dust de John Fante. Estreouse en galego na TVG o 10 de xuño de 2009.[1]
Pregúntalle ao vento | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ask the Dust |
Director | Robert Towne |
Produtor | Tom Cruise Jonas McCord Paula Wagner |
Guión | Robert Towne |
Baseado en | Ask the Dust de John Fante |
Intérpretes | Colin Farrell Salma Hayek Donald Sutherland Idina Menzel |
Música | Ramin Djawadi Heitor Pereira |
Distribuidora | Paramount Classics (USA) Pathé (RU) |
Estrea | 17 de marzo de 2006 10 de xuño de 2009 (TVG) |
Duración | 117 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Arturo Bandini soña con converterse nun escritor famoso nos Ánxeles (California) a comezos da década de 1930, durante a Gran Depresión. No intento de escribir algo, hospédase nun cuarto barato dun hostal, pero o plan vólvese un fracaso: os cartos acábanse e non consegue publicar nada. Entón coñece a Camilla Lopez, unha camareira mexicana que soña con conseguir un bo marido e deixar o emprego. Xuntos viven unha relación turbia, baseada no desexo, os celos e o desprezo.
Porén, hai bastantes diferenzas respecto á novela orixinal. Arturo e Camila van vivir a unha casa á beira da praia, e Camila morre logo dunha longa enfermidade. A relación entre Camila e Sammy non está tan desenvolvida, porén, Camila e Arturo son parella durante un tempo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.