actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Dustin Lee Hoffman, nado o 8 de agosto de 1937 nos Ánxeles, é un actor estadounidense.
Nun principio quixo ser médico, polo que estudou esta carreira universitaria. Con todo, durante os estudos decatouse de que quería ser actor, e comezou a actuar na Pasadena Playhouse nos Ánxeles, un teatro e unha escola de interpretación prestixiosa. Alí coincidiu con Gene Hackman, outro alumno que se convertería nun grande actor. Cando adquirira xa unha formación básica como intérprete, decidiu ir a Nova York para probar sorte no teatro.
En Nova York Hoffman tivo que realizar varios traballos pouco convencionais para gañarse a vida. Nunha ocasión conseguiu un papel pequeno nunha película para a televisión, e durante un verán foi de xira cunha compañía teatral de segunda orde. Hoffman desanimouse e dedicouse a dar clases durante un tempo. Por fin, en 1960 ofrecéronlle un papel nunha obra teatral, e ó ano seguinte actuou noutra. A pesar diso non tiña ingresos suficientes, polo que realizou de novo toda clase de traballos. Durante varios anos deixou o teatro e apuntouse á famosa escola de interpretación Actor's Studio, onde se formou como actor de método.
En 1967 cambiou a sorte para Hoffman. Conseguiu o seu primeiro papel no cine, aínda que foi pequeno. Interveu tamén nunha comedia teatral, onde Mike Nichols o veu e decidiu ofrecerlle o papel principal en O graduado. Aínda que xa tiña 30 anos, Hoffman foi moi convincente no papel dun mozo que acababa de rematar os seus estudos universitarios. Conseguiu un nomeamento ó Oscar e, o que foi máis importante, converteuse da noite para a mañá nun actor extremadamente popular, sobre todo ante as audiencias xuvenís. Só dous anos despois, Hoffman repetiu o éxito, cando interveu xunto con Jon Voight en Cowboy de medianoite, película pola que obtivo a súa segunda nomeamento ó Oscar.
As seguintes películas que fixo Hoffman foron na súa maioría éxitos destacados. As súas interpretacións eran igual de boas en papeis cómicos que en papeis dramáticos. Coas películas Kramer contra Kramer e Rain Man gañou dous Oscar.
En 1974 volveu ó teatro, e cultivou tamén éxitos. Tamén interveu en películas e mini-series para a televisión, aínda que a súa prioridade foi sempre o cine.
Hoffman casou por primeira vez en 1969 e o matrimonio durou once anos. Volveu casar en 1980. Ten catro fillos do seu actual matrimonio, e unha filla da súa primeira esposa.
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1997 | Oscar ó mellor actor | Wag the Dog | Candidato |
1988 | Oscar ó mellor actor | Rain Man | Gañador |
1982 | Oscar ó mellor actor | Tootsie | Candidato |
1979 | Oscar ó mellor actor | Kramer contra Kramer | Gañador |
1974 | Oscar ó mellor actor | Lenny | Candidato |
1969 | Oscar ó mellor actor | Cowboy de medianoite | Candidato |
1967 | Oscar ó mellor actor | O graduado | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1998 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Wag the Dog | Candidato |
1997 | Premio Cecil B. DeMille | Gañador | |
1992 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Hook | Candidato |
1989 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Rain Man | Gañador |
1986 | Globo de Ouro ó mellor actor en miniserie ou película feita para a televisión | Death of a Salesman | Gañador |
1983 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Tootsie | Gañador |
1980 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Kramer contra Kramer | Gañador |
1977 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Marathon Man | Candidato |
1975 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Lenny | Candidato |
1970 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | John and Mary | Candidato |
1970 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Cowboy de medianoite | Candidato |
1968 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | O graduado | Candidato |
1968 | Globo de Ouro á nova estrela do ano - Actor | O graduado | Gañador |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dustin Hoffman |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.