O Campionato Nacional de Liga de Segunda División, máis coñecido como Segunda División e por razóns de patrocinio como LaLiga hypermotion[1], é a segunda categoría da liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Primeira División RFEF. Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.

Datos rápidos Tipo, Organizador ...
Modelo:Competición deportivaSegunda división española de fútbol
Editar o valor en Wikidata
Tipoliga de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorLiga Nacional de Fútbol Profesional Editar o valor en Wikidata
Parte deLigas de fútbol de España e Liga Nacional de Fútbol Profesional Editar o valor en Wikidata
Liga superiorPrimeira División Española Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorPrimeira Federación e Segunda Federación Editar o valor en Wikidata
Número de participantes22 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1928 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Número de edición89 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoClub Atlético Osasuna Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiallaliga.com… Editar o valor en Wikidata
Youtube: UCs3Gqvp1tO-nK-XNzFlopsg Editar o valor en Wikidata

Pechar

É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A Segunda División é, xunto coa Primeira División, unha das dúas únicas categorías con status profesional en España, baixo o amparo da LFP.

Ao longo da súa historia, corenta e seis clubs resultaron campións de Segunda División, sendo o máis laureado con 8 títulos o Real Murcia, seguido do Betis (7), e Deportivo da Coruña, Sporting de Xixón e Real Oviedo (todos con 5). O Osasuna, seguinte no palmarés.

Historia

A liga de Segunda División comezou na tempada 1928–29, ao tempo que a Primeira División. Na súa primeira edición participaron os seguintes clubs:

Ao longo dos anos cambiou o número de equipos participantes, así como o formato da competición. En 1934 a categoría dividiuse en varios grupos, unha estrutura que se mantería durante varios anos, ata 1968, cando se recuperou o grupo único que se mantén na actualidade. En 1977 pasou a chamarse oficialmente Segunda División A, pola creación da Segunda División B. Desde 1984 está organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).

En 2007 o Granada 74 compróu a súa praza na categoría ao Ciudad de Murcia, un caso inédito no fútbol español, polo que xogou a tempada 2007-2008 en Segunda División, mentres que o Ciudad de Murcia, tras quedar en 4ª posición na liga, fíxoo en Terceira, categoría na que ocupaba unha praza o seu filial.

Denominacións comerciais

As tempadas 2006–07 e 2007–08 foron as dúas primeiras nas que o campionato tivo unha denominación comercial, recibindo o nome de «Liga BBVA», tras o acordo de patrocinio entre a LFP e o banco BBVA.[2] Entre as tempadas 2008–09 e 2015–16 a categoría de prata foi chamada «Liga Adelante», debido a que a denominación do banco pasou a patrocinar a Primeira División.[3]

Desde a tempada 2016–17, o patrocinador principal da LFP é o Banco Santander, e a Segunda División chamouse comercialmente «LaLiga 1|2|3» primeiramente, e desde a tempada 2019–20, «LaLiga SmartBank».[4]

Sistema de competición

A Segunda División é un torneo organizado e regulado, conxuntamente coa Primeira División, pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP), cuxos membros son os propios clubs participantes.

A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Consta dun grupo único integrado por 22 equipos que se enfrontan todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 42 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación final establécese de acordo aos puntos totais obtidos por cada equipo ao finalizar o campionato. Os equipos obteñen tres puntos por cada partido gañado, un punto por cada empate e ningún punto polos partidos perdidos. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualan a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación son os seguintes:

  1. O que teña unha maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos.
  2. Se persiste o empate, o que teña a maior diferenza de goles a favor tendo en conta todos os obtidos e recibidos no transcurso da competición.
  3. Se continúan empatados, gaña o que máis goles a favor teña.

Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate son os seguintes:

  1. A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre se polos clubs implicados.
  2. A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre se polos clubs implicados.
  3. A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato.
  4. O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato.
  5. O club mellor clasificado con arranxo aos baremos de favor plus.

Efectos da clasificación

PostoClasificación
Ascenso a Primeira División
Promoción de ascenso a Primeira
7º-18º
19ºDescenso a Segunda División B
20º
21º
22º

Ao termo da tempada, o equipo que máis puntos obteña proclámase campión de Segunda División e é ascendido, xunto co subcampión, a Primeira División. Ademais, desde a tempada 2010/11, tamén ascende o gañador dunha promoción disputada entre o terceiro, cuarto, quinto e sexto clasificados. O sistema desta promoción é de eliminación directa a dobre partido, enfrontándose o terceiro co sexto, así como o cuarto co quinto; os dous vencedores pasarán a disputar unha nova eliminatoria a ida e volta, da cal sairá o terceiro equipo que ascende a Primeira División.

O 6 de xullo de 2011, a asemblea da LFP decidiu prescindir da quenda de penaltis nos play-off de ascenso. En caso de empate nos noventa minutos regulamentarios e tamén na prórroga, clasificarase ou ascenderá o equipo con mellor clasificación durante a liga regular.[5]

As prazas vacantes dos equipos ascendidos cóbrenas aqueles que terminan nos tres últimos postos de Primeira División. Pola súa banda, os catro últimos clasificados de Segunda División ao termo da tempada son relegados a Segunda División B, sendo substituídos polos gañadores das promocións de ascenso desta categoría.

Equipos filiais

Un club pode ter un equipo filial en Segunda División se o seu primeiro equipos compite en Primeira División. Se un filial termina a tempada en postos de ascenso directo ou play-off, é o seguinte clasificado o que adquire ese dereito ao non poder ascender o equipo filial xa que debe estar sempre polo menos unha división por baixo do primeiro equipo. Así mesmo, se o primeiro equipo descende a Segunda e o seu filial milita na devandita categoría, este último é descendido automaticamente a Segunda División B, aínda que lograse a permanencia durante a liga regular.[6]

Participantes

Ao longo da historia da competición participaron 168 equipos diferentes, pero só seis deles nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División, participando por tanto sempre no fútbol profesional: Valencia, Atlético de Madrid, Espanyol, Sevilla, Sporting de Xixón e Real Sociedad.

Tempada 2019/20

Equipos galegos

Un total de 12 equipos galegos pasaron pola Segunda División na súa historia, sendo o Deportivo da Coruña o que disputou máis tempadas. Tres deles, o Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo e o Pontevedra CF proclamáronse campións.

Máis información Posto histórico, Equipo ...
Posto histórico Equipo Tempadas Mellor posto Última tempada Puntos PX PG PE PP GF GC
12º Deportivo da Coruña 40 2019-20 1450 1244 552 281 411 1892 1542
21º Celta de Vigo 32 2011-12 1293 1032 466 260 306 1629 1142
31º Racing de Ferrol 34 2007-08 1031 1054 366 229 459 1474 1745
56º CD Ourense 13 1998-99 437 454 143 121 190 492 623
57º CD Lugo 7 2019-20 395 332 99 105 128 333 400
67º SD Compostela 7 2002-03 335 282 97 90 95 332 334
69º Pontevedra CF 9 2004-05 328 314 117 84 113 379 372
119º UD Ourensá 3 1951-52 82 92 33 16 43 141 177
121º SX Lucense 3 11º 1951-52 74 92 28 18 46 135 197
150º Deportivo Xuvenil 1 16º 1954-55 20 30 5 10 15 40 85
154º Arousa SC 1 16º 1949-50 17 30 7 3 20 44 84
163º Unión Sporting Club 1 1935-36 7 14 3 1 10 27 52
Pechar
Sombreados os equipos galegos participantes na tempada 2019-20. Actualizado ata a tempada 2018/19 incluída.
PX: Partidos xogados; PE: Partidos empatados; PP: Partidos perdidos; GF: Goles a favor; GC: Goles en contra.

Historial de tempadas

Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Subcampión Outros equipos ascendidos
1928–29Sevilla (non ascendido)Real Zaragoza (non ascendido)
1929–30AlavésSporting de Gijón (non ascendido)
1930–31ValenciaSevilla (non ascendido)
1931–32Betis BalompiéOviedo CF (non ascendido)
1932–33Oviedo CFAtlético de Madrid (non ascendido)
1933–34Sevilla FCAtlético Madrid
1934–35HérculesOsasuna
1935–36Celta de VigoZaragoza
193637Non se disputou
193738Non se disputou
193839Non se disputou
1939–40Real MurciaDeportivo da Coruña (non ascendido)
1940–41GranadaReal SociedadCastellón e Deportivo da Coruña
1941–42Real BetisReal Zaragoza
1942–43SabadellReal Sociedad
1943–44Sporting de GijónReal Murcia
1944–45AlcoyanoHérculesCelta de Vigo
1945–46SabadellDeportivo da Coruña
1946–47AlcoyanoGimnàsticReal Sociedad
1947–48Real ValladolidDeportivo da Coruña
1948–49Real SociedadMálaga
1949–50Racing de Santander[7][8][9][10]LleidaReal Murcia e Alcoyano
Tempada Campión Grupo Norte Campión Grupo Sur Outros equipos ascendidos
1950–51Sporting de GijónAtlético TetuánReal Zaragoza e Las Palmas
1951–52Real OviedoMálaga
1952–53OsasunaReal Jaén
1953–54AlavésLas PalmasHércules e Málaga
1954–55Cultural LeonesaReal Murcia
1955–56OsasunaReal JaénReal Zaragoza e Condal
1956–57Sporting de GijónGranada
1957–58Real OviedoReal Betis
1958–59Elche CFReal Valladolid
1959–60Racing de SantanderMallorca
1960–61OsasunaTenerife
1961–62Deportivo da CoruñaCórdobaReal Valladolid e Málaga
1962–63PontevedraReal MurciaLevante e Espanyol
1963–64Deportivo da CoruñaLas Palmas
1964–65PontevedraMallorcaSabadell e Málaga
1965–66Deportivo da CoruñaHérculesGranada
1966–67Real SociedadMálagaReal Betis
1967–68Deportivo da CoruñaGranada
Tempada Campión Subcampión Outros equipos ascendidos
1968–69SevillaCelta de VigoMallorca
1969–70Sporting de GijónMálagaEspanyol
1970–71Real BetisBurgosDeportivo da Coruña e Córdoba
1971–72Real OviedoCastellónReal Zaragoza
1972–73Real MurciaElcheRacing de Santander
1973–74Real BetisHérculesSalamanca
1974–75Real OviedoRacing de SantanderSevilla
1975–76BurgosCelta de VigoMálaga
1976–77Sporting de GijónCádizRayo Vallecano
1977–78Real ZaragozaRecreativo de HuelvaCelta de Vigo
1978–79AD AlmeríaMálagaReal Betis
1979–80Real MurciaReal ValladolidOsasuna
1980–81CastellónCádizRacing de Santander
1981–82Celta de VigoSalamancaMálaga
1982–83Real MurciaCádizMallorca
1983–84Castilla (non ascendido por ser o equipo filial)Bilbao Athletic (non ascendido por ser o equipo filial)Hércules, Racing de Santander e Elche
1984–85Las PalmasCádizCelta de Vigo
1985–86Real MurciaSabadellMallorca
1986–87ValenciaLogroñésCelta de Vigo
1987–88MálagaElcheReal Oviedo
1988–89CastellónRayo VallecanoMallorca e Tenerife
1989–90Real BurgosReal BetisEspanyol
1990–91Albacete BalompiéDeportivo da Coruña
1991–92Celta de VigoRayo Vallecano
1992–93LleidaReal ValladolidRacing de Santander
1993–94EspanyolReal BetisCompostela
1994–95MéridaRayo VallecanoSalamanca
1995–96HérculesLogroñésExtremadura
1996–97MéridaSalamancaMallorca
1997–98AlavésExtremaduraVillarreal
1998–99MálagaAtlético de Madrid B (non ascendido por ser o equipo filial)Numancia, Sevilla e Rayo Vallecano
1999–00Las PalmasOsasunaVillarreal
2000–01SevillaReal BetisTenerife
2001–02Atlético de MadridRacing de SantanderRecreativo
2002–03Real MurciaReal ZaragozaAlbacete Balompié
2003–04LevanteNumanciaGetafe
2004–05CádizCelta de VigoAlavés
2005–06Recreativo de HuelvaGimnásticLevante
2006–07Real ValladolidUD AlmeríaReal Murcia
2007–08NumanciaMálagaSporting de Gijón
2008–09XerezReal ZaragozaTenerife
2009–10Real SociedadHérculesLevante
2010–11Real BetisRayo VallecanoGranada
2011–12Deportivo da CoruñaCelta de VigoReal Valladolid
2012–13ElcheVillarrealUD Almería
2013–14EibarDeportivo da CoruñaCórdoba
2014–15Real BetisSporting de GijónLas Palmas
2015–16AlavésLeganésOsasuna
2015–16AlavésLeganésOsasuna
2016–17LevanteGironaGetafe
2017–18Rayo VallecanoHuescaValladolid
2018–19OsasunaGranadaMallorca
2019–20HuescaCádizElche
Pechar

Estatísticas

Récords da categoría

Palmarés

Máis información Club, Campión ...
Club Campión[11] Subcampión Anos dos campionatos
Real Murcia 8 2 1939/40, 1954/55, 1962/63, 1972/73, 1979/80, 1982/83, 1985/86 e 2002/03
Real Betis 7 5 1931/32, 1941/42, 1957/58, 1970/71, 1973/74, 2010/11 e 2014/15
Deportivo da Coruña 5 5 1961/62, 1963/64, 1965/66, 1967/68 e 2011/12
Sporting de Gijón 5 4 1943/44, 1950/51, 1956/57, 1969/70 e 1976/77
Real Oviedo 5 3 1932/33, 1951/52, 1957/58, 1971/72 e 1974/75
CA Osasuna 4 2 1952/53, 1955/56, 1960/61 e 2018/19
Sevilla FC 4 1 1928/29, 1933/34, 1968/69 e 2000/01
UD Las Palmas 4 - 1953/54, 1963/64, 1984/85 e 1999/00
Deportivo Alavés 4 - 1929/30, 1953/54, 1997/98 e 2015/16
Celta de Vigo 3 7 1935/36, 1981/82 e 1991/92
Hércules CF 3 7 1934/35, 1965/66 e 1995/96
Real Valladolid 3 4 1947/48, 1958/59 e 2006/07
CD Málaga 3 4 1951/52, 1966/67 e 1987/88
Real Sociedad 3 2 1948/49, 1966/67 e 2009/10
Granada CF 3 1 1940/41, 1956/57 e 1967/68
CD Alcoyano 3 - 1944/45 e 1946/47
CE Sabadell 2 5 1942/43 e 1945/46
Racing de Santander 2 2 1949/50 e 1959/60
Elche CF 2 2 1958/59 e 2012/13
Levante UD 2 2 2003/04 e 2016/17
CD Castellón 2 1 1980/81 e 1988/89
Valencia CF 2 - 1930/31 e 1986/87
Real Jaén 2 - 1952/53 e 1955/56
RCD Mallorca 2 - 1959/60 e 1964/65
Pontevedra CF 2 - 1962/63 e 1964/65
CP Mérida 2 - 1994/95 e 1996/97
Real Zaragoza 1 5 1977/78
Cádiz CF 1 5 2004/05
Rayo Vallecano 1 4 2017/18
Atlético de Madrid 1 2 2001/02
Atlético Tetuán 1 1 1950/51
CD Tenerife 1 1 1960/61
Córdoba CF 1 1 1961/62
Burgos CF 1 1 1975/76
UE Lleida 1 1 1992/93
RCD Espanyol 1 1 1993/94
Málaga CF 1 1 1998/99
Recreativo de Huelva 1 1 2005/06
SD Huesca 1 1 2019/20
Cultural Leonesa 1 - 1954/55
AD Almería 1 - 1978/79
Real Madrid Castilla 1 - 1983/84
Real Burgos 1 - 1989/90
Albacete Balompié 1 - 1990/91
CD Numancia 1 - 2007/08
Xerez CD 1 - 2008/09
SD Eibar 1 - 2013/14
UD Salamanca - 3
Gimnàstic de Tarragona - 2
CD Logroñés - 2
Barakaldo CF - 1
Valencia Mestalla - 1
CF Extremadura - 1
Bilbao Athletic - 1
Atlético de Madrid B - 1
UD Almería - 1
CD Puertollano - 1
Atlético de Ceuta - 1
CD Condal - 1
Getafe CF - 1
Iberia SC - 1
Villarreal CF - 1
CD Leganés - 1
Girona FC - 1
Pechar
Club desaparecido

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.