From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Polideportivo Mérida foi un club de fútbol español da cidade de Mérida, en Estremadura. Foi fundado en 1912 e desapareceu no ano 2000. O seu sucesor actualmente é o seu antigo filial, o Mérida Unión Deportiva.
Nome | Club Polideportivo Mérida, S.A.D. | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Franjiverdes, Ilicitanos | ||
Fundación | 28 de decembro de 1912 | ||
Desaparición | 2000 | ||
Estadio | Estadio Romano, Mérida, España | ||
Inauguración | 1954 | ||
Capacidade | 14.600 | ||
|
O 28 de decembro de 1912 fundouse a Sportiva Emeritense, o embrión do CP Mérida. En 1920, pasou a chamarse Club Catalanes debido á orixe dos militares do acuartelamento emeritense, mentres paralelamente, en 1921, empregados de Renfe fundan o Club M.Z.A. (Madrid-Zaragoza-Alacant).
Pouco despois, ambos os clubs fusiónanse e xorde o Club Emérita, que tivo como presidente a Juan Bohoyo. O Emérita participou por primeira vez nun campionato rexional na tempada 28-29 e xa na 31-32 foi campión rexional.
Durante a Guerra civil española, o fútbol en Mérida paralízase. Logo desta, en 1939, rexorde o club co nome Sociedad Deportiva Emeritense.
No seu primeiro ano foi subcampión rexional e na tempada 1943-44 participou por primeira vez en categoría nacional, Terceira División.
Tras catro anos en Terceira, na 46-47, baixa a Rexional. Dous anos despois (48-49), o Emeritense volve a Terceira, onde estará ata a 60-61. Nas campañas 54-55, 55-56 e 56-57, o club marcou un fito ao xogar tres fases de ascenso a Segunda.
Tras un ano en Rexional (61-62), o Emeritense sobe invicto de novo á Terceira División. O club permanece en Terceira ata a 70-71. Antes, en 1966, pasou a ser Mérida Industrial C.F.
Na 76-77, o Industrial volve a Terceira, ascendendo á recentemente creada Segunda División B na 79-80. O ascenso chegou o 11 de maio ao gañar 1-0 ao Vélez con gol de Paco, tendo o presidente José Fouto Carvajal só 26 anos.
A aventura durou un ano. Desde a 81-82 ata a 88-89, o Mérida seguiu en Terceira. Ao acabar a 84-85, pasou a ser Club Polideportivo Mérida. O 28 de maio de 1989 chega o segundo ascenso a Segunda B ao gañar 2-0 ao Coria con goles de Chovi e Edu Pla, con Fouto Carvajal na presidencia.
Tras dous anos en Segunda B, o Mérida sobe a Segunda División o 22 de xuño de 1991 ao gañar 0-1 ó Osasuna Promesas con gol de Ricardo.
Desde a 91-92 ata a 99-00, o Mérida vive a súa etapa dourada: 2 anos en Primeira División e 7 en Segunda División. O primeiro ascenso á Primeira División chegou o 27 de maio de 1995 ao gañar 0-1 ao Eibar con gol de Cuéllar, converténdose no primeiro equipo estremeño en alcanzar a máxima categoría do fútbol español. O segundo chegou o 1 de xuño de 1997 ao gañar 2-0 ao Leganés con dobrete de Quique Martín.
Durante esta etapa o Mérida chegou en dúas ocasións ata os 1/4 de Final da Copa do Rei, a última no ano 2000, sendo eliminado polo Real Madrid na prórroga a 3 minutos do final do partido.
Os riscos ecónomicos provocados durante a xestión de José Fouto Carvajal abocaron na desaparición do Club Polideportivo Mérida o 31 de agosto de 2000, tomando a substitución a súa filial, o Mérida Promesas (3ª División), que pasou a chamarse Mérida Unión Deportiva.
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.