Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A liga española de fútbol é a principal competición entre equipos de fútbol de España.[1] Celébrase anualmente desde 1929, e a tempada desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio). O torneo consta de ligas ou divisións interconectadas entre si, cuxa máxima categoría é a Primeira División. Ao termo de cada tempada e en función dos resultados obtidos, os equipos participantes poden ascender ou descender de liga ou de división.
Tipo | sistema de ligas (pt) |
---|---|
Deporte | fútbol |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1929 – |
Categoría | Ligas ou divisións |
---|---|
1 | Primeira División
|
2 | Segunda División
|
3 | Primeira Federación
|
4 | Segunda Federación
|
5 | Terceira Federación
|
6 | Categorías rexionais |
Categoría | Ligas ou divisións |
---|---|
1 | Primeira División
|
2 | Primeira Federación
|
3 | Segunda Federación
|
4 | Primeira Nacional
|
5 | Categorías rexionais |
1.ª categoría | 2.ª categoría | 3.ª categoría | 4.ª categoría | 5.ª categoría | |
---|---|---|---|---|---|
1988-96 | Liga Nacional Feminina | — | — | — | |
1996-01 | División de Honra Feminina | — | — | — | |
2001-11 | Superliga Feminina | Primeira Nacional de Fútbol Feminino | — | — | |
2011-19 | Primeira División Feminina | Segunda División Feminina | Categorías rexionais | — | |
2019-Act. | Primeira División | Primeira Federación | Segunda Federación | Primeira Nacional | Categorías rexionais |
Para poder participar na liga española os clubs deben estar federados. No caso das categorías profesionais (Primeira e Segunda División), os clubs tamén deben cumprir os requisitos esixidos pola liga de Fútbol Profesional (LFP).
A diferenza doutros países, os equipos filiais poden participar na liga, aínda que nunca nunha división igual ou superior á do equipo ao que pertencen.
Aínda que o número de equipos que integran cada división varía, todas as categorías seguen un mesmo sistema de competición. O torneo desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio) do seguinte ano. Cada club enfróntase dúas ocasións aos demais equipos do seu mesma división (unha vez en campo propio e outra no do contrario), seguindo un calendario establecido por sorteo a principio de tempada. Xeralmente dispútase unha xornada cada semana (coincidindo co fin de semana). Os encontros finalizan ao noventa minutos, sen prórrogas nin quenda de penaltis en caso de terminar en empate.
A xustiza deportiva da competición está xestionada polo Comité de Competición da liga, organismo encargado de impor sancións e dirimir os conflitos entre clubs. Os árbitros (todos españois) dos partidos son designados, a través dun comité de designación formado por tres membros: Antonio Jesús López Nieto (exárbitro malagueño internacional), Evaristo Puentes Leira (exárbitro galego de Primeira División) e Victoriano Sánchez Arminio (presidente do Comité Técnico de Árbitros). Un árbitro non pode dirixir un partido no que participe un equipo da mesma comunidade rexional na que estea colexiado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.