O Centre d'Esports Sabadell Futbol Club é un club de fútbol español, da cidade de Sabadell, en Cataluña. Foi fundado en 1903 e actualmente xoga na Segunda División B.
Sabadell | |||
---|---|---|---|
Nome | Centre d'Esports Sabadell Futbol Club, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Arlequinados Saballuts Laneros | ||
Fundación | 1903 | ||
Estadio | Nova Creu Alta, Sabadell, España | ||
Inauguración | 1967 | ||
Capacidade | 11.981 | ||
Presidente | Esteve Calzada | ||
Adestrador | Pedro Munitis | ||
Liga | 2ª B – Grupo 3 | ||
2018–19 | 12.º | ||
Na rede | |||
http://www.cesabadell.cat/ | |||
| |||
Entre os seus logros deportivos destacan o Campionato de España de segunda categoría en 1913, a Copa Federación en 2000 e un subcampionato da Copa de España en 1935. Militou 14 tempadas na Primeira División e participou nunha edición da Copa de Feiras.
Himno
O himno oficial do club é Honor al Sabadell, escrito por Lluís Papell con música de Adolf Cabané. Con todo, entre 1983 e 1991 o club utilizou como oficial o himno Sempre endavant Sabadell, composto por Ramon Montlleó.
Estadio
Nova Creu Alta; construído no ano 1967, cun aforamento de 20.000 espectadores. Foi inaugurado no mes de agosto dese mesmo ano. Situado nunha zona urbana da cidade, preto da nova arteria comercial e de oficinas; a avenida de Francesc Macià. A súa dirección é: Plaça Olímpia s/n, 08206 Sabadell, e as oficinas do club atópanse na zona de tribuna do propio estadio.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 14
- Tempadas en 2ª: 40
- Tempadas en 2ª B: 17
- Tempadas en 3ª: 8
- Posto na Clasificación histórica de Primeira: 31º
- Mellor posto en Primeira: 4º (tempada 68-69)
- Peor posto en Primeira: 18º (tempada 71-72)
- Participacións en competicións internacionais: 1
- 1 na Copa de Feiras (actual UEFA)
Tempada a tempada
Xogadores
- Categoría principal: Xogadores do CE Sabadell.
Cadro 2009/10
Xogadores con máis partidos en Primeira
- Pepe Martinez: 151
- Isidro Sánchez: 142
- Ramón Montesinos: 142
- Ramón de Pablo Marañón: 140
- Pini: 138
- Josep Palau: 115
- Joaquim Navarro: 103
- Lluís Múñoz: 100
- Antonio Vázquez: 92
- Alberto Arnal: 86
- Manuel Pallàs: 85
- Ricard Pujol: 81
Máximos goleadores en Primeira
Palmarés
Torneos rexionais
- Copa Catalunya (1): 1933-34
- Campionato de Catalunya de segunda categoría (3): 1912-13, 1913-14, 1929-30
- Subcampión da Copa Generalitat (1): 1990-91
Torneos nacionais
- Campionato de España de segunda categoría (1): 1913
- Copa Federación (1): 1999-00
- Segunda División de España (2): 1941-42, 1945-46
- Segunda División B de España (1): 1983-84 e 2010-11
- Terceira División de España (4): 1931-32, 1963-64, 1976-77, 1993-94
- Subcampión da Copa de España (1): 1935
- Subcampión da Segunda División (6): 1934-35, 1939-40, 1956-57, 1957-58, 1958-59, 1985-86
- Subcampión da Terceira División (2): 1930-31, 1932-33
Torneos amigábeis
- Torneig Nostra Catalunya (5): 1978, 1979, 1988, 1989, 1990
- Subcampión do Torneig Nostra Catalunya (2): 1980, 1984
Presidentes
- Joan Grau (1906-1910)
- Joan B. Saus (1911-1923)
- Emili Moragas (1923-1929)
- Antoni Tamburini (1930-1933, 1939)
- Josep Maria Marcet (1933-1934, 1939-1942, 1951-1952, 1952-1953)
- Joan Ricart (1953-1955)
- Ricart Rosson (1955-1958, 1965-1973)
- Francesc Valldeperas (1975-1983)
- Joan Soteras Vigo (1994-1996, 2006-actualidade)
- Miquel Arroyos (1996-2002)
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Centre d'Esports Sabadell Futbol Club |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.