Estadio Santo Domingo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio Santo Domingo é un estadio de fútbol da cidade de Alcorcón, no que disputa os seus partidos como local a Agrupación Deportiva Alcorcón que actualmente milita na Segunda División.
Santo Domingo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() O estadio durante o partido Alcorcón-Ontinyent | ||||
Tipo | estadio de fútbol | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | AD Alcorcón | |||
Propietario/a | Concello de Alcorcón | |||
Datas | ||||
Fundación | 1999 | |||
Inauguración | 1999 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 5.000 | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Comarca | Área metropolitana de Madrid | |||
Concello | Alcorcón | |||
Localización | Avenida Retamas, 3 Alcorcón, Madrid | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol | |||
Localía | AD Alcorcón | |||
[ Wikidata ] |
O seu terreo de xogo é de herba natural, o estadio dispón de chanzos con capacidade para 5.000 espectadores (todos sentados). O estadio foi inaugurado no 1999 coa visita do Real Madrid, o resultado dese partido foi 0-0.
Alcorconazo
O 27 de outubro de 2009 disputouse no Estadio Santo Domingo o partido de ida dos dezaseisavos da Copa do Rei entre o Alcorcón de Segunda División B e o Real Madrid. Debido ao sorprendente resultado de 4 a 0 a favor do Alcorcón, este partido recibiu o apelativo de Alcorconazo. O partido de volta, no Estadio Santiago Bernabéu, saldouse coa vitoria do Real Madrid por 1 a 0, o que non impediu o pase do Alcorcón á seguinte rolda por un global de 4 a 1.
Plans de ampliación
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Co ascenso da Agrupación Deportiva Alcorcón á Segunda División Española estase estudando realizar unha ampliación das bancadas para poder dar cabida a máis espectadores. Ampliarase o aforamento dos 3.000 espectadores actuais ao dobre, 6.000, podendo ser 12.000 se o club ascende a 1ª División. O proxecto terá un custo duns 6 millóns de euros.[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.