Larry Perkins
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Larry Clifton Perkins (nado o 18 de marzo de 1950 en Murrayville, Victoria)[1] é un expiloto de carreiras e propietario dun equipo de Supercar V8 de Australia.
| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |


Remove ads
Biografía
Creceu nunha granxa en Cowangie na rexión de Mallee, Larry, era o fillo do piloto de carreiras Eddie Perkins que gañara en 1956 o RedeX Round Australia Trial, desenvolveu un amor polos coches desde unha idade temperá e gustáballe xogar coa maquinaria agrícola. En 1970 foi recrutado como mecánico/condutor por for Harry Firth para o equipo Holden Dealer Team, e aínda que non disputou moitas carreiras co equipo, competiu en Rallycross xunto ao piloto de equipo Peter Brock, tamén implicouse co desenvolvemento do proxecto Holden LJ Torana GTR XU-1 V8 a mediados de 1972.
Logo de gañar o campionato australiano das TAA Formula Ford "Driver To Europe" Series en 1971 e o Campionato de Australia de Fórmula 2 en 1972 (ambas veces nun Elfin 600), Perkins viaxou A Europa onde gañou o Campionato de Europa de Fórmula 3 de 1975. Tamén competiu na Fórmula Un durante as tempadas 1974, 1976 e 1977. Logo de fracasar en asegurarse un asento permanente na Fórmula Un volveu a Australia, gañando as Rothmans International Series en 1979 nun Elfin MR8 para o equipo de fábrica Elfin Sports Cars fundado por Garrie Cooper e o Campionato de Australia de Rallycross de 1979 nun Volkswagen Beetle.[2] Durante 1982 e 1983 traballou co irmán de Garry na construción do automóbil solar The Quiet Achiever. Foi un dos pilotos do coche solar durante a travesía transcontinental de Australia, o coche só usou unha fonte de células solares fotovoltaicas. Durante estes anos participou con éxito nas Touring Cars australianas e en 1988 volveu a Europa para competir nas 24 Horas de Le Mans con Tom Walkinshaw Racing, terminando 4º.
Logo de regresar a casa desde Europa, Perkins fixo o seu debut na Bathurst 1000 de 1977 nun Holden LX Torana SS A9X Hatchback onde terminou terceiro con Peter Janson. Logrou gañar a carreira seis veces (1982, 1983, 1984, 1993, 1995, 1997), cos copilotos Peter Brock (1982-84), John Harvey (1983) (Todo o equipo Holden Dealer entón era propiedade de Brock e Perkins estaba a cargo da construción e da preparación do coche de carreiras), Gregg Hansford (1993) e nos seus dous últimos triunfos en 1995 e 1997 con Russell Ingall, gañando cada vez cun desenvolvemento australiano do Holden Commodore.
Podería dicirse que a súa vitoria máis memorable foi no Tooheys 1000 de 1995 no que caeu ao último lugar logo dunha parada en boxes ao final da primeira volta para substituír un pneumático picado, e posteriormente logrou o liderado a menos de 10 voltas para o final despois de que o Ford Falcon de Glenn Seton retirárase logo de fallar unha válvula do motor. Perkins e o seu copiloto Russell Ingall convertéronse así na segunda combinación na historia da carreira en recuperarse do último lugar para gañar a carreira. Con todo, Perkins nunca gañou o Campionato de Australia de coches de turismo, os seus mellores resultados no campionato foron tres cuartos postos.
Perkins retirouse das carreiras en 2003 con 53 anos. Ademais das súas credenciais nas carreiras como piloto é un consumado enxeñeiro automobilístico e construtor de motores que construíu moitos coches de carreiras. Tanto para o seu propio equipo como para outros equipos de carreiras. É ben coñecido pola súa personalidade extravertida e humorística. O seu sobrenome é "LP", pero a miúdo é coñecido como "Lightning (raio) Larry" ou "Larrikin Larry". Larry é o pai do gañador da carreira V8 Supercar Jack Perkins.
Remove ads
Rexistro de carreiras
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos no Campionato do Mundo de Sportscar
(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Resultados completos no World Touring Car Championship
(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (carreiras en itálica indican volta rápida)
† Non podía puntuar para a serie
Resultados completos no campionato Asia-Pacific Touring Car
(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (carreiras en itálica indican [[volta rápida)
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
Resultados completos na Bathurst 1000
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

