Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Chris Amon Racing, tamén coñecido simplemente como Amon, foi un equipo de Fórmula 1 fundado polo piloto neozelandés Chris Amon. Competiu como un equipo privado no Gran Premio de Italia de 1966, e como construtor na tempada de Fórmula Un de 1974.
Nome completo | Chris Amon Racing |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Nova Zelandia |
Tempadas en activo | 1 1974 |
Número de pilotos | Chris Amon Larry Perkins |
Debut | Gran Premio de España de 1974 |
Carreiras | 4 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1974 |
Chris Amon fixo o seu debut en Fórmula 1 en 1963, pilotando para o equipo privado de Reg Parnell. Logo de atoparse sen un asento para 1966, participou nun Brabham BT11 (Brabham BT11) propulsado por un motor BRM de 2 litros no Gran Premio de Italia de 1966, baixo a librea "Chris Amon Racing". Coa maioría dos outros coches con motores de 3 litros, Amon loitou na cualificación e non puido cualificar para a grella de saída.
Desde 1967 ata 1972, Amon pilotou para Ferrari, March Engineering e Matra Sports, gañando varias carreiras de F1 fóra de campionato mentres desenvolveu unha reputación de mala sorte nas carreiras do Campionato do Mundo. Logo participou en 1973 co pequeno equipo italiano Tecno. Pero alentado polo potencial sen explotar do chasis de Gordon Fowell, Amon intentou construír o seu propio auto de Fórmula Un en 1974. O apoio financeiro veu de John Dalton, e o coche, deseñado por Fowell, seguia o deseño do Lotus 72 nalgunhas áreas da construción, cunha sofisticada suspensión de barra de torsión e radiadores laterais.[1]
A empresa fracasou por completo. Amon cualificou, pero se retirou da primeira carreira do equipo no Gran Premio de España. Non tomou a saída en Mónaco. Tanto Amon como Larry Perkins non se clasificaron para o Gran Premio de Alemaña. Amon de novo non puido clasificarse para o Gran Premio de Italia e o equipo disolveuse logo da carreira, cando o diñeiro acabouse.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1966 | Chris Amon Racing | Brabham BT11 | BRM V8 | D | MON | BEL | FRA | GBR | NED | ALE | ITA | USA | MEX | 0 | NC | |||||||
Chris Amon | NSC | |||||||||||||||||||||
1974 | Dalton-Amon International | Amon AF101 | Cosworth V8 | F | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL | MON | SWE | NED | FRA | RU | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | 0 | NC | |
Chris Amon | Ret | NCG | NTS | NSC | NSC | |||||||||||||||||
Larry Perkins | NSC | |||||||||||||||||||||
fonte:[2] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.