piloto de carreiras australiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel Joseph Ricciardo (i/rɪˈkɑːrdoʊ/) nado en Perth, Australia Occidental, o 1 de xullo de 1989 é un piloto de carreiras australiano, que competiu recentemente na Fórmula Un desde 2011 ata 2024. Ricciardo gañou oito Grandes Premios de Fórmula Un en 14 tempadas.
(2024) | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Daniel Joseph Ricciardo 1 de xullo de 1989 (35 anos) Perth, Australia | |||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Newman College, Perth (en) | |||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | |||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Australia | |||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo competición de Fórmula 1 | |||||||||||||||||||||||||||||||
Patrocinador | Red Bull GmbH | |||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | danielricciardo.com | |||||||||||||||||||||||||||||||
Nado e criado en Perth de pais italianos-australianos, Ricciardo comezou a competir en karting aos nove anos. Comezou nas fórmulas junior en 2005, Riccardo debutou no seu campionato rexional de Formula Ford. Gañou o seu primeiro título na 2008 Formula Renault 2.0 West European Cup con SG Formula, antes de gañar o Campionato británico de Fórmula Tres de 2009 con Carlin. Ricciardo pasou entón á Fórmula Renault 3.5, quedando subcampión ante Mikhail Aleshin por dous puntos na súa tempada de novato. Ricciardo fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio do Reino Unido de 2011 co HRT como parte do Red Bull Junior Team, substituíndo a Narain Karthikeyan polo resto da tempada 2011. Gañou unha carreira a tempo completo con Toro Rosso en 2012 e competiu en dúas tempadas por eles xunto a Jean-Éric Vergne, anotando varios puntos en cada unha.
Logo de que Mark Webber anunciara a súa retirada da Fórmula Un, Ricciardo foi confirmado como o seu substituto en Infiniti Red Bull Racing e como compañeiro de Sebastian Vettel para 2014.[1] Na súa primeira tempada con Red Bull, Ricciardo terminou terceiro no campionato logrando as súas tres primeiras vitorias na Fórmula Un, no Canadá,[2] Hungría,[3] e Bélxica.[4]
Despois dunha campaña sen vitorias en 2015 para Red Bull, Ricciardo volveu subir ao máis alto do podio no [Gran Premio de Malaisia de 2016|Gran Premio de Malaisia]] en 2016, e finalmente volveu a ser terceiro na clasificación. Obtivo máis vitorias para Red Bull en Acerbaixán en 2017, así como nos Grandes Premios da China e Mónaco en 2018. Ricciardo asinou con Renault en 2019, rematando cuarto, o mellor posto da tempada en Italia. Mantivo o seu asento para a campaña 2020, logrando múltiples podios e terminando quinto no campionato. Despois uniuse a McLaren en 2021 para acompañar a Lando Norris, logrando a súa única vitoria e o podio para o equipo en Italia. en medio de problemas de rendemento, Ricciardo deixou McLaren ao final da tempada de 2022 e volveu fichar como piloto reserva de Red Bull en 2023. A partir do Gran Premio de Hungría de 2023, Ricciardo substituíu a Nyck de Vries en AlphaTauri, mantivo o seu asento para a tempada 2024 como RB, pero foi substituído por Liam Lawson despois de Singapur.
Ricciardo logrou 8 vitorias en carreiras, 3 pole positions, 17 voltas rápidas e 32 podios na Fórmula Un. Ricciardo foi nomeado Membro da Orde de Australia nos Australia Day Honours de 2022.
Ricciardo comezou no karting á idade de nove anos. En 2005, participou no campionato de Fórmula Ford de Australia Occidental cun coche Van Diemen, terminando oitavo na clasificación.[5] Ao final da tempada Ricciardo participou nunha carreira en Sandown Raceway do campionato nacional da Fórmula Ford, pero obtendo resultados pouco interesantes debido a antigüidade do coche.[6] Ao ano seguinte gañou a oportunidade de participar na Fórmula BMW Asia con Eurasia Motorsport. Obtén dúas vitorias, ámbalas dúas no circuíto Bira, e tamén marca a pole position no circuíto de Zhuhai. Rematou terceiro na clasificación final con 231 puntos, 59 menos que o primeiro, Earl Bamber.
En agosto dese ano tomou parte, grazas a Motaworld Racing, nunha carreira do Campionato de Fórmula BMW. Na primeira carreira retírase, mentres que na segunda carreira chegou oitavo. Ao final da tempada participará nas Finais da Formúla BMW World con Fortec Motorsport onde termina quinto a 14 segundos do gañador Christian Vietoris.
No 2007 o Australiano pasa á Fórmula Renault con RP Motorsport que participa tanto no Campionato de Europa como no campionato italiano. Terminou sexto no campionato italiano con 196 puntos e conseguiu un podio na carreira de Valencia, pero non sumou puntos en catro carreiras da tempada do campionato europeo.
Continuou na fórmula Renault en 2008, competindo tanto na serie europea como na do oeste de Europa. A final de ano, o novo piloto conseguiu o seu primeiro título europeo na Copa de Europa occidental e terminou segundo na Eurocup tras o finlandés Valtteri Bottas.
A mediados de 2008 Ricciardo debuta na Fórmula 3 nunha carreira celebrada en Nürburgring, co equipo SG Formula Fórmula 3 Euroseries, conseguindo un oitavo posto na cualificación e un sexto posto na carreira logo de problemas técnicos de James Jakes e Vietoris.[7]
Ricciardo pasa ao Campionato británico de Fórmula 3 de 2009 con Carlin Motorsport.[8] Gaña o campionato, o último australiano que o gañara foi David Brabham en 1989. Do mesmo xeito que o seu predecesor, pilotou un automóbil propulsado por Volkswagen. Gañou con 87 puntos de marxe sobre Walter Grubmüller.
Ricciardo, sempre co equipo Carlin, participou no Gran Premio de Macau.[9] Ricciardo é segundo máis rápido (e o novato máis rápido) por detrás de Marcus Ericsson na primeira cualificación, a continuación, é quinto na segunda rolda para determinar a grella da clasificación. Logo dun sexto lugar na carreira de cualificación Ricciardo viuse obrigado a retirarse logo de chocar contra o muro na curva San Francisco. Continua cunha picada antes de golpear a curva Esses Solitarias, causando un grande accidente ao bloquear o circuíto o que eliminou outros sete competidores.
Debuta nas World Series by Renault en 2009 con Charles Pic como compañeiro no Tech 1 Racing na carreira celebrada no Autódromo Internacional do Algarve. Retirouse na primeira carreira e chegou 15º na 2ª carreira.
O 30 de outubro de 2009 firma co equipo Tech 1 para competir na World Series by Renault de 2010. O seu compañeiro de equipo é Brendon Hartley ata que é substituído despois da carreira de Hungaroring.[10] Esa tempada logra terminar subcampión a 2 puntos do campionato absoluto. Para a tempada seguinte repite na competición, alternándo o seu asento na F1, no entanto logra terminar 5º no campionato a pesar de non disputar 4 carreiras polo motivo anterior.
Ricciardo fai o seu debut cun monopraza de F1 logo de ser seleccionado para o programa de novos pilotos de Red Bull Racing nun test que se celebrou en Xerez do 1 ao 3 de decembro de 2009.[11] No último día marcou o mellor tempo, foi o único que rodou nun 1:17.[12]
Posteriormente, Ricciardo (xunto con Hartley) é designado como piloto de probas do equipo austríaco e da Scuderia Toro Rosso para a tempada de 2010,[13] participando nos adestramentos libres do venres.
O 30 de xuño de 2011, confírmase a súa fichaxe como piloto oficial de Hispania polo resto da tempada, substituíndo a Narain Karthikeyan.[14]
O 14 de decembro de 2011, confirmouse que Ricciardo podería pilotar un Scuderia Touro Rosso para a tempada 2012, xunto co francés Jean-Eric Vergne.[15]
No Gran Premio de Australia de 2012 o 18 de marzo de 2012, Ricciardo logrou superar ao seu compañeiro de equipo Vergne na última volta para chegar á meta no noveno lugar, acadando os seus dous primeiros puntos no Campionato do Mundo.
En condicións de mollado en Malaisia terminou 12º, logo de ser dos primeiros en cambiar a pneumáticos lisos. En Bahrain clasificouse sexto, pero deixouse caer durante a carreira e terminou 15º. No Gran Premio de Mónaco de 2012 sufriu a súa única retirada da tempada, logo de saír desde a 15ª posición.
O 31 de outubro de 2012, Toro Rosso anunciou a renovación do contrato de Ricciardo para a tempada 2013.[16]
O 2 de setembro de 2013 Ricciardo revelouse como o substituto de Mark Webber en Red Bull, será o compañeiro de Sebastian Vettel, que é o actual campión do mundo.
O 3 de agosto de 2018, o equipo Renault anunciou a fichaxe de Ricciardo por dúas tempadas, a partir de 2019, con Nico Hülkenberg como compañeiro de equipo. Daniel afirmou que "Probablemente foi unha das decisións máis difíciles da miña carreira ata agora. Pero pensei que era hora de probar algo diferente, un novo reto" e tamén que "(...) Sei que sempre que Renault estivo no deporte, dalgún xeito, gañou. Espero poder axudalos nesta viaxe e tamén contribuír dentro e fóra das pistas".[17]
O 14 de maio de 2020, McLaren anunciou que Ricciardo competiría polo equipo a partir da tempada 2021, xunto a Lando Norris.[18] Ricciardo asinou un contrato de tres anos co equipo británico.[19]
O 12 de setembro de 2021, Ricciardo volveu gañar na Fórmula 1 no Gran Premio de Italia e puxo fin á racha de McLaren de non gañar na Fórmula 1 desde o Gran Premio do Brasil de 2012 e taménlogrou o dobrete do equipo con Lando Norris, en segundo lugar, algo que non acontecera dende o Gran Premio do Canadá de 2010.[20]
O 24 de agosto de 2022, McLaren anunciou que Ricciardo deixaría o equipo ao final da tempada 2022, despois de que o seu contrato se rescinda de común acordo.[21][22]
Despois de non poder conseguir un asento de Fórmula Un para a tempada 2023, Ricciardo volveu unirse á Red Bull Racing como terceiro piloto.[23]
O mesmo día que Ricciardo pilotaba o Red Bull RB19 nas probas de pneumáticos de Pirelli, anunciouse que ocuparía o asento vacante, facendo o seu regreso ao equipo AlphaTauri e á Fórmula Un para o Gran Premio de Hungría de 2023. Está preparado para correr xunto a Yuki Tsunoda.[24]
Nyck de Vries foi substituído do seu asento na AlphaTauri despois do Gran Premio do Reino Unido de 2023,[25] Anunciouse que Ricciardo ocuparía o asento vacante, facendo o seu regreso á Fórmula Un no Gran Premio de Hungría de 2023,acompañando a Yuki Tsunoda.[26] Christian Horner confirmou máis tarde que Ricciardo asinara como un posible substituto de Sergio Pérez no equipo principal.[27] Ricciardo clasificouse e rematou na décimo terceira posición na súa primeira carreira de volta con AlphaTauri en Hungría, tras un incidente na primeira volta que o deixou último.[28] No Gran Premio de Bélxica Ricciardo clasificouse 19º para a carreira principal despois de superar os límites da pista na súa última volta rápida mentres que o seu compañeiro de equipo Tsunoda clasificouse 11º, perdéndose por pouco un posto na Q3[29] Ricciardo tivo un mellor rendemento na quenda de sprints, clasificándose 11º para a carreira máis curta e rematando 10º.[30] Na carreira principal, Ricciardo terminou 16º mentres que Tsunoda gañou un punto co décimo posto.[31]
Durante os segundos adestramentos libres do Gran Premio dos Países Baixos, Ricciardo rompeuse un óso metacarpiano na man en sete lugares, o que lle impediu competir durante o resto da fin de semana. Liam Lawson substituíu a Ricciardo, facendo o seu debut na F1.[32][33][34] A lesión de Riccardo obrigouno a perderse as seguintes catro probas en Italia, Singapur, Xapón e Qatar con Lawson substituíndoo para as catro carreiras, pero volveu para o Gran Premio dos Estados Unidos.[35] Ricciardo clasificouse no cuarto posto, o mellor da tempada no Gran Premio da Cidade de México. Rematou a carreira na 7ª posición, o que deulle a AlphaTauri o seu mellor resultado da tempada. Este resultado levou a AlphaTauri ao oitavo posto no campionato de construtores, despois de estar último durante a maior parte da tempada.[36]
AlphaTauri, que pasou a chamarse RB para a tempada 2024,[37] mantivo a Ricciardo xunto a Tsunoda.[38] No Gran Premio de Bahrain de 2024, Ricciardo clasificouse na 14ª posición, a tres postos do seu compañeiro de equipo e a 0,150 segundos da Q2.[39] Rematou a carreira no 13º posto, tras cambiar de posición con Tsunoda nun intento de adiantar a Kevin Magnussen no 12º posto nas últimas seis voltas.[40] No Gran Premio de Arabia Saudita de 2024, Ricciardo afrontou un fin de semana decepcionante, clasificándose no 14º posto e rematou a carreira no 16º posto, que o viu saírse na última volta.[41][42] No Gran Premio de Australia de 2024, Ricciardo clasificouse na 18º posición, despois de que eliminasen a súa última volta de clasificación por exceder os límites da pista. Foi eliminado na Q1 por primeira vez nas súas 10 carreiras no Gran Premio do seu país.[43] Ricciardo mellorou na carreira, rematando no 12º lugar.[44]
No Gran Premio do Xapón, Ricciardo foi substituído por Ayumu Iwasa para a primeira sesión de adestramentos da fin de semana.[45][46] Na clasificación, Ricciardo chegou á 11ª posición, perdendo a Q3 a 0,055 segundos do seu compañeiro de equipo Tsunoda.[47] Ricciardo retirouse na primeira volta da carreira tras chocar con Alexander Albon na primeira chicana que levou a ambos os pilotos a bater contra as barreiras.[48] Os comisarios consideraron que se trataba dun incidente de carreiras debido a circunstancias que involucraron ao Aston Martin de Lance Stroll na curva.[49][50] Na primeira carreira ao sprint da tempada no Gran Premio da China, Ricciardo acabou no 11º posto dende a súa 14ª posición na clasifición.[51] Retirouse da carreira principal durante o período do coche de seguridade na volta 26 tras ser chocado na súa parte traseira por Lance Stroll cando os dous entraban na horquilla.[52] Nunha entrevista posterior á carreira, Ricciardo criticou a Stroll por non prestar atención e responsabilizarse da colisión.[53] Despois da carreira, que viu a retirada dos dous coches RB,[54] Ricciardo recibiu unha penalización de tres postos na grella para o Gran Premio de Miami despois de que os comisarios descubrisen que superara ao Haas de Nico Hülkenberg baixo o coche de seguridade.[55]
En Miami, Ricciardo clasificouse cuarto no sprint e rematou a carreira na súa posición inicial, puntuando por primeira vez na tempada. Recibiu eloxios durante o sprint pola súa defensa contra Carlos Sainz da Ferrari.[56] Para a carreira principal, Ricciardo clasificouse no 18º posto, pero partíu no 20º posto debido a súa penalización na grella en Xangai, e terminou na 15ª posición.[57] Atribuíu o seu descenso na cualificación á falta de adherencia dos pneumáticos na súa volta rápida.[58] Ricciardo pasou á Q3 por primeira vez no Gran Premio da Emilia-Romaña, superando ao Red Bull de Sergio Pérez por 0,015 segundos no segundo segmento.[59] Despois dunha mala saída na 9º posición, Ricciardo rematou a carreira catro postos por baixo no 13º posto.[60]
Ricciardo foi liberado por RB despois do Gran Premio de Singapur, e foi substituído por Liam Lawson no seguinte Gran Premio dos Estados Unidos de 2024 en diante.[61][62] Jake Boxall-Legge de Autosport máis tarde calificou de "perda de tempo" o seu regreso ao equipo Red Bull unha vez que Lawson ascendeu ao equipo principal.[63]
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañadas | Poles | Volta rápida | Podios | Puntos | Pos. Final |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005 | Western Australian Formula Ford Championship | Privado | 3 | 0 | 0 | ? | 0 | 74 | 8º |
2006 | Formula BMW Asia | Eurasia Motorsport | 19 | 2 | 3 | 3 | 12 | 231 | 3º |
Formula BMW UK | Motaworld Racing | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 3 | 20º | |
Formula BMW World Final | Fortec Motorsport | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 5º | |
2007 | Formula Renault 2.0 Italy | RP Motorsport | 14 | 0 | 0 | 0 | 0 | 196 | 6º |
Eurocup Formula Renault 2.0 | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | NC | ||
2008 | Formula Renault 2.0 WEC | SG Formula | 15 | 8 | 9 | 7 | 11 | 192 | 1º |
Eurocup Formula Renault 2.0 | 18 | 6 | 5 | 5 | 7 | 136 | 2º | ||
Formula 3 Euro Series | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | NC† | ||
Masters of Formula 3 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | NC | ||
2009 | British Formula 3 Championship | Carlin Motorsport | 20 | 7 | 6 | 5 | 13 | 275 | 1º |
Masters of Formula 3 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | NC | ||
Formula Renault 3.5 Series | Tech 1 Racing | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 34º | |
Macau Grand Prix | Carlin | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | NC | |
2010 | Formula Renault 3.5 Series | Tech 1 Racing | 16 | 4 | 8 | 5 | 8 | 136 | 2º |
Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | Piloto de probas | |||||||
2011 | Formula Renault 3.5 Series | ISR | 12 | 1 | 2 | 3 | 6 | 144 | 5º |
Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | Piloto de probas | |||||||
HRT F1 Team | 11 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 27º | ||
2012 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 20 | 0 | 0 | 0 | 0 | 10 | 18º |
2013 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 19 | 0 | 0 | 0 | 0 | 20 | 14º |
2014 | Fórmula 1 | Infiniti Red Bull Racing | 19 | 3 | 0 | 1 | 8 | 238 | 3º |
2015 | Fórmula 1 | Infiniti Red Bull Racing | 19 | 0 | 0 | 3 | 2 | 92 | 8º |
2016 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 21 | 1 | 1 | 4 | 8 | 256 | 3º |
2017 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 20 | 1 | 0 | 1 | 9 | 200 | 5º |
2018 | Fórmula 1 | Aston Martin Red Bull Racing | 21 | 2 | 2 | 4 | 2 | 170 | 6º |
2019 | Fórmula 1 | Renault F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 54 | 9º |
2020 | Fórmula 1 | Renault F1 Team | 17 | 0 | 0 | 2 | 2 | 119 | 5º |
2021 | Fórmula 1 | McLaren F1 Team | 22 | 1 | 0 | 1 | 1 | 115 | 8º |
2022 | Fórmula 1 | McLaren F1 Team | 22 | 0 | 0 | 0 | 0 | 37 | 11º |
2023 | Fórmula 1 | AlphaTauri AT04 | 8 | 0 | 0 | 0 | 0 | 6 | 17º |
2024 | Fórmula 1 | RB-Honda RBPT | 18 | 0 | 0 | 1 | 0 | 12 | 17º |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
* Tempada en curso
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.