Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Bélxica 2021 (oficialmente Formula 1 Rolex Belgian Grand Prix 2021) foi unha carreira de Fórmula 1 que que se celebrou o 29 de agosto de 2021, no Circuíto de Spa-Francorchamps de Spa, Bélxica. Foi a duodécima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021 e o 77º Gran Premio de Bélxica e a sexaxésima cuarta vez que se disputou a carreira en Spa-Francorchamps.
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
---|---|
Deporte | Fórmula 1 |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021 |
Participantes | |
Max Verstappen, George Russell, Lewis Hamilton, Daniel Ricciardo, Sebastian Vettel, Pierre Gasly, Esteban Ocon, Charles Leclerc, Nicholas Latifi, Carlos Sainz, Fernando Alonso, Valtteri Bottas, Antonio Giovinazzi, Lando Norris, Yuki Tsunoda, Mick Schumacher, Nikita Mazepin, Kimi Räikkönen, Sergio Pérez Mendoza e Lance Stroll | |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L |
Lonxitude | 7,003 km |
País | Bélxica |
Intervalo de tempo | 27 de agosto de 2021 – 29 de agosto de 2021 |
Competición | |
Primeiro posto | Max Verstappen |
Pole position | Max Verstappen (01:59,765) |
Volta máis rápida | sen valor |
O evento, celebrouse a fin de semana do 27 ao 29 de agosto no Circuíto de Spa-Francorchamps, foi a duodécima carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 2021. Marcou a 66º vez que o Gran Premio de Bélxica aparece no calendario do Campionato Mundial desde o comezo en 1950. A carreira foi a primeira despois dun descanso de tres semanas. Tamén se esperaba choiva durante todo a fin de semana,[1] excitando a algúns pilotos. Mick Schumacher afirmou "estar desexando que chova un pouco",[2] mentres Lando Norris dixo que "esperaba un chisco de chuvia" na carreira.[3] Non obstante, Nikita Mazepin afirmou que "espero [que] estea seco".[4]
Despois do Gran Premio de Hungría un mes antes, Lewis Hamilton lideraba o Campionato de Pilotos a 8 puntos de Max Verstappen. Lando Norris, Valtteri Bottas e Sergio Pérez Mendoza eran terceiro, cuarto e quinto, respectivamente. Mercedes lideraba o Campionato de construtores a 12 puntos de Red Bull Racing. Ferrari era terceiro e McLaren cuarto, ambos con 163 puntos (140 por detrás de Mercedes)..[5]
Despois de provocar colisións no carreira anterior, Valtteri Bottas e Lance Stroll recibiron penalizacións de cinco postos na grella para o Gran Premio.[6][7]
A cualificación tivo lugar o 28 de agosto ás 15:00 CEST. A cualificación atrasouse debido ás precipitacións extremas e comezou ás 15:12. Todo o mundo montou os pneumáticos de chuvia, agás George Russell e Nicholas Latifi, que foron o primeiro e o segundo despois das primeiras voltas de clasificación. Todos montaron entón os pneumáticos intermedios. A primeira sesión rematou con Lando Norris primeiro, Max Verstappen segundo e Lewis Hamilton terceiro. Nikita Mazepin, Kimi Raikkonen, Mick Schumacher, Yuki Tsunoda e Antonio Giovinazzi quedaron eliminados.
A segunda sesión finalizou con pneumáticos intermedios. Norris unha vez máis foi primeiro, con Hamilton segundo e Valtteri Bottas terceiro. Lance Stroll, Fernando Alonso, Carlos Sainz, Latifi e Charles Leclerc foron eliminados. A terceira quenda da clasificación comezou coa choiva empeorando. Inmediatamente, os pilotos pediron atrasar a quenda ou bandeira vermella. Norris entón trompeou na chicana de Eau Rouge resultando nun forte accidente en Raidillon, resultando nunha bandeira vermella. Verstappen fíxose coa pole na última volta, con George Russell segundo e Hamilton terceiro. Norris foi autorizado a correr despois das comprobacións preventivas e dun exame con Raios X despois do seu accidente na Q3. Russell asegurou a primeira saída de Williams en primeira fila desde o Gran Premio de Italia de 2017.
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos de cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda | 1:58.717 | 1:56.559 | 1:59.765 | 1 |
2 | 63 | George Russell | Williams-Mercedes | 1:59.864 | 1:56.950 | 2:00.086 | 2 |
3 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:59.218 | 1:56.229 | 2:00.099 | 3 |
4 | 3 | Daniel Ricciardo | McLaren-Mercedes | 2:01.583 | 1:57.127 | 2:00.864 | 4 |
5 | 5 | Sebastian Vettel | Aston Martin-Mercedes | 2:00.175 | 1:56.814 | 2:00.935 | 5 |
6 | 10 | Pierre Gasly | AlphaTauri-Honda | 2:00.387 | 1:56.440 | 2:01.164 | 6 |
7 | 11 | Sergio Pérez | Red Bull Racing-Honda | 1:59.334 | 1:56.886 | 2:02.112 | 7 |
8 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:59.870 | 1:56.295 | 2:02.502 | 13[8] |
9 | 31 | Esteban Ocon | Alpine-Renault | 2:01.824 | 1:57.354 | 2:03.513 | 8 |
10 | 4 | Lando Norris | McLaren-Mercedes | 1:58.301 | 1:56.025 | Sen tempo | 14[9] |
11 | 16 | Charles Leclerc | Ferrari | 2:00.728 | 1:57.721 | 9 | |
12 | 6 | Nicholas Latifi | Williams-Mercedes | 2:00.966 | 1:58.056 | 10 | |
13 | 55 | Carlos Sainz | Ferrari | 2:01.184 | 1:58.137 | 11 | |
14 | 14 | Fernando Alonso | Alpine-Renault | 2:01.653 | 1:58.205 | 12 | |
15 | 18 | Lance Stroll | Aston Martin-Mercedes | 2:01.597 | 1:58.231 | 20[8] | |
16 | 99 | Antonio Giovinazzi | Alfa Romeo Racing-Ferrari | 2:02.306 | 15 | ||
17 | 22 | Yuki Tsunoda | AlphaTauri-Honda | 2:02.413 | 16 | ||
18 | 47 | Mick Schumacher | Haas-Ferrari | 2:03.973 | 17 | ||
19 | 7 | Kimi Räikkönen | Alfa Romeo Racing-Ferrari | 2:04.452 | PL[10] | ||
20 | 9 | Nikita Mazepin | Haas-Ferrari | 2:04.939 | 18 | ||
107% tempo: | |||||||
Fonte:[11][12] | |||||||
A carreira debía comezar ás 15:00 horas CEST o 29 de agosto, pero atrasouse varias veces debido á choiva persistente. Sergio Pérez Mendoza non se esperaba que comezase a carreira despois de estrelarse de camiño cara á grella.[13] Con todo, os mecánicos de Red Bull puideron reparar o RB16B de Pérez durante o atraso. Despois de máis de tres horas de atraso, completáronse tres voltas detrás do coche de seguridade o que permitiu clasificar os resultados cando se tomou a decisión de non reiniciar a carreira despois dunha última bandeira vermella.
O resultado da carreira tomouse despois da primeira volta, de conformidade coa normativa de Fórmula Un. Con só unha volta completa oficialmente, é a carreira máis curta da historia da Fórmula 1, eclipsando o récord anterior establecido no Gran Premio de Australia de 1991.[14] A distancia completada oficialmente rexistrouse como 6.880 km. Por sexta vez na historia da Fórmula Un, e a primeira vez desde o Gran Premio de Malaisia de 2009, concedéronse a metade dos puntos.
|
|
* Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.