Gran Premio dos Estados Unidos de 2016

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Premio dos Estados Unidos de 2016map

O Gran Premio dos Estados Unidos de 2016 (oficialmente 2016 Formula 1 United States Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1, que se celebrou no Circuíto das Américas no Condado de Travis preto de Austin, Texas o 23 de outubro de 2016. A carreira, celebrouse sobre cincuenta e seis voltas, foi a décimo oitava proba da tempada de Fórmula Un de 2016, e marcou a trixésima oitava vez que o Gran Premio dos Estados Unidos disputouse como unha proba do Campionato do Mundo desde o seu inicio en 1950, e a quinta vez que o evento foi organizado neste circuíto.

Datos rápidos Nome oficial, Tipo ...
Gran Premio dos Estados Unidos de 2016
Thumb
Nome oficial2016 Formula 1 United States Grand Prix
TipoGran Premio dos Estados Unidos
Deporteautomobilismo
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2016
Distancia do evento308,896 km e 56
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto das Américas (Austin) 30°07′58″N 97°38′28″O
Lonxitude5,513 km
PaísEstados Unidos de América
Data23 de outubro de 2016
Competición
Primeiro postoLewis Hamilton
Pole positionLewis Hamilton
Volta máis rápidaSebastian Vettel

Pechar

Resumo da carreira

Boa saída de Lewis Hamilton, mantendo a primeira posición. Daniel Ricciardo logrou facerse coa segunda praza, Nico Rosberg cae ata o terceiro lugar, por diante de Kimi Räikkönen. Por detrás, Carlos Sainz e Fernando Alonso tocánse. O piloto de Toro Rosso é oitavo, co asturiano noveno. Bottas, décimo terceiro e caendo por culpa dunha picada. Ao final da primeira volta con Lewis Hamilton lidera o GP dos Estados Unidos. Daniel Ricciardo, co pneumático superbrando, meteuse entre os dous Mercedes e colocouse segundo. Nico Rosberg, ao seu ronsel ía terceiro e Kimi Räikkönen cuarto.

Valterri Bottas entrou a boxes pola picada e montou un set de brandos. Nico Hulkenberg, con problemas no morro do seu Fórmula 1, tamén pasou polo garaxe para amañalo. Hamilton empeza a encadear voltas rápidas, na décima volta a situación é a seguinte, Hamilton, Rosberg, Vettel, Massa, Sainz, Alonso, Ricicardo, Räikkönen, Button e Verstappen. Na volta 12 Lewis Hamilton entra a boxes e calza o segundo xogo de pneumáticos brandos. Tamén entran a boxes Massa, Sainz e Alonso. Sebastian Vettel queda primeiro provisionalmente. Na volta vinte a clasificación é, primeiro Hamilton seguido de Ricciardo, Rosberg, Verstappen, Räikkönen, Vettel, Massa, Sainz, Alonso e Kvyat. Na volta 27 Max Verstappen entra a boxes, sen avisar e os mecánicos non estaban preparados e a parada foi desastrosa. Verstappen se reincorpora na sétima praza e disculpase pola súa improvisada decisión. Dúas voltas máis tardes o seu coche empeza a fallar. na volta30 a clasificación e como segue, Hamilton, Rosberg, Ricciardo, Räikkönen, Vettel, Sainz, Alonso, Massa, Pérez e Button.

Na volta 31 safety car virtual. Co Red Bull de Verstappen abandonado nun lado da pista, a dirección de carreira decide establecer o réxime de 'Coche de seguridade virtual". Moitos pilotos deciden pasar por boxes, entre os que destacan Sainz, Alonso, Hamilton e Rosberg. Na volta 33 reanúdase a carreira, tras unha magnífica estratexia de undercut durante o coche de seguridade virtual, Carlos Sainz conseguiu escalar ata a sexta praza, e rodaba por detrás de Sebastian Vettel. Fernando Alonso, pola súa banda, era oitavo. Na volta 40 lidera Hamilton seguido de Rosberg, Ricciardo, Vettel, Sainz, Massa, Alonso, Pérez e Button.

Na volta 41 dirección de carreira iniciou unha investigación sobre o equipo Ferrari e Kimi Räikkönen, por regresar a boxes marcha atrás tras evidenciar un problema na roda traseira dereita. A pistola estaba posta e a roda non estaba apertada. Carlos Sainz quinto defendese dos attaque de Massa quen á súa vez é atacado por Alonso. Na volta 50 a carreira é liderada por Hamilton, Rosberg, Ricciardo, Vettel, Sainz, Massa, Alonso, Pérez, Button e Grosjean. Alonso logra adiantar a Massa na volta 53 aínda que se tocan durante a acción. Iníciase a investigación da acción entre Alonso e Massa. En boxes, Sebastian Vettel pasa polo seu garaxe e reincorpórase á carreira na cuarta praza. Massa sofre unha picada e ten que entrar a boxes. Na última volta Alonso logra pasar a Sainz. Lewis Hamilton consegue a súa vitoria nº 50 no circuíto de Austin, o sétimo ouro da tempada. Nico Rosberg entrou na segunda posición, asinando un novo dobrete de Mercedes. Daniel Ricciardo, espectacular, sacou o máximo do Red Bull e conseguiu defender o bronce do GP dos Estados Unidos.

Clasificación

Cualificación

Máis información Pos., Nº ...
Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:36.296 1:36.450 1:34.999 1
2 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:36.397 1:36.351 1:35.215 2
3 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:36.759 1:36.255 1:35.509 3
4 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:36.613 1:36.857 1:35.747 4
5 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:36.985 1:36.584 1:36.131 5
6 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:37.151 1:36.462 1:36.358 6
7 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:36.950 1:36.626 1:36.628 7
8 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:37.456 1:37.202 1:37.116 8
9 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:37.402 1:37.214 1:37.269 9
10 55 España Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:37.744 1:37.175 1:37.326 10
11 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:37.345 1:37.353 11
12 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:37.913 1:37.417 12
13 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:37.844 1:37.480 13
14 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:38.053 1:37.773 14
15 30 Jolyon Palmer Renault 1:38.084 1:37.935 15
16 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:38.040 1:39.356 16
17 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:38.308 17
18 20 Dinamarca Kevin Magnussen Renault 1:38.317 18
19 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:38.327 19
20 94 Alemaña Pascal Wehrlein Manor-Mercedes 1:38.548 20
21 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:38.583 21
22 31 Francia Esteban Ocon Manor-Mercedes 1:38.806 22
107% tempo: 1:43.036
fonte:[1]
Pechar

Carreira

Máis información Pos., Nº ...
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 56 1:38:12.618 1 25
2 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 56 +4.520 2 18
3 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 56 +19.692 3 15
4 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 56 +43.134 6 12
5 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 56 +1:33.953 12 10
6 55 España Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 56 +1:36.124 10 8
7 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 55 +1 volta 9 6
8 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 55 +1 volta 11 4
9 22 Jenson Button McLaren-Honda 55 +1 volta 19 2
10 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 55 +1 volta 17 1
11 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 55 +1 volta 13
12 20 Dinamarca  Kevin Magnussen Renault 55 +1 volta[2] 18
13 30 Jolyon Palmer Renault 55 +1 volta 15
14 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 55 +1 volta 16
15 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 55 +1 volta 21
16 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 55 +1 volta 8
17 94 Alemaña Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 55 +1 volta 20
18 31 Francia Esteban Ocon MRT-Mercedes 54 +2 voltas 22
Ret 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 38 Roda solta 5
Ret 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 28 Caixa de cambios 4
Ret 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 16 Freos 14
Ret 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1 Danos por colisión 7
Fonte:[3]
Pechar

Posicións logo da carreira

  • Texto en negra indica que Mercedes é o Campión do Mundo de construtores.
Máis información Pos., Piloto ...
Pechar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.