From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicolas "Nico" Hülkenberg, nado en Emmerich o 19 de agosto de 1987, é un piloto alemán de Fórmula 1 que regresa como piloto oficial á Fórmula 1 con Haas F1 Team en 2023, despois de servir como piloto de reserva para Aston Martin F1 Team no ano 2022. En 2015, tamén disputou dúas roldas do Campionato Mundial de Resistencia da FIA de 2015 para Porsche, gañando as 24 Horas de Le Mans no seu primeiro intento. Foi o campión da Serie GP2 de 2009, e anteriormente foi campión tanto da Serie Euro de Fórmula 3 como doa A1 Grand Prix, como parte do A1 Team Germany. É un dos 5 pilotos desde 2005 que gañou o campionato de Fórmula 2 (antes serie GP2) na súa tempada de debut, os outros son Lewis Hamilton, Nico Rosberg, Charles Leclerc, e George Russell e Oscar Piastri. Ata setembro de 2019, Hülkenberg mantiña o récord de máis saídas en carreiras de Fórmula Un sen lograr un podio, un récord que rompeu ao non terminar na súa 129ª carreira (o Gran Premio de Singapur de 2017) e ao facelo pasou o anterior rexistro de Adrian Sutil de 128.[1] O récord de Hülkenberg sitúase en 181 Grandes Premos.[2][3] Desde xullo de 2022 tamén ten o récord de máis puntos na súa carreira sen gañar unha única carreira, o récord atribuíseo despois do anterior titular, Carlos Sainz Vázquez de Castro gañou o Gran Premio do Reino Unido de 2022.[4]
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1987 (37 anos) Emmerich am Rhein, Alemaña | |||||||||||||||||||
Altura | 184 cm | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||
Deporte | Fórmula 1 (2009–) GP2 (2009–2009) Fórmula 3 Europeia (pt) (2007–2008) A1 Grand Prix (pt) (2006–2007) Fórmula BMW (pt) (2005–2005) | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
2015 | 2015 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) (9º) | |||||||||||||||||||
2015 | 24 Horas de Le Mans de 2015 (pt) | |||||||||||||||||||
Páxina web | nicohulkenberg.net | |||||||||||||||||||
Hülkenberg debutou na Fórmula Un no 2010 co equipo Williams. A pesar de lograr a primeira pole position de Williams en máis de cinco anos, non foi retido para 2011 e incorporouse a Force India como piloto de probas e reserva. Logrou o posto de titular nas carreiras co equipo para a tempada 2012, uníndose a Paul di Resta.[5][6] En 2013 pilotou para o equipo Sauber,[7] co piloto mexicano Esteban Gutiérrez como seu compañeiro de equipo.[8] Hülkenberg regresou á Force India para a tempada 2014.[9] En outubro de 2016, confirmouse que cambiaría a Renault para 2017. Foi substituído por Esteban Ocon para a tempada 2020 de Fórmula 1.[10] Volveu á Fórmula Un en 2020, pilotando para Racing Point en tres carreiras.[11][12][13] Despois volveu de novo para substituír a Sebastian Vettel en Aston Martin nas dúas primeiras carreiras da tempada 2022, tras o positivo da proba COVID de Vettel. Regresará como piloto a tempo completo para a tempada 2023 piltando para Haas F1 Team.
Hülkenberg iniciouse no karting en 1997, con dez anos. En 2002 converteuse en campión de karts júnior de Alemaña e o ano seguinte gañou o campionato alemá de karting. 2005 foi o ano do seu debut na Fórmula BMW alemá. A súa primeira tempada foi moi exitosa, gañando nove das vinte carreiras para lograr así o campionato. Gañou ademais a final mundial da categoría, pero foi descalificado posteriormente por frear abruptamente cerca doutros automóbiles co coche de seguridade en pista.
O piloto alemá pasou á Fórmula 3 Alemá en 2006, gañando unha carreira na categoría e quedando quinto na clasificación xeral. Tamén competiu en A1 Grand Prix, categoría monomarca, co equipo alemán, converténdose así no piloto máis exitoso da historia do A1 Grand Prix, con nove vitorias nas dez carreiras, gañando o título para o equipo alemán por se só.
En 2007 pasou ás Fórmula 3 Euroseries co equipo ASM, co cal Lewis Hamilton e Paul di Resta conseguiran os dous últimos campionatos. Gañou as carreiras de Norisring, Zandvoort e Nürburgring. Na carreira de Magny-Cours foi sancionado na clasificación, e chocou con Filip Salaquarda en carreira. Tamén gañou o Masters de Fórmula 3 daquel ano, unha carreira non puntuable, despois de que o seu compañeiro de equipo Romain Grosjean, quen partía desde a pole position, calase o seu coche na saída. Grosjean gañou o campionato, mentres que Hülkenberg foi terceiro. Hülkenberg conquistou o título da F3 Euroseries en 2008, con 7 vitorias en 20 carreiras.
O axente actual do piloto é Willi Weber, quen fora tamén axente de Michael Schumacher. Weber suxeriu que o piloto podería estar listo para a Fórmula 1 en 2008, e en múltiples ocasións definiu a Hülkenberg como un "talento incrible", comparándoo frecuentemente co propio Schumacher.
Hülkenberg puido probar por primeira vez en Fórmula 1 o 4 de decembro de 2007 co equipo WilliamsF1 no Circuíto de Jerez, para participar en dous días de adestramentos, nos cales mellorou os tempos de Kazuki Nakajima, segundo piloto da escudería británica, e quedando a catro décimas de segundo de Nico Rosberg. Os bos resultados obtidos nos adestramentos convenceron ao equipo para que Hülkenberg fose o seu terceiro piloto na tempada 2008 de Fórmula 1.
No 2009, Hülkenberg gaña brillantemente o campionato de GP2.
En 2010, Nico ten un complicado comezo na Fórmula 1, pilotando o Williams, un dos monoprazas máis lentos da grella. A pesar diso, obsérvanse os seus verdadeiros credenciais sendo o mellor debutante na F1, superando ao seu compañeiro Rubens Barrichello na terceira cita do mundial e logrando o seu primeiro punto en só 3 carreiras. [14] En Hungría, o piloto alemán consegue o seu mellor resultado, un gran sexto posto.[15] No Gran Premio do Brasil, Hülkenberg consegue unha sorprendente primeira pole, impoñéndose por máis dun segundo a todos os seus rivais.[16] Porén, ao final da tempada o seu xerente anunciou que Nico non seguiría en Williams para 2011, e substituiríase por Pastor Maldonado.[17]
Finalmente, o 26 de xaneiro de 2011 revélase que Hülkenberg será o terceiro piloto de Force India, descartando a opción de correr cun algún equipo modesto.[18] A cambio, tivo a oportunidade de pilotar o Force India VJM04 durante 14 sesións libres dos venres de Gran Premio ao longo da tempada, postulándose como un candidato a ser piloto oficial da escudería.
O 16 de decembro de 2011 Force India confirma que Hülkenberg será un dos seus pilotos oficiais en 2012.[19] Consegue puntuar na segunda carreira do ano ( Malaisia), no que foi 9º. No Gran Premio de Europa logra o mellor resultado, un 5º posto;[20] que mellora cun 4º en Bélxica.[21] Nas últimas carreiras do campionato convértese nun asiduo dos puntos, superando ao seu compañeiro de equipo Paul di Resta. O 25 de novembro de 2012, cosechou unha das súas mellores actuacións no GP do Brasil, tras liderar a carreira durante máis da metade da mesma, ata que foi sancionado por botar da pista a Lewis Hamilton. Finalmente, finalizou a proba en 5ª posición.
O 5 de decembro de 2012, os editores da páxina de Internet F1 ao día colocan a Hülkenberg como o mellor piloto do 2012. Segundo o portal da web, esta lista realizouse puntuando a grella puramente polo seu piloto, sen ter en conta o bo ou mal rendemento do seu monopraza.[22]
En 2013, o alemán ingresou no equipo Sauber, substituíndo a Checo Pérez que fichara por McLaren.[23]
Na súa primeira competición oficial co equipo Sauber, Hülkenberg non puido iniciar o GP de Australia debido a un fallo no sistema de combustible do seu Sauber C32; durante a cualificación pasou á Q2 e quedou no 11º posto pero por seguridade o equipo suízo retirou o auto do alemán.[24][25]
Na cualificación do GP de Malaisia, Nico pasa á Q2 e queda no 12º posto da grella de saída.[26] Gran carreira de Hülkenberg, que avanza 4 lugares e concluíu a proba en 8° lugar para lograr os primeiros puntos de Sauber na tempada.[27] Na seguinte cita, en China, consegue un punto máis ao termo ao rematar 10º. Logo estivo catro carreiras sen puntuar, loitando cun coche pouco competitivo, ata que conseguiu dous puntos máis en Silverstone e Nürburgring.
En Monza, Nico da a sorpresa e consegue un excelente 3º posto na clasificación, perdendo dúas posicións na saída pero conservando a 5ª praza ata o final. Tivo opcións de ser piloto de Ferrari en 2014, pero finalmente o elixido foi Kimi Räikkönen.[28] En Corea, o piloto alemán volveu a protagonizar unha grande actuación, gañando posicións na saída e contendo a Fernando Alonso e Lewis Hamilton ata o final para rematar nun fantástico 4º lugar. Entón, o equipo Lotus recoñece a súa intención de contratar a Hülkenberg.[29] Na seguinte carreira no Xapón volveu puntuar ao rematar 6º, resultado que repite en Austin, e pecha a tempada cun 8º posto no Brasil.
Regresou ao equipo indio para 2014.[30] Tivo un bo comezo ao puntuar nas 10 primeiras carreiras de forma consecutiva, con catro 5ª postos como mellor resultado, ata que a racha rómpese co abandono en Hungría. Posteriormente decaeron un pouco os resultados porque o alcanzaron outros equipos competidores, pero aínda así, Nico rematou a tempada como o 9º clasificado do campionato con 96 puntos, polo diante do seu compañeiro Sergio Pérez que acabou 10º. O 20 de outubro de 2014, Force India confirma a continuidade de Hülkenberg en 2015.[31]
Hülkenberg comezou a tempada puntuando en Australia ao finalizar 7º, pero non puido volver puntuar ata a 7ª carreira, no Canadá. O 1 de setembro de 2015, anunciase a súa renovación por dous anos máis.[32] Logrou o mellor resultado do ano en Austria, onde finalizou 6º, resultado que se repetiu no Xapón e o Brasil rematou o campionato como 10º clasificado con 58 puntos, esta vez por detrás do seu compañeiro Sergio Pérez que acabou 9º.
En 2016, Hülkenberg competiu por última vez no equipo Force India. Puntuou en 14 das 21 carreiras que se disputaron ese ano. Tivo que abandonar no Gran Premio de Rusia por unha colisión, no Gran Premio de España por problemas de motor, no Gran Premio de Austria por problemas de freos, no Gran Premio de Singapur por unha colisión e no Gran Premio dos Estados Unidos por danos de colisión. O seu mellor resultado foi no Gran Premio de Bélxica no que conseguiu un 4º posto. Finalizou a tempada en 9º posición con 72 puntos, de novo por detrás do seu compañeiro Sergio Pérez, que anotou 101 puntos, dous podios e quedo no 7º lugar.[33]
Hülkenberg firmou un contrato como piloto de Renault para as dúas seguintes tempadas,[34] mentres que o piloto Esteban Ocon ocupaba o seu lugar en Force India.[35] En 2017, o seu compañeiro durante as 16 primeiras carreiras foi o británico Jolyon Palmer, que foi substituído a partir do Gran Premio de Malaisia polo piloto español Carlos Sainz. Hülkenberg puntuou en 8 das 20 carreiras da tempada, sendo o seu mellor resultado a 6ª posición que logrou nos Grandes Premios de España, Alemaña, Bélxica e Abu Zabi. Abandonou en 6 carreiras, sendo os problemas mecánicos a causa principal dos abandonos. Finalizou 10º no campionato do mundo con 43 puntos.
En 2018, o alemán tivo un bo inicio de tempada, nas 11 primeiras carreiras sumou en todas as que finalizou, tendo 3 abandonos nos Grandes Premios de Acerbaixán, España e Austria. No resto da tempada, sufriu máis retiradas, pero tamén conseguiu o mellor posto ao final de carreira, anotando un 5º lugar no Gran Premio de Alemaña. Hülkenberg acabou na 7ª posición no campionato con 69 puntos, en solitario por detrás dos pilotos de Mercedes, Ferrari e Red Bull[36]. Superou ao seu compañeiro Carlos Sainz, que acabou o 10º no campionato.
En 2019, Nico Hülkenberg realizou a súa última tempada co equipo Renault, xunto ao seu novo compañeiro, Daniel Ricciardo. Pechou esta tempada con 37 puntos no posto 14º, mentres que o seu compañeiro foi noveno con 54 puntos. O mellor resultado foi quinto en Monza. Tras a fichaxe de Esteban Ocon por Renault para a tempada 2020 e sen ser chamado por outros equipos, Hülkenberg quedará sen asento na fórmula 1.[37]
Hülkenberg non tiña contrato para a tempada 2020 de F1. Substituíu a Sergio Pérez en Racing Point no Gran Premio do ReinoUnido e no Gran Premio do 70º aniversario despois de que Pérez dera positivo por coronavirus SARS-2.[38] Para o Gran Premio do Reino Unido, clasificou décimo terceiro pero non comezou a carreira debido a un fallo no motor antes do comezo da carreira.[39] Hulkenberg tivo outra oportunidade de competir no Gran Premio do 70º aniversario tamén no Circuíto de Silverstone despois de que Perez continuase positivo por COVID- 19.[40] Cualificou terceiro detrás dos dous coches Mercedes e terminou sétimo detrás do seu compañeiro de equipo Lance Stroll.[41] Hülkenberg non correu no Gran Premio de España, xa que Sergio Pérez regresou ás carreiras despois de dar negativo no COVID-19.[42] Substituiría ao outro piloto do equipo, Lance Stroll, para o Gran Premio de Eifel despois de que o canadense non se adestrara ao final por sentirse mal. Rematou a carreira en 8º lugar despois de clasificarse 20º, e último, na grella, gañándo o voto dos afeccionados como "Piloto do día".[13][43][44]
Aston Martin F1 Team (anteriormente Racing Point) fichou a Hülkenberg como piloto de reserva e desenvolvemento para a tempada 2021.[45]
Despois de continuar como piloto reserva do equipo en 2022, substituíu a Sebastian Vettel no Gran Premio de Bahrain despois de que Vettel dera positivo por COVID-19.[46] Hülkenberg comezou e rematou a carreira no 17º posto. Hülkenberg regresou a Aston Martin na seguinte carreira, o Gran Premio de Arabia Saudita, comezando no 17º posto e rematando no 12º.
Hülkenberg volveu entrar no Aston Martin nas probas de Pirelli posteriores ao GP de Hungría, xunto a Lance Stroll para desenvolver os pneumáticos de 2023.[47]
En novembro de 2022 confirmouse que Hülkenberg conducirá como piloto oficial con Haas F1 Team durante 2023, acompañando a Kevin Magnussen e substituíndo ao seu compatriota alemán Mick Schumacher.[48]
En paralelo á súa actividade en Fórmula 1, Hülkenberg disputou dúas datas do Campionato Mundial de Resistencia de 2015, cun Porsche 919 Hybrid oficial da clase LMP1, xuntos cos pilotos Nick Tandy e Earl Bamber. Nas 6 Horas de Spa-Francorchamps obtivo o sexto posto. Na súa estrea nas 24 Horas de Le Mans, Nico logrou gañar a carreira no seu primeiro intento cunha volta de ventaxe.[49] Este triunfo foi a primeira vitoria absoluta de Porsche desde 1998.[50] O triunfo de Hülkenberg é o primeiro dun piloto de Fórmula 1 en activo desde que Johnny Herbert e Bertrand Gachot consiguieron a fazaña en 1991 co Mazda 787B.
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Vitorias | Poles | v/rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005 | Formula BMW ADAC | Josef Kaufmann Racing | 20 | 8 | 9 | 6 | 14 | 287 | 1º |
Formula BMW World Final | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | N/A | 3º | ||
2006 | German Formula Three | Josef Kaufmann Racing | 18 | 1 | 3 | 5 | 6 | 78 | 5º |
V de V Challenge Endurance Moderne | Griffith's | 2 | 1 | 2 | ? | 1 | 50 | 17º | |
2006–07 | A1 Grand Prix | A1 Team Germany | 20 | 9 | 3 | 5 | 14 | 128 | 1º |
2007 | Formula 3 Euro Series | ASM Formule 3 | 20 | 4 | 2 | 3 | 8 | 72 | 3º |
Macau Grand Prix | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 23º | ||
Masters of Formula 3 | 1 | 1 | 0 | 0 | 1 | N/A | 1º | ||
2008 | Formula 3 Euro Series | ART Grand Prix | 20 | 7 | 6 | 7 | 8 | 87 | 1º |
Masters of Formula 3 | 1 | 0 | 1 | 0 | 1 | N/A | 2º | ||
2008–09 | GP2 Asia Series | ART Grand Prix | 4 | 1 | 2 | 0 | 2 | 27 | 6º |
2009 | GP2 Series | ART Grand Prix | 20 | 5 | 3 | 5 | 10 | 100 | 1º |
Fórmula 1 | AT&T Williams | Piloto de probas | |||||||
2010 | Fórmula 1 | AT&T Williams | 19 | 0 | 1 | 0 | 0 | 22 | 14º |
2011 | Fórmula 1 | Force India F1 Team | Piloto de probas | ||||||
2012 | Fórmula 1 | Sahara Force India F1 Team | 20 | 0 | 0 | 1 | 0 | 63 | 11º |
2013 | Fórmula 1 | Sauber F1 Team | 19 | 0 | 0 | 0 | 0 | 51 | 10º |
2014 | Fórmula 1 | Sahara Force India F1 Team | 19 | 0 | 0 | 0 | 0 | 96 | 9º |
2015 | Fórmula 1 | Sahara Force India F1 Team | 19 | 0 | 0 | 0 | 0 | 58 | 10º |
World Endurance Championship | Porsche Team | 2 | 1 | 0 | 0 | 1 | 58 | 9º | |
24 Horas de Le Mans | 1 | 1 | 0 | 0 | 1 | N/A | 1º | ||
2016 | Fórmula 1 | Sahara Force India F1 Team | 21 | 0 | 0 | 1 | 0 | 72 | 9º |
2017 | Fórmula 1 | Renault sport F1 Team | 20 | 0 | 0 | 0 | 0 | 43 | 10º |
2018 | Fórmula 1 | Renault sport F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 69 | 7º |
2019 | Fórmula 1 | Renault sport F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 37 | 14º |
2020 | Fórmula 1 | Racing Point F1 Team | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 10 | 15º |
2021 | Fórmula 1 | Aston Martin Cognizant F1 Team | Piloto reserva | ||||||
2022 | Fórmula 1 | Aston Martin Aramco Cognizant F1 Team | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0* | 17º* |
2023 | Fórmula 1 | Haas | 22 | 0 | 0 | 0 | 0 | 9 | 16º |
2024 | Fórmula 1 | Haas | 18 | 0 | 0 | 0 | 0 | 24* | 10º* |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
* Tempada en curso
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.