Gran Premio de Singapur de 2016
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Singapur de 2016, oficialmente 2016 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 18 de setembro de 2016 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 2016.
Nome oficial | 2016 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Singapur |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 |
Distancia do evento | 61 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Singapur 1°17′29″N 103°51′51″L |
País | Singapur |
Data | 18 de setembro de 2016 |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg |
Pole position | Nico Rosberg (01:42,584) |
Volta máis rápida | Daniel Ricciardo (01:47,187) |
Nico Rosberg consegue a Pole Position, Sebastian Vettel non quedaba fora na Q1 desde o Gran Premio de Abu Zabi de 2015 e non saía desde a última posición desde o Gran Premio de Abu Zabi de 2012.
Sebastian Vettel partiu desde a última fila da grella de saída cos pneumñáticos de composto brando, para alargar o máximo posible o seu paso por boxes, os Red Bull, Nasr e Palmer optaron polo pneumático superbrando, o resto da grella de saída calza a especificación ultrabranda de Pirelli. Romain Grosjean decide non participar no GP de Singapur. O piloto foi sancionado con cinco posicións por cambiar a caixa de cambios, e decidiu non tomar parte no Gran Premio.
Nico Rosberg fai unha boa saída e mantén a primeira posición. Pero o piloto de force India Nico Hülkenberg, sofre un accidente indica por radio que sentiu como "un sándwich" entre Carlos Sainz e un Williams. O alemán perdeu o control do seu coche e estrelouse contra o muro. Ten que saír o coche de seguridade. Na terceira volta reanudase a carreira, Nico Rosberg mantén a primeira posición, por diante de Daniel Ricciardo e Lewis Hamilton. Kimi Räikkönen é cuarto. Xusto por detrás aparece Fernando Alonso, que conseguiu escalar desde a novena praza ata a quinta. Daniil Kvyat atópase sexto. Carlos Sainz perdeu a posición da saída e cae ata a sétima posición, pero ten danos aerodinámicos, como consecuencia do accidente.
Na sexta volta Carlos Sainz ve a bandeira negra e laranxa. Dirección de carreira obrígao a pasar por boxes para arranxar o seu coche por temas de seguridade. Ten tres voltas para cumprir a sanción que cumpre na 8ª volta.
Na décima volta as posicións son as seguintes, Rosberg, Ricciardo, Hamilton, Räikkönen, Alonso (5º), Kvyat, Verstappen, Massa, Magnussen e Gutiérrez, Rosberg ten problemas cos freos. na volta 12 Sebastian Vettel, que partía último, atópase na décimo terceira praza. Carlos Sainz caía ata a décimo oitava posición. Ocon é sancionado con 5 segundos por adiantar en período de Safety Car. O piloto de Manor ocupa a décimo quinta praza. na décimo quinta volta Fernando Alonso entra en boxes e monta superbrandos. O piloto español reincorpórase á carreira na décimo terceira posición. Neste xiro, adianta a Pascal Wehrlein e ponse duodécimo, na volta seguinte Ricciardo e Hamilton, entran á vez en boxes. Ricciardo monta superbrando mentres que o británico decántase polo brando. Ambos pilotos reincorpóranse na cuarta e quinta posición, respetivamente. Nico rosberg entra a continuación e segue a estratexía de Lewis Hamilton, o pit-stop, é un pouco lento debido á roda dianteira dereita e cae ata a segunda praza. Kimi Räikkönen queda como líder virtual do GP de Singapur, liderado que perde ao entrar en boxes na seguinte volta.
Na 20ª volta a clasificación é a seguinte, Rosberg, Ricciardo, Hamilton, Räikkönen, Pérez, Vettel, Alonso (7º), Kvyat, Verstappen e Massa. N volta 25 sebastian Vettel entra en boxes por primeira vez, reincorporaándose 13º. Na volta 30 a clasificación é, primeiro Rosberg seguido de Ricciardo, Hamilton, Räikkönen, Alonso (5º), Kvyat, Magnussen, Vettel, Gutiérrez e Pérez. na volta 34 Räikkönen adianta a Hamilton, e aínda que Hamilton intentou protexerse os seus problemas cos freos facilitaron o paso do finlandés á terceira praza. Nico Rosberg entra a boxes e monta un xogo novo de brandos. Na 35 Kimi Räikkönen decide copiar a estratexia de Nico Rosberg e pasa por boxes. Lewis Hamilton queda como líder virtual do GP de Singapur, por diante de Nico Rosberg, Daniel Ricciardo e Kimi Räikkönen, ata que entra en boxes na volta seguinte, do mesmo xeito que Alonso, que reincorpora noveno. Na volta 38 abandona Bottas por problemas cos freos.
Na volta 40, a situación é, primeiro Rosberg seguido de Ricciardo, Räikkönen, Vettel, Verstappen, Alonso (7º), Pérez, Massa e Kvyat. Na volta 46 abandona Button con problemas no motor, Sebastian Vettel fai dúas voltas rápidas consecutivas. Na 48 Kimi Räikkönen entra en boxes e sae cuarto, seguido de Ricciardo na seguinte volta.
Na 50ª volta a situación é, primeiro Rosberg e a continuación Ricciardo, Hamilton, Räikkönen, Vettel, Alonso (6º), Verstappen, Pérez, Kvyat e Magnussen. Max Verstappen adianta a Fernando Alonso. Finalmente Nico Rosberg consegue a súa oitava vitoria da tempada, a nº 22 da súa traxectoria deportiva e recupera as rendas do mundial de Fórmula 1. Daniel Ricciardo, tras unha espectacular carreira, logrou a segunda posición. Lewis Hamilton ffoi terceiro e perdeu o liderado da competición. Logo dun fallo na estratexia, Kimi Räikkönen acabou na cuarta posición. Pola súa banda, o seu compañeiro de equipo realizou unha marabillosa remontada e atravesou a liña de meta na quinta praza. Max Verstappen asinou a sexta posición, por diante de Fernando Alonso. Sergio Pérez terminou oitavo. Xusto por detrás, aparecen Daniil Kvyat e Kevin Magnussen. Carlos Sainz concluíu o GP de Singapur no décimo cuarto lugar.
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:45.316 | 1:43.020 | 1:42.584 | 1 |
2 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-TAG Heuer | 1:44.255 | 1:43.933 | 1:43.115 | 2 |
3 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:45.167 | 1:43.471 | 1:43.288 | 3 |
4 | 33 | Max Verstappen | Red Bull-TAG Heuer | 1:45.036 | 1:44.112 | 1:43.328 | 4 |
5 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:44.964 | 1:44.159 | 1:43.540 | 5 |
6 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Ferrari | 1:45.499 | 1:44.493 | 1:44.197 | 6 |
7 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Ferrari | 1:45.291 | 1:44.475 | 1:44.469 | 7 |
8 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:46.081 | 1:44.737 | 1:44.479 | 8 |
9 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:45.373 | 1:44.653 | 1:44.553 | 9 |
10 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:45.204 | 1:44.703 | 1:44.582 | 18[1] |
11 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:46.086 | 1:44.740 | 10 | |
12 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:46.056 | 1:44.991 | 11 | |
13 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 1:45.262 | 1:45.144 | 12 | |
14 | 21 | Esteban Gutiérrez | Haas-Ferrari | 1:45.465 | 1:45.593 | 13 | |
15 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:45.609 | 1:45.723 | NTS[2] | |
16 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:46.427 | 1:47.827 | 14 | |
17 | 20 | Kevin Magnussen | Renault | 1:46.825 | 15 | ||
18 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 1:46.860 | 16 | ||
19 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 1:46.960 | 17 | ||
20 | 94 | Pascal Wehrlein | Manor-Mercedes | 1:47.667 | 19 | ||
21 | 31 | Esteban Ocon | Manor-Mercedes | 1:48.470 | 20 | ||
22 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:49.116 | 21 | ||
107% tempo: 1'51"552 | |||||||
Fonte:[3] |
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.