Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Malaisia 2013 (formalmente coñecido como o 2013 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 24 de marzo de 2013 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia.[1][2][3] Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un 2013, e o dÉcimo quinto Gran Premio de Malaisia na historia do Campionato Mundial de Fórmula1.
Nome oficial | 2013 Formula 1 Petronas Malaysian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Malaisia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 |
Distancia do evento | 56 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Sepang (Selangor) 2°45′38″N 101°44′15″L |
Lonxitude | 2,706 km |
País | Malaisia |
Data | 24 de marzo de 2013 |
Competición | |
Primeiro posto | Sebastian Vettel |
Pole position | Sebastian Vettel |
Volta máis rápida | Sergio Pérez Mendoza |
A carreira comezou coa pista mollada e condicións difíciles, especialmente ao redor da curva 3. Vettel kiderou desde o principio, Alonso golpeou o seu alerón dianteiro na parte traseira do Red Bull. Alonso logrou manterse por diante de Webber de Red Bull, pero na volta 2, o alerón dianteiro rompeuse e Alonso atascouse na grava na curva 1. Vettel fixo unha parada temperá para poñer pneumáticos lisos e caeu varias posicións debido as condicións de mollado, aínda que as recuperou rapidamente cando chegou ás zonas máis secas da pista. Webber posteriormente tomou o liderado da carreira, manténdoo a través da seguinte serie de paradas en boxes.
Os dous coches de Force India víronse obrigados a retirarse logo dos erros nas postas das rodas cativas. Paul di Resta tivo unha parada moi longa e a seguinte de Adrian Sutil estivo condicionada tamén polo mesmo. O equipo cre que as altas temperaturas puideron causar o problema.[4]
Jenson Button liderou brevemente a carreira nas voltas 33 e 34 logo da entrada en boxes de Webber, Vettel, Hamilton e Rosberg, estaba ben situado para lograr algúns puntos útiles para o equipo McLaren. Pero, unha desastrosa parada en boxes na que se colocou unha roda mal custoulle unha volta enteira.
Na volta 44, Webber fixo a súa última parada en boxes e saíu en cabeza, xusto por diante de Vettel. Os dous loitaron durante as seguintes dúas voltas, incluíndo unha pasada moi preto do muro na parte final da recta, despois de Vettel tomou a dianteira pasando ao seu compañeiro de equipo. Christian Horner, director do equipo Red Bull chegou a dicir na radio: "Isto é unha tontería Seb (astian). Imos". Detrás dos líderes da carreira estaba a parella de Mercedes Lewis Hamilton e Nico Rosberg loitando polo terceiro lugar. Rosberg era o máis rápido dos dous nese momento, e en repetidas ocasións pediu ao equipo que lle permitira adiantar a Hamilton, pero o director do equipo Ross Brawn contestou: "Negativo, Nico, negativo". El explicou máis tarde que Hamilton tamén podía ir máis rápido, pero tiña ordes de afrouxar. Cando Rosberg acercouse de novo a Hamilton, Brawn ordenoulle frear de novo, dicindo que non había nada que gañar e que a prioridade era levar ambos coches a meta.[5] Maldonado retirouse despois de verse obrigado a deter o automóbil por razóns de precaución, debido a un problema no KERS,[6] Button e Ricciardo tamén se retiraron ao final da carreira, os dous clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Vettel rematou primeiro e gañou a carreira seguido de Webber, Hamilton, Rosberg, Massa, Grosjean, Räikkönen, Hulkenberg, Pérez e Vergne. Logo da carreira de Webber e Vettel tiveron unha breve conversación antes da cerimonia do podio. Webber comentou: "Multi-21, Seb multi-21", en referencia a unha instrución dada polo equipo referida ao mapa motor.[7]
Durante as preguntas no podio logo da carreira Webber dixo "Eu tamén quero competir, pero ao final o equipo tomou a decisión ... ocupámonos dos pneumáticos, coidar do coche ata o final. Pero hoxe Seb tomou as súas propias decisións, non respectou as ordes de equipo, pero como de costume será protexido e así é como vai a a cousa".[8] Horner recoñeceu máis tarde que Vettel ignorara as ordes de equipo, así como a propia historia de Webber de seguir ordes similares.
Cando a Hamilton preguntóuselle sobre o seu podio, admitiu que Rosberg merecíao máis, e agregou: "Se dígoche a verdade eu realmente sento que Nico debería estar aquí".
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:37.899 | 1:37.245 | 1:49.674 | 1 |
2 | 4 | Felipe Massa | Ferrari | 1:37.712 | 1:36.874 | 1:50.587 | 2 |
3 | 3 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:37.314 | 1:36.877 | 1:50.727 | 3 |
4 | 10 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:37.513 | 1:36.517 | 1:51.699 | 4 |
5 | 2 | Mark Webber | Red Bull-Renault | 1:37.619 | 1:36.449 | 1:52.244 | 5 |
6 | 9 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:37.239 | 1:36.190 | 1:52.519 | 6 |
7 | 7 | Kimi Räikkönen | Lotus-Renault | 1:36.959 | 1:36.640 | 1:52.970 | 10[9] |
8 | 5 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:37.487 | 1:37.117 | 1:53.175 | 7 |
9 | 15 | Adrian Sutil | Force India-Mercedes | 1:36.809 | 1:36.834 | 1:53.439 | 8 |
10 | 6 | Sergio Pérez | McLaren-Mercedes | 1:37.702 | 1:37.342 | 1:54.136 | 9 |
11 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:37.363 | 1:37.636 | 11 | |
12 | 11 | Nico Hülkenberg | Sauber-Ferrari | 1:37.931 | 1:38.125 | 12 | |
13 | 19 | Daniel Ricciardo | Toro Rosso-Ferrari | 1:37.722 | 1:38.822 | 13 | |
14 | 12 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:37.707 | 1:39.221 | 14 | |
15 | 14 | Paul di Resta | Force India-Mercedes | 1:37.493 | 1:44.509 | 15 | |
16 | 16 | Pastor Maldonado | Williams-Renault | 1:37.867 | Sen tempo | 16 | |
17 | 18 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Ferrari | 1:38.157 | 17 | ||
18 | 17 | Valtteri Bottas | Williams-Renault | 1:38.207 | 18 | ||
19 | 22 | Jules Bianchi | Marussia-Cosworth | 1:38.434 | 19 | ||
20 | 20 | Charles Pic | Caterham-Renault | 1:39.314 | 20 | ||
21 | 23 | Max Chilton | Marussia-Cosworth | 1:39.672 | 21 | ||
22 | 21 | Giedo van der Garde | Caterham-Renault | 1:39.932 | 22 | ||
107% tempo: 1:43.585 | |||||||
Fonte:[10] | |||||||
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.