Gran Premio de Abu Zabi de 2013
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Abu Zabi de 2013 (oficialmente o Etihad Airways Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1 de 2013) foi a décimo sétima proba da tempada de 2013. Disputouse o 3 de novembro de 2013 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Dabi nos Emiratos Árabes Unidos. Foi a quinta carreira do Gran Premio de Abu Zabi.
Nome oficial | 2013 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Abu Zabi |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 |
Distancia do evento | 55 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Yas Marina 24°28′13″N 54°36′22″L |
Lonxitude | 5,554 km |
País | Emiratos Árabes Unidos |
Data | 3 de novembro de 2013 |
Competición | |
Primeiro posto | Sebastian Vettel |
Pole position | Mark Webber |
Volta máis rápida | Fernando Alonso |
Informe
Antecedentes
Eclipse solar parcial
Durante a carreira poderase observar unha eclipse solar parcial ( ver Eclipse solar do 3 de novembro de 2013) das 17:22 as 17:39 Hora local cando o sol poñerase.
Adestramentos libres
Romain Grosjean e Lewis Hamilton lideraron na primeira sesión de adestramentos[1].
O piloto de Red Bull Sebastian Vettel venceu a seu compañeiro de equipo Mark Webber por unha décima de segundo na segunda sesión de adestramentos.[2]
Durante a terceira sesión de adestramentos o piloto de Red Bull Sebastian Vettel terminou dúas décimas de segundo por diante de Mark Webber, que á súa vez era menos dunha centésima de segundo máis rápido que Lewis Hamilton de Mercedes.[3]
Eliminatorias
Mark Webber logrou a pole position en Abu Dabi. O compañeiro de Webber en Red Bull, Sebastian Vettel clasificou en segundo lugar. Os pilotos de Mercedes Lewis Hamilton e Nico Rosberg clasificaron na segunda fila da grella. Fernando Alonso clasificou décimo primeiro.
Jules Bianchi foi penalizado antes do inicio da cualificación con cinco posicións na grella por un cambio de caixa de cambios non programado.[4]
Posteriormente á clasificación
Kimi Räikkönen foi descualificado e relegado á vixésimo segunda posición da grella desde o quinto lugar conseguido orixinalmente na grella porque o chan do seu Lotus non pasou as probas de flexibilidade.[5][6]
Carreira
A carreira comezou con Sebastian Vettel no segundo posto da grella aínda que adiantou a Mark Webber na primeira curva e logo liderou ata a bandeira a cadros. Nico Rosberg acadou a segunda posición, mentres que Kimi Räikkönen que partía da última posición da grella rompeu a suspensión dianteira dereita despois de bater con Giedo van der Garde, retirándose da carreira. O alemá Nico Hülkenberg, durante a súa primeira parada en boxes considerouse que fixo unha saída pouco segura e foi penalizado cun drive through. Romain Grosjean, avanzou desde a sexta posición á cuarta posición logo da saída. Durante a primeira metade da carreira, Felipe Massa marchou por diante do seu compañeiro de equipo, Fernando Alonso, pero foi superado por Alonso nas últimas fases da carreira. Logo da segunda parada en boxes de Alonso, ao saír da rúa de boxes case bate con Jean-Eric Vergne, para esquivalo saíuse da pista de carreiras coas catro rodas nun movemento que foi investigado polos comisarios de carreira. Vettel gañou a carreira por 30´8s sobre Webber.
Logo da carreira
Durante a volta posterior a finalización Vettel realizou un donut (derrape en círculo), como o fixo logo da carreira anterior na India. Vettel non foi penalizado polos comisarios.[7][8]
Alonso foi enviado a revisión médica por precaución logo dun impacto nos pianos medido en 25g.[9]
Clasificación
Cualificación
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | ![]() |
Red Bull-Renault | 1:41.568 | 1:40.575 | 1:39.957 | 1 |
2 | 1 | ![]() |
Red Bull-Renault | 1:41.683 | 1:40.781 | 1:40.075 | 2 |
3 | 9 | ![]() |
Mercedes | 1:41.420 | 1:40.473 | 1:40.419 | 3 |
4 | 10 | ![]() |
Mercedes | 1:40.693 | 1:40.477 | 1:40.501 | 4 |
5 | 7 | ![]() |
Lotus-Renault | 1:41.276 | 1:40.971 | 1:40.542 | 22[10] |
6 | 11 | ![]() |
Sauber-Ferrari | 1:41.631 | 1:40.931 | 1:40.576 | 5 |
7 | 8 | ![]() |
Lotus-Renault | 1:41.447 | 1:40.948 | 1:40.997 | 6 |
8 | 4 | ![]() |
Ferrari | 1:41.254 | 1:40.989 | 1:41.015 | 7 |
9 | 6 | ![]() |
McLaren-Mercedes | 1:41.687 | 1:40.812 | 1:41.068 | 8 |
10 | 19 | ![]() |
Toro Rosso-Ferrari | 1:41.884 | 1:40.852 | 1:41.111 | 9 |
11 | 3 | ![]() |
Ferrari | 1:41.397 | 1:41.093 | 10 | |
12 | 14 | ![]() |
Force India-Mercedes | 1:41.676 | 1:41.133 | 11 | |
13 | 5 | ![]() |
McLaren-Mercedes | 1:41.817 | 1:41.200 | 12 | |
14 | 18 | ![]() |
Toro Rosso-Ferrari | 1:41.692 | 1:41.279 | 15 | |
15 | 16 | ![]() |
Williams-Renault | 1:41.365 | 1:41.395 | 14 | |
16 | 17 | ![]() |
Williams-Renault | 1:41.862 | 1:41.447 | 15 | |
17 | 12 | ![]() |
Sauber-Ferrari | 1:41.999 | 16 | ||
18 | 15 | ![]() |
Force India-Mercedes | 1:42.051 | 17 | ||
19 | 21 | ![]() |
Caterham-Renault | 1:43.252 | 18 | ||
20 | 20 | ![]() |
Marussia-Cosworth | 1:43.398 | 21[11] | ||
21 | 22 | ![]() |
Caterham-Renault | 1:43.528 | 19 | ||
22 | 23 | ![]() |
Marussia-Cosworth | 1:44.198 | 20 | ||
107% tempo: 1:47.741 | |||||||
Fonte:[12] | |||||||
Carreira
Posicións despois da carreira
|
|
- Nota: Só os cinco primeiros postos están incluídos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.