segunda categoría da liga española de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Nacional de Liga de Segunda División, máis coñecido como Segunda División e por razóns de patrocinio como LaLiga hypermotion[1], é a segunda categoría da liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Primeira División RFEF. Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | Liga Nacional de Fútbol Profesional |
Parte de | Ligas de fútbol de España e Liga Nacional de Fútbol Profesional |
Liga superior | Primeira División Española |
Liga inferior | Primeira Federación e Segunda Federación |
Número de participantes | 22 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1928 – |
Calendario da tempada | agosto – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 89 |
Competición | |
Primeiro posto | Club Atlético Osasuna |
Outro | |
Páxina web oficial | laliga.com… |
É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A Segunda División é, xunto coa Primeira División, unha das dúas únicas categorías con status profesional en España, baixo o amparo da LFP.
Ao longo da súa historia, corenta e seis clubs resultaron campións de Segunda División, sendo o máis laureado con 8 títulos o Real Murcia, seguido do Betis (7), e Deportivo da Coruña, Sporting de Xixón e Real Oviedo (todos con 5). O Osasuna, seguinte no palmarés.
A liga de Segunda División comezou na tempada 1928–29, ao tempo que a Primeira División. Na súa primeira edición participaron os seguintes clubs:
Grupo A | Grupo B (Categoría inferior) |
---|---|
Ao longo dos anos cambiou o número de equipos participantes, así como o formato da competición. En 1934 a categoría dividiuse en varios grupos, unha estrutura que se mantería durante varios anos, ata 1968, cando se recuperou o grupo único que se mantén na actualidade. En 1977 pasou a chamarse oficialmente Segunda División A, pola creación da Segunda División B. Desde 1984 está organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).
En 2007 o Granada 74 compróu a súa praza na categoría ao Ciudad de Murcia, un caso inédito no fútbol español, polo que xogou a tempada 2007-2008 en Segunda División, mentres que o Ciudad de Murcia, tras quedar en 4ª posición na liga, fíxoo en Terceira, categoría na que ocupaba unha praza o seu filial.
As tempadas 2006–07 e 2007–08 foron as dúas primeiras nas que o campionato tivo unha denominación comercial, recibindo o nome de «Liga BBVA», tras o acordo de patrocinio entre a LFP e o banco BBVA.[2] Entre as tempadas 2008–09 e 2015–16 a categoría de prata foi chamada «Liga Adelante», debido a que a denominación do banco pasou a patrocinar a Primeira División.[3]
Desde a tempada 2016–17, o patrocinador principal da LFP é o Banco Santander, e a Segunda División chamouse comercialmente «LaLiga 1|2|3» primeiramente, e desde a tempada 2019–20, «LaLiga SmartBank».[4]
A Segunda División é un torneo organizado e regulado, conxuntamente coa Primeira División, pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP), cuxos membros son os propios clubs participantes.
A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.
Consta dun grupo único integrado por 22 equipos que se enfrontan todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 42 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.
A clasificación final establécese de acordo aos puntos totais obtidos por cada equipo ao finalizar o campionato. Os equipos obteñen tres puntos por cada partido gañado, un punto por cada empate e ningún punto polos partidos perdidos. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualan a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación son os seguintes:
Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate son os seguintes:
Posto | Clasificación |
1º | Ascenso a Primeira División |
2º | |
3º | Promoción de ascenso a Primeira |
4º | |
5º | |
6º | |
7º-18º | |
19º | Descenso a Segunda División B |
20º | |
21º | |
22º |
Ao termo da tempada, o equipo que máis puntos obteña proclámase campión de Segunda División e é ascendido, xunto co subcampión, a Primeira División. Ademais, desde a tempada 2010/11, tamén ascende o gañador dunha promoción disputada entre o terceiro, cuarto, quinto e sexto clasificados. O sistema desta promoción é de eliminación directa a dobre partido, enfrontándose o terceiro co sexto, así como o cuarto co quinto; os dous vencedores pasarán a disputar unha nova eliminatoria a ida e volta, da cal sairá o terceiro equipo que ascende a Primeira División.
O 6 de xullo de 2011, a asemblea da LFP decidiu prescindir da quenda de penaltis nos play-off de ascenso. En caso de empate nos noventa minutos regulamentarios e tamén na prórroga, clasificarase ou ascenderá o equipo con mellor clasificación durante a liga regular.[5]
As prazas vacantes dos equipos ascendidos cóbrenas aqueles que terminan nos tres últimos postos de Primeira División. Pola súa banda, os catro últimos clasificados de Segunda División ao termo da tempada son relegados a Segunda División B, sendo substituídos polos gañadores das promocións de ascenso desta categoría.
Un club pode ter un equipo filial en Segunda División se o seu primeiro equipos compite en Primeira División. Se un filial termina a tempada en postos de ascenso directo ou play-off, é o seguinte clasificado o que adquire ese dereito ao non poder ascender o equipo filial xa que debe estar sempre polo menos unha división por baixo do primeiro equipo. Así mesmo, se o primeiro equipo descende a Segunda e o seu filial milita na devandita categoría, este último é descendido automaticamente a Segunda División B, aínda que lograse a permanencia durante a liga regular.[6]
Ao longo da historia da competición participaron 168 equipos diferentes, pero só seis deles nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División, participando por tanto sempre no fútbol profesional: Valencia, Atlético de Madrid, Espanyol, Sevilla, Sporting de Xixón e Real Sociedad.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Un total de 12 equipos galegos pasaron pola Segunda División na súa historia, sendo o Deportivo da Coruña o que disputou máis tempadas. Tres deles, o Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo e o Pontevedra CF proclamáronse campións.
Posto histórico | Equipo | Tempadas | Mellor posto | Última tempada | Puntos | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
12º | Deportivo da Coruña | 40 | 1º | 2019-20 | 1450 | 1244 | 552 | 281 | 411 | 1892 | 1542 |
21º | Celta de Vigo | 32 | 1º | 2011-12 | 1293 | 1032 | 466 | 260 | 306 | 1629 | 1142 |
31º | Racing de Ferrol | 34 | 2º | 2007-08 | 1031 | 1054 | 366 | 229 | 459 | 1474 | 1745 |
56º | CD Ourense | 13 | 3º | 1998-99 | 437 | 454 | 143 | 121 | 190 | 492 | 623 |
57º | CD Lugo | 7 | 9º | 2019-20 | 395 | 332 | 99 | 105 | 128 | 333 | 400 |
67º | SD Compostela | 7 | 3º | 2002-03 | 335 | 282 | 97 | 90 | 95 | 332 | 334 |
69º | Pontevedra CF | 9 | 1º | 2004-05 | 328 | 314 | 117 | 84 | 113 | 379 | 372 |
119º | UD Ourensá | 3 | 8º | 1951-52 | 82 | 92 | 33 | 16 | 43 | 141 | 177 |
121º | SX Lucense | 3 | 11º | 1951-52 | 74 | 92 | 28 | 18 | 46 | 135 | 197 |
150º | Deportivo Xuvenil | 1 | 16º | 1954-55 | 20 | 30 | 5 | 10 | 15 | 40 | 85 |
154º | Arousa SC | 1 | 16º | 1949-50 | 17 | 30 | 7 | 3 | 20 | 44 | 84 |
163º | Unión Sporting Club | 1 | 8º | 1935-36 | 7 | 14 | 3 | 1 | 10 | 27 | 52 |
Club desaparecido |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.