O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011 é o campionato anual número 62 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren doce equipos.
Logo da controversia entre a Asociación de Equipos de Fórmula Un (FOTA) e a FIA no primeiro semestre da 2009, foi asinado o Acordo da Concordia, o 1 de agosto de 2009, polo entón presidente da FIA Max Mosley e todos os equipos existentes no momento. O novo acordo prevé unha continuación dos termos do acordo de 1998, ata o 31 de decembro de 2012.
Todos os equipos levarán pneumáticos Pirelli, que asinou un contrato para fornecer pneumáticos ata o ano 2013. A tempada 2010 foi o último ano que Bridgestone forneceu pneumáticos á Fórmula 1.
O 25% de equipo Renault F1 foi adquirido por Genii Capital, que adquire así a totalidade da escuadra. Lotus Cars entra como patrocinador principal, polo cal, o seu nome cambiou a Lotus Renault GP, sendo a marca Renault unicamente o subministrador de motores do equipo. Con todo, oficialmente o equipo seguirase chamando Renault F1 por razóns de dereitos televisivos (ao estilo de BMW Sauber en 2010). Doutra banda, a escuadra ata entón coñecida como Lotus Racing anunciou que pasa a denominarse Team Lotus a partir desta tempada, pero existe unha disputa legal polo mítico nome e o caso está pendente de sentenza nos tribunais.
Robert Kubica non poderá participar esta tempada debido a un forte accidente nun rally que sufriu a principios de febreiro. A recuperación do polaco durará aproximadamente un ano, polo que Lotus Renault decidiu contratar a Nick Heidfeld como o seu substituto.
A empresa norteamericana Ford Motor Company presentou unha demanda nos tribunais dos Estados Unidos contra a Scuderia Ferrari, debido ao nome do seu coche Ferrari F150. Principalmente, argumentou que a denominación "F150" está rexistrada como marca comercial da Ford (pola súa camioneta Ford F-150). Ademais, Ford acusou a Ferrari de Cybersquatting (apropiarse dun dominio que esta rexistrada como marca comercial). Iso fixo que Ferrari renombrara o seu coche como "Ferrari F150th Italia".
O 16 de abril de 2010, Bernie Ecclestone, confirmou que haberá 20 carreiras en 2011, todas as carreiras da tempada 2010 mais o Gran Premio da India. O calendario provisional anunciouse o 8 de setembro de 2010, e confirmouse o 3 de novembro de 2010.
A última hora, debido á forte crise política e social que se vive no Emirato de Bahrain, cancelouse a primeira carreira do ano que inicialmente ía comezar o 13 de marzo. Polo cal, os directivos da Fórmula 1 reformularon o inicio de tempada para o Gran Premio de Australia no Circuíto Albert Park, o 27 de marzo.
Máis información Nome Oficial do Gran Premio, Gran Premio ...
O Gran Premio de Bahrain foi programado orixinalmente para ser a primeira carreira da tempada o 13 de marzo, pero foi cancelada polos organizadores debido as protestas no país contra o goberno. A decisión final sobre se a carreira ía ser reprogramada para finais de ano ou cancelada de todo tiña que facerse o 3 de xuño, na que o Consello Mundial do Motor da FIA, (WMSC) votou por unanimidade reintegrar á carreira no calendario, movendo o Gran Premio inaugural da India de novo á última carreira da tempada en decembro, para acomodar o cambio. Con todo, a Asociación de Equipos de Fórmula Un (FOTA) opúxose á reprogramación unha semana despois de que o Consello Mundial votara a favor de devolver a carreira ao calendario. Finalmente os organizadores do Gran Premio de Bahrain abandonaron oficialmente o seu intento de regresar ao calendario, restablecendo o Gran Premio da India a súa data orixinal.
A tempada 2011 contara no calendario cun novo gran Premio, o Gran Premio da India. Orixinalmente coñecido como Circuíto Jaypee Group, en abril de 2011 pasou a chamarse oficialmente o Buddh International Circuit.
Piloto de probas dos venres (PP) (desde 2003 en diante)
En branco
Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
Negra – Pole Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.