Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Renault (IPA: /rə'no/, pronunciado: /rə'no/ (axuda · info) tamén coñecido como Grupo Renault, legalmente Renault S.A.) é unha multinacional fabricante de automóbiles fundada en 1899.[1] A compañía produce unha gama de coches, vehículos comerciais e automóbiles de carreira, e no pasado, fabricou camións, tractores, tanques, autobuses/autocares, motores de avións e avións e vehículos autorail.)
Renault | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1898 |
Matriz | Renault |
Localización | Boulogne-Billancourt, Francia |
Fundador | Fernand e Marcel Renault |
Persoas clave | Louis Renault |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
Número de empregados | 122.615 (2010) |
Na rede | |
https://www.renaultgroup.com/, https://www.renaultgroup.com/en/, https://www.renault.co.in/, https://www.renault.it, https://www.renault.com.br/, https://renault.com.tr, https://www.renault.com.ar/, https://renault.de e https://www.retail-renault-group.fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O grupo ten unha ampla carteira de marcas de automóbiles: Alpine, Lada, Dacia, a propia Renault e Samsung.
Non se debe confundir con Renault Trucks, unha empresa dedicada á fabricación de vehículos industriais, lixeiros e pesados e autobuses.
Renault foi fundada en 1898 por Louis Renault (1877–1944), pioneiro da industria automobilista e do taylorismo en Francia, xunto cos seus irmáns Marcel e Fernand, baixo o nome de Renault Frères. A morte de Marcel Renault en 1903 na carreira París-Madrid, e a de Fernand Renault en 1907, deixou a sociedade en mans de Louis Renault, e o seu nome cambiou a "Société des Automobiles Renault".
Entre as dúas guerras mundiais, Louis Renault mantivo a flote a empresa diversificando a produción. Ademais de automóbiles, producía camións, maquinaria agrícola e industrial, e motores de aviación. A fábrica de Billancourt, que crecera ata abranguer 67 hectáreas (invadindo terreos en Boulogne-Billancourt, e a totalidade da Illa Séguin) chegou a contar 30 000 empregados antes da crise do 29.
Renault foi un escenario primordial nas revoltas obreiras de 1936, nas que, ademais dun aumento salarial, chegouse ó recoñecemento das organizacións sindicais, o dereito ás vacacións pagadas, a sinatura dun convenio colectivo e a redución da xornada laboral como forma de loitar contra o paro.
Durante a segunda guerra mundial, as factorías de Renault produciron material para o exército nazi alemán, polo que, posteriormente, Louis foi detido trala liberación de Francia en 1944 e morreu en prisión antes de preparar a súa defensa. Toda a empresa pasou a ser propiedade do goberno francés, polo que Renault converteuse nunha empresa pública denominada Régie Nationale des Usines Renault.
Os seus taxis tiveron moito éxito e, durante a I Guerra Mundial, Renault fabricou tamén munición, avións e vehículos militares como o carro de combate Renault FT-17. Os taxis Renault de París xogaron un papel importante no transporte de tropas durante a guerra, particularmente na batalla do Marne.
De 1979 a 1987, Renault posuíu a maior parte de American Motors Corporation (AMC), que posteriormente foi vendida a Chrysler Corporation en marzal de 1987.
En 1986 o goberno francés consoiderou a posibilidade da súa privatización, e en 1996 Renault xa estaba parcialmente privatizada.
En xaneiro de 2001, Renault vendeu a súa división industrial (Renault Véhicules Industriels) a Volvo, que a renomeou como Renault Trucks (camións Renault) en 2002.
Ademais de nos campionatos mundiais de rallyes, Renault competiu como construtor na Fórmula 1 desde 1977 a 1985 (período no que desenvolveu e introduciu os motores equipados con turbo en dita disciplina) e desde 2002 ata a actualidade. Durante os anos en que Renault non competiu como construtor adicouse a subministrar motores a varios equipos, conseguindo notables éxitos con Benetton e Williams F1. Nos anos noventa gañou catro títulos do mundial de construtores con Williams, e en 2005 e 2006 gañou xa como Renault F1 Team.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Actualmente o goberno francés posúe o 15,7% da empresa. Renault é unha empresa privada que foi dirixida por Louis Schweitzer entre 1992 e 2005, momento en que foi relevado polo brasileiro Carlos Ghosn, anteriormente director de Nissan. Unha pequena porcentaxe (~ 1.2 %) segue pertencendo á familia Pefaure (principalmente radicada na Arxentina).
Renault ten unha participación do 44,4% en Nissan. Nissan posúe á súa vez o 15% das accións de Renault. Renault e Nissan forman actualmente "a Alianza", que se distingue doutras unións entre empresas do sector en que os dous membros teñen o compromiso de manter a súa independencia.
Renault é propietaria ademais de Samsung Motors e Dacia, formando entre as tres o "Grupo Renault".
Renault posúe tamén o 20% do holding Volvo AB, que é á súa vez propietario ó 100% de Renault Trucks. A división de automóbiles de Volvo foi vendida á multinacional americana Ford.
Renault ten fábricas:
A estas fábricas habería que engadir as doutras marcas do grupo como a de Pitesti en Romanía, que fabrica vehículos da marca Dacia, ou as de Nissan, xa que algunhas fabrican algúns vehículos de Renault para determinados mercados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.