Gran Premio da China

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Premio da Chinamap

O Gran Premio da China (en chinés: 中国大奖赛; pinyin: Zhōngguó Dàjiǎngsài) é unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1. Na actualidade celébrase no Circuíto Internacional de Xangai, Xangai, deseñado por Hermann Tilke. É a máis cara das instalacións dos circuíto de Fórmula Un, cun custo 240 millóns de dólares e conta cunha das máis complicadas combinacións de curvas no calendario da Fórmula 1, comparable á curva 8 de Istambul.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Gran Premio da China
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente
Deportedeportes de motor
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Internacional de Xangai (Jiading (pt) ) 31°20′20″N 121°13′11″L
Lonxitude5,451 km
PaísRepública Popular da China
Vixencia2004 –
Período de ocorrencia1 ano
Competición
Primeiro postoLewis Hamilton

Pechar

Historia

A visión dun Gran Premio da China iniciouse na década de 1990. O Goberno chinés previra inicialmente un circuíto de F1 na cidade de Zhuhai na provincia de Guangdong, o sur da China. O Circuíto Internacional de Zhuhai foi deseñado e construído e agregouse provisionalmente ao calendario de 1999 do Campionato do Mundo de F1, pero a pista non cumpre con certas normas establecidas pola FIA.

En 2002, anunciouse que a xestión do Circuíto Internacional de Xangai asinara un contrato de 7 anos coa Formula One Management para acoller o Gran Premio da China a partir da tempada 2004 ata a tempada 2011. O Gran Premio da China debutou o 26 de setembro de 2004, e foi gañado por Rubens Barrichello da Scuderia Ferrari. Ao ano seguinte, foi a sede da carreira final do campionato de Fórmula Un, na que o recentemente coroado campión do mundo Fernando Alonso gañou e reclamou o título de construtores para Renault F1. En 2006, o Gran Premio da China foi gañado por Michael Schumacher - a súa última vitoria na Fórmula Un antes da súa retiro temporal ao final da tempada.

En novembro de 2008 a BBC informou un funcionario, Qiu Weichang, suxerira que a carreira podíaser cancelada. A raíz dun anuncio similar sobre o Gran Premio de Francia, Qui Weichang dixo que o futuro da carreira estaba sendo reconsiderada, e a decisión tomaríase en 2009.[1]

2010 non viu ningún anuncio formal dunha ampliación da oferta inicial das 7 carreiras de 2004. En febreiro de 2011 foi pactado un novo acordo entre a F1 e os organizadores da carreira chinesa. As razóns do atraso parece ser a taxa que se paga á F1 para albergar a carreira. Logo de acumular perdas ano tras ano, os organizadores da carreira negabanse a pagar a cota requirida, informou que entre os mellor pagos para albergar unha carreira de F1. Parece serque os donos da F1 reduciron a taxa e exista xa un novo acordo para albergar a carreira de F1 ata 2017.[2]

En setembro de 2017, anunciouse un novo contrato de tres anos para albergar a carreira, mantendo a carreira no calendario ata 2020.

Máis información # Gañados, Pilotor ...
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.