From Wikipedia, the free encyclopedia
Etihad Airways (árabe: شركة الاتحاد للطيران, sharikat alittiḥād liṭṭayarān) é a aeroliña nacional dos Emiratos Árabes Unidos, ademais de ser a segunda compañía máis grande do país, despois de Emirates. A súa sede atópase en Khalifa City, un suburbio residencial de Abu Zabi, preto do aeroporto internacional de Abu Zabi, que é a súa base principal. Etihad comezou a operar no mes de novembro de 2003.
Etihad Airways | ||
---|---|---|
IATA EY | OACI ETD | Indicativo ETIHAD |
Fundación | xullo de 2003 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Abu Zabi | |
Plan de voo frecuente | Etihad Guest | |
Frota | 116 | |
Destinos | 79[1] | |
Holding | Etihad Aviation Group | |
Páxina web: http://www.etihad.com |
A aeroliña opera máis de 1 000 voos por semana, tanto de pasaxeiros como de carga, a uns 120 destinos en Oriente Medio, África, Europa, Asia, Australia e América, cunha frota de 116 avións Airbus e Boeing en febreiro de 2018.[1][2] No ano 2015 a aeriliña transportou 14,8 millóns de pasaxeiros, un 22,3% máis que no ano anterior.[3]
Ademais da súa actividade principal de transporte de pasaxeiros, Etihad tamén opera Etihad Holidays e Etihad Cargo. No ano 2015 Etihad creou a súa propia alianza de aeroliñas, Etihad Airways Partners, que inclúe a Air Serbia e Air Seychelles.[4] Etihad Airways mantén investimentos minoritarios nas aeroliñas participantes na alianza, ademais de ter accións en Virgin Australia, que oficialmente non forma parte de Etihad Airways Partner.
Etihad Airways é unha das poucas aeroliñas clasificadas como de 5 estrelas por Skytrax.[5]
En febreiro de 2018 a frota de Etihad Airways estaba formada polos seguintes avións:[2][6]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
F | C | Y | Total | ||||
Airbus A319-100 | 2 | — | — | 16 | 90 | 106 | Todos almacenados. |
Airbus A320-200 | 23 | — | — | 12 | 114 | 126 | |
— | 16 | 120 | 136 | ||||
Airbus A320neo | — | 10[7] | TBA | ||||
Airbus A321-200 | 10 | — | — | 16 | 158 | 174 | |
Airbus A321neo | — | 26[7] | TBA | ||||
Airbus A330-200 | 18 | — | — | 22 | 240 | 262 | 1 pintado nunha librea especial do "Manchester City Football Club". |
— | 18 | 236 | 254 | ||||
Airbus A330-300 | 6 | — | 8 | 32 | 191 | 231 | 1 pintado coa librea especial "Visit Abu Dhabi 2018". |
Airbus A350-900 | — | 40[7] | TBA | ||||
Airbus A350-1000 | — | 22 | TBA | As entregas comezarán en 2018.[8][9] | |||
Airbus A380-800 | 10 | — | 11 Note 1 | 70 | 417 | 498 | |
Boeing 777-200LR | 3 | — | 8 | 40 | 191 | 239 | Van ser retirados. Dous almacenados.[2] |
Boeing 777-300ER | 19 | — | — | 28 | 384 | 412 | |
— | 40 | 340 | 380 | ||||
8 | 40 | 292 | 340 | ||||
Boeing 777-8 | — | 8[10] | TBA | Cliente de lanzamento.[10] | |||
Boeing 777-9 | — | 17[10] | TBA | ||||
Boeing 787-9 | 20 | 22[11] | — | 28 | 271 | 299 | |
8 | 199 | 235 | |||||
Boeing 787-10 | — | 30[11] | TBA | As entregas comezarán en 2018. | |||
Etihad Cargo fleet | |||||||
Airbus A330-200F | 3[2] | — | Cargo | No presente toda a frota está almacenada Van ser vendidos ou alugados.[12] | |||
Boeing 777F | 5 | 1[10] | Cargo | ||||
Total | 116 | 173 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.