O 23 de xaneiro é o 23º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 342 días para finalizar o ano , 343 nos anos bisestos .
1197 - Afonso VIII cingue a milicia e ármase cabaleiro na Catedral de Santiago , na presenza de todos os bispos e señores dos seus reinos.[1]
1622 - María Soliño é sentenciada a morte por meiga en Cangas .
1656 - Blaise Pascal comeza a escribir as súas Lettres provinciales en defensa do xansenista Antoine Arnauld .
1677 - Carlos II de España e a raíña nai nomean primeiro ministro a Xoán Xosé de Austria .
1719 - Creación do Principado de Liechtenstein
1731 - Subscríbese un novo Tratado de Viena , polo que Austria , Inglaterra e España se alían para lograr que Carlos III obteña a sucesión ao trono de Nápoles e Sicilia .
1799 - Os republicanos franceses denominan República Partenopea ao antigo reino de Nápoles .
1810 - Os franceses avanzan doadamente por Andalucía e neste día apodéranse de Xaén e Córdoba .
1822 - Promúlgase en España a Lei de Beneficencia.
1855 - O Goberno español anuncia ás Cortes a ruptura de relacións coa Santa Sé .
1878 - O rei Afonso XII contrae matrimonio coa infanta María de las Mercedes de Orleáns e Borbón , en Madrid .
1896 - Wilhelm Röntgen descobre os raios X .
1902 - A explosión en Vigo dunha caldeira do canoneiro Cóndor causa dous mortos e cinco feridos.
1910 - Un terremoto causa a morte a máis de 5.000 persoas na provincia iraniana de Leristán .
1918 - Con motivo das restricións alimentarias comeza a funcionar en Francia a cartilla de pan, que só dá dereito a 300 g por día.
1920 - O Goberno neerlandés négase a conceder a extradición do ex emperador alemán Guillerme II , alegando que non figuraba entre os asinantes do Tratado de Versalles .
1920 - Estréase en Barcelona a obra La de san Quintín , de Benito Pérez Galdós .
1928 - Rusia e o Xapón asinan un acordo pesqueiro que garante ao país nipón a pesca en augas rusas do océano Pacífico .
1931 - Por acordo entre España e Portugal quedan abolidos os pasaportes entrambos países.
1932 - Disólvese en España a Compañía de Xesús cuxos bens son expropiados.
1933 - Unha declaración do xefe de goberno Molotov subliña a vontade de paz da URSS .
1935 - Asínase un tratado entre Xapón e Manchuria sobre a venda a Manchuria do ferrocarril chinés oriental.
1943 - Os británicos toman Trípoli (Libia ) aos nazis, na segunda guerra mundial
1943 - Winston Churchill e Theodore Roosevelt adoptan na Conferencia de Casablanca o principio de "rendición incondicional" e unha serie de accións militares para evitar un futuro rexurdimento militar alemán.
1948 - Dwight Eisenhower négase a presentarse como candidato ás eleccións presidenciais de Estados Unidos .
1949 - Os conservadores xaponeses conseguen unha maioría parlamentaria absoluta.
1950 - Xerusalén é declarada capital do Estado de Israel polo Parlamento Israelí.
1952 - Restablécese o corpo de Mossos d'Esquadra da Deputación de Barcelona .
1952 - A República Federal de Alemaña e España asinan un acordo social para concertar un intercambio mutuo de produtores.
1954 - O escritor estadounidense Ernest Hemingway sobrevive a dous accidentes de aviación, ocorridos en dous días consecutivos.
1956 - O primeiro ministro soviético Nikolai Bulganin propón un tratado de amizade, nunha carta dirixida ao presidente Dwight Eisenhower .
1958 - En Venezuela , é derrocada a ditadura do xeneral Marcos Pérez Jiménez por medio dun golpe militar.
1960 - O físico suízo Jacques Piccard , fillo de Auguste Piccard, acada unha profundidade de 10 970 m na Foxa das Marianas a bordo dunha batisfera, .
1961 - Apróbase a Constitución de Venezuela , vixésima sexta dende que se conseguiu a independencia.
1971 - Lánzase o satélite orbital Óscar 5 .
1975 - Mídese por primeira vez o tamaño dun asteroide, Eros.
1979 - A ofensiva da Fronte Polisario no Sáhara causou 800 baixas no Exército marroquí.
1981 - A sentenza de morte pronunciada contra o xefe da oposición surcoreana , Kim Dae yung , é trocada por cadea perpetua.
1983 - O tenista sueco Björn Borg , pentacampeón de Wimbledon , explica as razóns da súa retirada da alta competición.
1985 - Por primeira vez en España , militares dos dous exércitos combatentes na Guerra Civil participan conxuntamente nun acto de homenaxe aos soldados españois falecidos en contenda.
1986 - Morren 38 persoas no incendio dun hotel de luxo en Nova Delhi (India ).
1986 - Bradford A. Smith descobre a lúa do planeta Urano , Bianca , a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 .
1989 - Autorízase en Estados Unidos o primeiro transplante de xenes a humanos para tratar o cancro .
1995 - Gregorio Ordóñez, candidato polo PP á alcaldía de Donostia , é asasinado pola banda terrorista ETA en San Sebastián dun tiro na cabeza.
2003 - Máis de 5.100 civís e militares traballaron nas praias afectadas pola vertedura do fuel do Prestige .
2003 - Un batiscafo intenta pechar a única fuga que non se pechou na proa do Prestige .
2003 - A Xunta de Galicia aproba o Plan Galicia , cun investimento de 1.663 millóns de euros para 2003/2006.
Stendhal.
Sergei Eisenstein.
1783 - Stendhal , (Marie Henri Beyle), escritor francés .
1832 - Edouard Manet , pintor impresionista francés .
1846 - Manuel Mato Vizoso , escritor e historiador galego (m. 1909).
1862 - David Hilbert , matemático e filósofo alemán .
1870 - William G. Morgan , inventor do voleibol .
1876 - Otto Paul Hermann Diels , químico alemán (m. 1954).
1895 - Juan Tizón Herreros , escritor e político galego (m. 1945).
1898 - Sergei Eisenstein , director de teatro e cinema ruso .
1899 - Humphrey Bogart , actor estadounidense .
1903 - Jorge Eliécer Gaitán , político colombiano .
1907 - Hideki Yukawa , físico xaponés , premio Nobel de Física en 1949 .
1910 - Django Reinhardt , guitarrista de jazz e compositor belga .
1913 - Jean-Michel Atlan , pintor francés.
1915 - Arthur Lewis , Premio Nobel de Economía en 1979 .
1917 - Noël Salomon , historiador francés .
1918 - Gertrude Elion , bioquímica estadounidense gañadora do Premio Nobel de Medicina en 1988.(m.1999 )
1926 - Manuel Cajaraville Pensado , bailarín e coreógrafo galego (m. 1999).
1928 - Jeanne Moreau , actriz francesa .
1930 - Derek Walcott , escritor antillano .
1938 - José Antonio Segurado , empresario e político español .
1938 - Georg Baselitz , pintor alemán .
1941 - Fernando Barragán , cirurxián español .
1944 - Rutger Hauer , actor, coñecido polo papel de replicante en Blade Runner .
1946 - Arnoldo Alemán , político e presidente de Nicaragua .
1950 - Luís Alberto Spinetta , músico e compositor arxentino .
1951 - Victoriano Urgorri , científico galego.
1952 - Ángela Carrasco , cantante dominicana .
1956 - Ángela Molina , actriz española .
1957 - Carolina Grimaldi , princesa de Mónaco .
1962 - Elvira Lindo , escritora e xornalista española.
1968 - Ricardo Molina Tenor , poeta español .
1969 - Ariadna Gil , actriz española .
Giambattista Vico.
Anna Pavlova.
1516 - Fernando de Aragón , un dos Reis Católicos .
1622 - William Baffin , explorador inglés .
1648 - Francisco de Rojas Zorrilla , dramaturgo español .
1744 - Giambattista Vico , filósofo italiano .
1789 - John Cleland , novelista inglés (n. 1709).
1792 - Joshua Reynolds , pintor inglés .
1806 - William Pitt, o Novo , político británico .
1883 - Paul Gustave Dourei , pintor e gravador francés .
1889 - Alexandre Cabanel , pintor francés.
1889 - Ignacio Domeyko , xeólogo e mineraloxista polaco que viviu a maior parte da súa vida en Chile .
1893 - José Zorrilla , dramaturgo español .
1928 - María Guerrero , actriz española .
1931 - Anna Pavlova , bailarina rusa .
1938 - Ismael Enrique Arciniegas , escritor e político colombiano .
1944 - Edvard Munch , pintor noruegués .
1947 - Pierre Bonnard , pintor francés .
1947 - José Calviño Domínguez , avogado e político galego.
1956 - Alexander Korda , cineasta e produtor británico de orixe húngara .
1976 - Erminio Blotta , escultor arxentino .
1977 - Óscar Hurtado , escritor cubano , pai da ciencia ficción cubana .
1986 - Joseph Beuys , artista alemán .
1989 - Salvador Dalí , pintor catalán.
1995 - Gregorio Ordóñez , político vasco (n. 1958).
2002 - Pierre Bourdieu , sociólogo francés .
2007 - Ryszard Kapuściński , xornalista e escritor polaco (n. 1932).
2007 - Francesco Masala , poeta e ensaísta sardo (n. 1916).
Rodríguez Sánchez, Francisco (2022). Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV) I . Asociación Socio-Pedagóxica Galega. p. 49. ISBN 978-84-949659-4-4 .