Deputación de Barcelona
Institución supramunicipal que agrupa 311 municipios da demarcacióm de Barcelona. From Wikipedia, the free encyclopedia
Institución supramunicipal que agrupa 311 municipios da demarcacióm de Barcelona. From Wikipedia, the free encyclopedia
A Deputación de Barcelona (en catalán: Diputació de Barcelona) é unha institución pública de Cataluña que presta servizos directos aos cidadáns e presta apoio técnico, económico e tecnolóxico aos concellos dos 311 municipios da provincia de Barcelona. Ademais, coordina algúns servizos municipais e organiza servizos de carácter supramunicipal. Ten a súa sede central na cidade de Barcelona.
O ámbito territorial da Deputación de Barcelona alcanza o 24 % do total da superficie de Cataluña, prestando servizo a preto do 75 % do total da poboación catalá.
A Deputación de Barcelona foi creada en 1836, como consecuencia da organización de España en provincias. Naquela época exerceu competencias en materia de obras públicas, educación, beneficencia, así como funcións intermedias entre os municipios e a administración do estado.
Desde a recuperación da democracia en España, foron presidentes da Deputación Josep Tarradellas, Francesc Martí i Jusmet, Antoni Dalmau, Manuel Royes, José Montilla, Celestino Corbacho Chaves, Antonio Fogué Moya e Salvador Esteve i Figueras.
De acordo coa disposición transitoria primeira da Lei de vigairías de Cataluña, tras as eleccións municipais do 22 de maio de 2011, a Deputación será substituída polo Consello de Veguería de Barcelona, con todo debido á recente sentenza do Tribunal Constitucional, fai unha reinterpretación pola cal esta medida non levará a cabo.
A sede central da Deputación de Barcelona sitúase en Can Serra, edificio modernista de Josep Puig i Cadafalch sito na Rambla de Catalunya, 126, en confluencia coa Avinguda Diagonal, en Barcelona. En 1987, tras a restauración da democracia, a deputación trasladouse desde o Palau de la Generalitat a este edificio, previa remodelación do arquitecto Federico Correa.
Máis aló de Can Serra, as instalacións da Deputación de Barcelona repártense noutros edificios da cidade de Barcelona, entre eles a Escola Industrial, o recinto da Casa de Maternidade e o recinto Mundet.
Os presidentes despois da guerra civil española foron:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.