Pintor , ilustrador e litógrafo francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Pierre Bonnard, nado en Fontenay-aux-Roses (Altos do Sena) o 3 de outubro de 1867 e finado en Le Cannet (Var) o 23 de xaneiro de 1947, foi un pintor, ilustrador e litógrafo francés.
Dedicou o seu talento á publicidade e á produción artística. Adóitaselle incluír dentro do movemento dos Nabis con Paul Sérusier, Maurice Denis, Paul Ranson, Edouard Vuillard, Xavier Roussel ou Félix Vallotton, influídos por Paul Gauguin e o xaponismo. A súa produción tardía considérase precursora da pintura abstracta, polo menos nalgunha das súas variantes.
Moi especialmente marcado pola tendencia dos Nabis, que teñen unha concepción diferente da perspectiva e do espazo que se atopa en kakemono, Pierre Bonnard adquire entón o alcume de "Nabi xaponard". Este movemento tiña tamén por características a exaltación da cor, a simplificación da forma e a sublimación do cotián, ao cal os Nabis danlle un carácter atemporal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.