Remove ads
filósofo, historiador, xurista e crítico literario italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Giambattista Vico[1], nado en Nápoles o 23 de xuño de 1668 e finado na mesma cidade o 23 de xaneiro de 1744, foi un filósofo da historia napolitano. Pasou a maior parte da súa vida como profesor de Retórica na Universidade de Nápoles, aínda que tamén foi avogado e escribiu varios libros sobre filosofía. A orixinalidade do seu seu pensamento está plenamente expresada na súa obra cumio Scienza nuova, que se publicou no ano 1725 e que posteriormente foi ampliada e reestruturada noutras edicións de 1730 e 1744.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giovan Battista Vico 23 de xuño de 1668 Nápoles (Reino de Nápoles) |
Morte | 23 de xaneiro de 1744 (75 anos) Nápoles (Reino de Nápoles) |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Nápoles Frederico II |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo, recompilador de contos fantásticos, historiador, sociólogo, xurista |
Empregador | Universidade de Nápoles Frederico II |
Membro de | |
Profesores | Francesco Verde (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Teresa Caterina Destito |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, Enciclopedia de Otto |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Fillo dun libreiro, pronto se instruíu en escolas secundarias locais e con diversos profesores xesuítas, rematando os seus estudos na Universidade de Nápoles, onde se graduou como Doutor en Dereito Civil e Canónico.
En 1686 saíu de Nápoles para Vatolla, onde desempeñou o papel de titor dos fillos de Domenico Rocca. Volveu a Nápoles no 1965 e catro anos despois casou con Teresa Caterina Destito coa que tivo oito fillos, dos que sobreviviron cinco.
O pensamento de Vico xa chegara ás clases altas, pero foi despois da tradución da súa obra Scienza nuova cando o seu pensamento chegou a un público máis amplo. Da súa docencia proveñen as Seis Oracións Inaugurais, que escribiu para o inicio os seus anos académicos que transcorreron entre 1699 e 1707.
No seu pensamento, que queda claramente reflectido na súa obra Scienza nuova, Vico explica como ve a historia da humanidade de maneira espiral, no que se ve como os homes que comezan sendo libres, se van diferenciando en clases dominantes e dominadas. As clases dominadas relévanse e volven ser libres comezando un ciclo de novo.
Os seus Discursos inaugurais organízanse en torno a catro temas principais. O primeiro punto é o "obxectivo do estudo axeitado da natureza humana", e lévase a primeira tres Discursos Inaugurais". O educador, escribiu Vico, debe estar familiarizado coa predisposición natural da alma humana e deben estimular o alumno a desenvolver esa familiaridade tamén. O obxectivo do estudo é identificar o camiño que leva do coñecemento á sabedoría. No primeiro discurso inaugural, "o educador invitou o alumno a "cultivar sempre a forza divina da mente". Vico non se distancia dos temas familiares da súa educación xesuíta, con todo, o poder creativo do ser humano tamén foi importante e foi un dos puntos fixos de filosofía clásica.
No segundo discurso inaugural, Vico introduciu os temas da virtude e da sabedoría. Estes deben adornar a alma humana "e transformar a aprendizaxe, que é estéril e rudimentaria, en coñecemento". O último é un obxectivo común para o cal todos os profesores e alumnos deben apuntar. O establecemento dunha comuñón de fins é fundamental para un sistema de educación. Vico engadiu no Discurso Inaugural terceiro que esta complicidade entre mestre e discípulo "disipa o simulado e aprendizaxe inútil".
Vico comezou a escribir como poeta. Empezou a abordar temas filosóficos cos seus seis Discursos Inaugurais. En 1707 deu a sétima oración, intentando que fose un aumento da filosofía de Bacon. En 1711 crea De antiquissima Italorum sapientia ex linguae latinae originibus eruenda tres libri e de aí para adiante publica diversas obras que remataron sendo importantes:
O punto de partida da filosofía de Vico é a cuestión da verdade, que para Descartes era ofrecida ao home dentro do ámbito daquelas ideas claras e distintas que lle resultaban «evidentes».
Vico opoñerase con firmeza a esta concepción racionalista que, á súa maneira de ver, desenténdese da creatividade, que constitúe a facultade máis propiamente humana. Así, segundo a súa soada afirmación, « Verum et factum reciprocantur seu convertuntur»: isto é, o verdadeiro e o feito convértense o un no outro e coinciden.
É este o principio da filosofía de Vico, o que establece o nexo entre a verdade e a produción, segundo o cal a única verdade que pode ser coñecida radica nos resultados da acción creadora, da produción.
Por isto, ademais, soamente Deus coñece a totalidade do mundo, en canto créao continuamente; ao home só lle está reservado o posto máis humilde de demiúrgo da historia e artífice do seu propio destino, sendo a historia e a súa vida os únicos obxectos posibles do seu coñecemento en tanto son produtos seus. Do mesmo xeito, o outro campo en que pode alcanzar a verdade, é o da matemática, da cal, en certo sentido, tamén é produtor.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.