Tempada 2018/19 do Deportivo da Coruña
From Wikipedia, the free encyclopedia
Durante a tempada 2018–19 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División (afrontando a súa 40.ª campaña na categoría de prata), logrando o sexto posto e o dereito a xogar a eliminatoria de ascenso a Primeira División, onde caeu na segunda eliminatoria fronte o RCD Mallorca. Tamén competiu na Copa do Rei, onde caeu na segunda eliminatoria fronte o Real Zaragoza.
Tempada 2018–19 | ||||
Presidente | Constantino Fernández (ata o 28 de maio) Paco Zas (desde o 28 de maio) | |||
---|---|---|---|---|
Adestrador | Natxo González (ata o 7 de abril) José Luis Martí (desde o 8 de abril) | |||
Estadio | Riazor | |||
Segunda División | 6.º | |||
Copa do Rei | Segunda rolda | |||
Goleador | Quique González (16 goles) | |||
| ||||
|
Resumo da tempada
Maio
O 23 de maio o club anunciou a primeira incorporación para a tempada 2018–19. O gardameta vigués Dani Giménez, procedente do Real Betis, firmou por dúas campañas.[1]
O 25 de maio anunciouse o traspaso do dianteiro romanés Florin Andone ao Brighton & Hove Albion F.C. inglés.[2] A operación cifrouse en 6 millóns de euros.[3]
O 28 de maio o club anunciou que o adestrador do Deportivo Fabril, o uruguaio Gustavo Munúa, non continuará á fronte do filial a vindeira campaña.[4]
O 29 de maio iniciáronse as obras de substitución das cubertas do estadio de Riazor, anunciadas en 2017, cun investimento próximo aos 7,2 millóns de euros.[5]
Xuño
O 15 de xuño o club anunciou contratación do técnico coruñés Tito Ramallo para o Deportivo Fabril, procedente do CCD Cerceda.[6] Ramallo xa fora o adestrador do filial entre 2001 e 2012, e contará con Manuel Pablo como segundo adestrador.[7] Horas máis tarde anunciouse un acordo co adestrador vasco Natxo González (técnico do Real Zaragoza), para facerse cargo do primeiro equipo durante unha campaña, con opción a outra.[8] Foi presentado o 20 de xuño.[9]
Ese mesmo día anunciouse o traspaso do defensa portugués Luisinho Correia ao SD Huesca, sendo o terceiro xogador en abandonar a disciplina branquiazul.[10] Firma por dous anos co club aragonés, logo de cinco temporadas como xogador deportivista.[11] Máis tarde anunciouse a fichaxe do defensor arxentino Sebastián Dubarbier, procedente do Estudiantes de La Plata.[12]
O 16 de xuño o club anunciou a reincorporación do mediocampista coruñés Álex Bergantiños, cedido o ano anterior no Sporting de Gijón.[13]
O 28 de xuño anunciouse a incorporación do centrocampista valenciano Pedro Sánchez, procedente do Granada CF e firmando por dous anos.[14] Chegou libre tras non renovar co seu anterior club.[15] Horas máis tarde informouse da contratación de Yvan Castillo como adestrador de porteiros, procedente do Reus Deportiu.[16]
Ese mesmo día o club anunciou a fichaxe do dianteiro venezolano Christian Santos, procendente do Deportivo Alavés e firmando por dúas tempadas con opción a unha terceira.[17] Chega libre tras desvincularse do seu anterior club.[18]
Xullo
O 1 de xullo anunciouse a incorporación do defensa valenciano Pablo Marí, cedido por unha campaña polo Manchester City F.C.[19]
O 2 de xullo o club comunicou a contratación de Ángel Becerra como novo secretario técnico do Deportivo, procedente do Extremadura UD onde foi director deportivo.[20]
O 7 de xullo anunciouse unha nova cesión do defensa oleirense Róber Pier, que xogará unha campaña máis no Levante UD.[21]
O 10 de xullo o club lamentou o pasamento do centrocampista andaluz Manuel Castillo, xogador branquiazul tempada 1974–75, a única en Terceira División do Deportivo.[22]
O 14 de xullo anunciouse a fichaxe do dianteiro uruguaio Guillermo May, procedente do Nacional de Montevideo, para xogar no Deportivo Fabril, cun contrato por dous anos con opción a outros dous.[23]
O 17 de xullo o FC Girondins de Bordeaux oficializou o traspaso do dianteiro uruguaio Diego Rolan ao Deportivo.[24] O montante da operación estimouse en 5,5 millóns de euros.[25] Días despois anunciouse a súa saída, cedido ao CD Leganés.[26]
O 24 de xullo de 2018 o club anunciou a fichaxe do gardameta alacantino Adrián Ortolá, cedido por unha campaña polo FC Barcelona con opción de compra.[27]
Agosto
O 16 de agosto o club anunciou o traspaso do mediocampista costarriqueño Celso Borges ao Göztepe SK de Turquía.[28] A operación pechouse entre 1,3 e 1,5 millóns de euros.[29] Ese mesmo día anunciouse a contratación do centrocampista colombiano Didier Moreno, procedente do Independiente Medellín, cedido por unha campaña con opción de compra.[30] Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde.[31]
O 17 de agosto o club anunciou a fichaxe do centrocampista canario Vicente Gómez, procedente do UD Las Palmas, por tres temporadas.[32] A operación pechouse nunha cantidade superior ao medio millón de euros.[33] Horas máis tarde anunciouse o traspaso do mediocampista brasileiro Guilherme dos Santos ao Olympiacos F.C. grego.[34] O montante da operación estivo próximo aos 2,5 millóns de euros.[35]
O 22 de agosto anunciouse a incorporación do defensa italiano Michele Somma, procedente do SSC Bari, cun contrato por dúas tempadas.[36] Foi presentado días máis tarde.[37]
O 24 de agosto o club anunciou a renovación do porteiro nixeriano Francis Uzoho por tres temporadas,[38] así como a súa saída en calidade de cedido ao Elche CF, de Segunda División.[39]
O 30 de agosto anunciouse a fichaxe do dianteiro sevillano Carlos Fernández, procedente do Sevilla FC, cedido por unha campaña.[40][41]
O 31 de agosto anunciouse a rescisión do contrato do porteiro Przemysław Tytoń.[42]
Setembro
O 1 de setembro o club anunciou a cesión do defensa Raúl Albentosa ao Gimnàstic de Tarragona, de Segunda División, durante unha campaña.[43]
Outubro
O 22 de outubro o club anunciou a rescisión do contrato do adestrador do Deportivo Fabril Tito Ramallo, logo dunha vitoria, un empate e sete derrotas.[44] Un día máis tarde anunciouse o seu substituto, o técnico castellonenco Sergio Pellicer, procedente do corpo técnico do Málaga CF.[45]
O 23 de outubro o club anunciou a convocatoria a xunta xeral ordinaria e extraordinaria de accionistas, para o 27 de novembro (en primeira convocatoria) e 28 de novembro (en segunda), coa fin de aprobar as contas da pasada campaña.[46]
Novembro
O 14 de novembro disputouse a 73.ª edición do Trofeo Teresa Herrera, adiado desde o verán pola reforma das cubertas de Riazor. O partido enfrontou o Deportivo co Athletic Club e rematou en empate (2–2), levando este último o trofeo logo da quenda de penaltis.[47] Horas antes disputouse a final feminina, tamén entre o Deportivo da Coruña e o Athletic Club, que se impuxo por un gol ás coruñesas, logrando o título por segundo ano consecutivo.[48]
Xaneiro
O 15 de xaneiro anunciouse a cesión do defensa do filial Diego Villares ao Racing Vilalbés, de Terceira División, até o remate da actual campaña.[49] Horas máis tardes o club anunciou igualmente a saída do defensa catalán Gerard Valentín (que tan só disputou un partido de liga) ao CD Lugo, cedido até o final da temporada.[50]
O 16 de xaneiro anunciouse a chegada do defensa canario Carlos Ramírez "Leto" como reforzo para o Deportivo Fabril, procedente do Lleida Esportiu até o final da temporada.[51]
O 21 de xaneiro o club anunciou a fichaxe para o equipo filial do defensa gaditano Juanmi Carrión, cedido polo UD Melilla até o final da campaña.[52]
O 23 de xaneiro anunciouse a rescisión do contrato do defensa coruñés do equipo filial, Blas Alonso.[53] Horas máis tarde anunciouse a súa fichaxe polo Unionistas de Salamanca, equipo da Segunda División B, até o final da temporada.[54] Ese mesmo día o club anunciou a rescisión do contrato do defensa valenciano Raúl Albentosa, cedido a primeira parte da campaña no Gimnàstic de Tarragona.[55]
O 30 de xaneiro o club anunciou o traspaso do centrocampista valenciano Carles Gil, que marcha á liga norteamericana para xogar no New England Revolution.[56] A operación estimouse nun millón e medio de euros.[57]
O 31 de xaneiro o Deportivo anunciou dúas incorporacións. En primeiro lugar, o centrocampista arxentino Nahuel Leiva, cedido até o final da temporada polo Olympiacos F.C.[58] Máis tarde anunciouse a fichaxe do veterano defensa rioxano Íñigo López, procedente do Extremadura UD, firmando até o remate da campaña.[59] Ese mesmo día anunciouse unha nova cesión para o porteiro nixeriano Francis Uzoho, que finaliza o seu paso polo Elche CF e marcha até o remate da temporada ao Anorthosis Famagusta FC chipriota.[60]
Febreiro
O 4 de febreiro o club anunciou a destitución de mutuo acordo do adestrador do Deportivo Fabril, o castellonenco Sergio Pellicer, co equipo como último clasificado a 11 puntos da permanencia.[61] Minutos máis tarde anunciouse que o seu substituto sería o teense Luisito, até o final da temporada.[62]
Marzo
O 5 de marzo anunciouse a fichaxe do centrocampista portugués Vítor Silva, a proba xa desde mediados de febreiro, procedente do CF Reus, firmando polo que resta da tempada.[63] Foi presentado uns días máis tarde.[64]
Abril
O 7 de abril foi destituído o adestrador Natxo González, logo dunha derrota en Riazor fronte o Rayo Majadahonda (0–2). A súa bagaxe foi de 13 vitorias, 15 empates e 5 derrotas.[65] Un día máis tarde anunciouse a contratación de José Luis Martí, firmando polo que resta da tempada e unha máis en caso de ascenso.[66]
O 14 de abril o Deportivo Fabril descendeu matematicamente a Terceira División, tras perder contra o Atlético de Madrid B (0–2) en Abegondo, a falta de 6 xornadas para rematar o campionato.[67]
O 15 de abril o defensa pontés Quique Fornos desvinculouse do Deportivo Fabril para firmar polo Racing de Ferrol.[68]
O 22 de abril, tras a derrota en Riazor fronte o Extremadura UD (1–2) no día anterior, o Consello de Administración anunciou a súa dimisión.[69] Días máis tarde anunciouse convocatoria para Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas para o 27 e 28 de maio (en primeira e segunda convocatoria), onde sairá elixido o novo Consello de Administración.[70]
Maio
O 28 de maio, en segunda convocatoria da Xunta Extraordinaria de Accionistas, saíu elixida a candidatura de Paco Zas para presidir o club, acompañado polos conselleiros Juan Manuel Sánchez Padrós, Jorge Borrajo Dios, Alberto Méndez Rodríguez, Jesús Chapela Rey e Pablo Ruiz Cuadrado. Convértese así no 43.º presidente do Deportivo da Coruña.[71]
O 31 de maio o canteirán coruñés do equipo filial Jorge Valín renovou o seu contrato por dúas temporadas con opción de ampliación, sendo este o primeiro movemento da nova directiva branquiazul.[72]
Xuño
O 1 de xuño a Liga de Fútbol Profesional anunciou o adiamento dos encontros da 41.ª xornada debido ao falecemento de José Antonio Reyes, xogador do Extremadura UD, para o martes 4 de xuño.[73]
O 21 de xuño o club anunciou a continuidade por unha campaña máis do técnico do filial, o teense Luisito, de cara a seguinte campaña do Deportivo Fabril tras o descenso a Terceira División.[74]
Material deportivo
O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.
Persoal
Corpo técnico
Cargo | Nome |
---|---|
Adestrador | José Luis Martí |
2.º adestrador | Fabián Rivero |
Ad. axudante | Alejandro Esteve |
Ad. de porteiros | Yván Castillo |
Prep. físicos | Julio Hernando |
Moisés de Hoyo | |
José Ángel Franganillo | |
Analista | David Sánchez |
Consello de administración
Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | Paco Zas |
Conselleiros | Jorge Borrajo |
Jesús Chapela | |
Alberto Méndez | |
Pablo Ruiz | |
Juan Manuel Sánchez-Padrós |
- Última actualización: 28 de maio de 2019
- Fonte: Corpo técnico, Consello de administración
Mercado de fichaxes
Altas
Data | Pos. | Nome | Procedencia | Prezo |
---|---|---|---|---|
23 de maio de 2018 | POR | ![]() |
![]() |
Libre |
15 de xuño de 2018 | DEF | ![]() |
![]() |
Libre |
16 de xuño de 2018 | MED | ![]() |
![]() |
Fin cesión |
28 de xuño de 2018 | MED | ![]() |
![]() |
Libre |
DIA | ![]() |
![]() |
Libre | |
1 de xullo de 2018 | DEF | ![]() |
![]() |
Cesión |
17 de xullo de 2018 | DIA | ![]() |
![]() |
5.500.000 € |
24 de xullo de 2018 | POR | ![]() |
![]() |
Cesión |
16 de agosto de 2018 | MED | ![]() |
![]() |
Cesión |
17 de agosto de 2018 | MED | ![]() |
![]() |
500.000 € |
22 de agosto de 2018 | DEF | ![]() |
![]() |
Libre |
30 de agosto de 2018 | DIA | ![]() |
![]() |
Cesión |
31 de xaneiro de 2019 | MED | ![]() |
![]() |
Cesión |
DEF | ![]() |
![]() |
Libre | |
5 de marzo de 2019 | MED | ![]() |
![]() |
Libre |
Baixas
Data | Pos. | Nome | Destino | Prezo |
---|---|---|---|---|
25 de maio de 2018 | DIA | ![]() |
![]() |
6.000.000 € |
15 de xuño de 2018 | DEF | ![]() |
![]() |
|
7 de xullo de 2018 | DEF | ![]() |
![]() |
Cesión |
26 de xullo de 2018 | DIA | ![]() |
![]() |
Cesión |
16 de agosto de 2018 | MED | ![]() |
![]() |
1.500.000 € |
17 de agosto de 2018 | MED | ![]() |
![]() |
2.500.000 € |
24 de agosto de 2018 | POR | ![]() |
![]() |
Cesión |
31 de agosto de 2018 | POR | ![]() |
Rescisión | Libre |
1 de setembro de 2018 | DEF | ![]() |
![]() |
Cesión |
15 de xaneiro de 2019 | DEF | ![]() |
![]() |
Cesión |
23 de xaneiro de 2019 | DEF | ![]() |
Sen equipo | Rescisión |
30 de xaneiro de 2019 | MED | ![]() |
![]() |
1.500.000 € |
31 de xaneiro de 2019 | POR | ![]() |
![]() |
Cesión |
Partidos
Vitoria Empate Derrota Aprazado
Pretempada e amigables
Amigable 21 de xullo de 2018 | Deportivo | v | Deportivo Fabril | Abegondo, Galicia | ||
Estadio: Cidade Deportiva | ||||||
Amigable 25 de xullo de 2018 | Bergantiños | v | Deportivo | Carballo, Galicia | ||
20:00 CEST | Estadio: As Eiroas | |||||
Amigable 28 de xullo de 2018 | Ponferradina | v | Deportivo | Ponferrada, España | ||
20:00 CEST | Estadio: El Toralín | |||||
Amigable 1 de agosto de 2018 | Valladolid | v | Deportivo | Bembibre, España | ||
20:00 CEST | Estadio: La Devesa | |||||
Amigable 8 de agosto de 2018 | Lugo | v | Deportivo | Lugo, Galicia | ||
20:00 CEST | Estadio: Anxo Carro | |||||
Amigable 11 de agosto de 2018 | Deportivo | v | Oviedo | Foz, Galicia | ||
Estadio: Municipal | ||||||
T. Herrera 14 de novembro de 2018 | Deportivo | 2 – 2 (1–4 p) |
Athletic Club | A Coruña, Galicia | ||
20:45 CET | Santos ![]() Saúl ![]() |
Informe | Córdoba ![]() Aduriz ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 8.500[75] Árbitro: Pérez Pallas | ||
Penaltis | ||||||
Segunda División
- Artigo principal: Segunda división española 2018/19.
1 17 de agosto de 2018 | Albacete | 1 – 1 | Deportivo | Albacete | ||
22:00 CEST | Tejero ![]() Zozulya ![]() Manaj ![]() |
Informe | D. Simón ![]() Pedro S. ![]() Caballo ![]() Duarte ![]() ![]() Krohn-Dehli ![]() |
Estadio: Carlos Belmonte Asistencia: 5.934[76] Árbitro: Pizarro Gómez | ||
2 24 de agosto de 2018 | Extremadura | 0 – 1 | Deportivo | Almendralexo (Badaxoz) | ||
22:00 CEST | Álex ![]() Fausto ![]() Díez ![]() Amado ![]() |
Informe | Quique ![]() Vicente ![]() Santos ![]() |
Estadio: Francisco de la Hera Asistencia: 10.827[77] Árbitro: De La Fuente Ramos | ||
3 1 de setembro de 2018 | Tenerife | 2 – 2 | Deportivo | Tenerife | ||
20:30 CEST | Alberto ![]() J. Rodríguez ![]() Acosta ![]() ![]() Jorge ![]() |
Informe | Quique ![]() Bergantiños ![]() Mosquera ![]() B. Valle ![]() |
Estadio: Heliodoro Rodríguez López Asistencia: 12.139[78] Árbitro: Figueroa Vazquez | ||
4 9 de setembro de 2018 | Deportivo | 1 – 0 | Sporting de Gijón | A Coruña | ||
20:45 CEST | C. Fernández ![]() D. Moreno ![]() Marí ![]() |
Informe | Cofie ![]() ![]() ![]() Á. Pérez ![]() A. Sousa ![]() N. Méndez ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 15.958[79] Árbitro: Sagues Oscoz | ||
5 15 de setembro de 2018 | Alcorcón | 1 – 0 | Deportivo | Alcorcón (Madrid) | ||
20:00 CEST | Burgos ![]() Muñoz ![]() Nono ![]() ![]() Toribio ![]() Bellvís ![]() Rodas ![]() |
Informe | Pedro S. ![]() D. Simón ![]() Moreno ![]() Krohn-Dehli ![]() ![]() ![]() |
Estadio: Santo Domingo Asistencia: 3.252[80] Árbitro: Gorostegui Fernández Ortega | ||
6 24 de setembro de 2018 | Deportivo | 2 – 1 | Granada | A Coruña | ||
21:00 CEST | Quique ![]() ![]() Marí ![]() |
Informe | Montoro ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 13.820[81] Árbitro: Moreno Aragón | ||
7 30 de setembro de 2018 | Gimnàstic | 1 – 3 | Deportivo | Tarragona | ||
20:30 CEST | Morente ![]() ![]() |
Informe | Quique ![]() ![]() C. Fernández ![]() Saúl ![]() Duarte ![]() Santos ![]() |
Estadio: Nou Estadi Asistencia: 5.790[82] Árbitro: Areces Franco | ||
8 7 de outubro de 2018 | Deportivo | 1 – 1 | Málaga | A Coruña | ||
18:00 CEST | C. Fernández ![]() Quique ![]() Santos ![]() |
Informe | Juanpi ![]() Harper ![]() N'Diaye ![]() Ontiveros ![]() Iván R. ![]() Adrián G. ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 18.362[83] Árbitro: Díaz de Mera Escuderos | ||
9 12 de outubro de 2018 | Deportivo | 4 – 0 | Elche | A Coruña | ||
21:00 CEST | C. Fernández ![]() ![]() ![]() D. Simón ![]() B. Valle ![]() |
Informe | Nino ![]() Neyder ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 17.159[84] Árbitro: Pizarro Gómez | ||
10 20 de outubro de 2018 | Córdoba | 1 – 1 | Deportivo | Córdoba | ||
20:00 CEST | Galán ![]() Quintanilla ![]() Loureiro ![]() |
Informe | Quique ![]() Saúl ![]() Marí ![]() ![]() ![]() Duarte ![]() B. Valle ![]() |
Estadio: Nuevo Arcángel Asistencia: 10.604[85] Árbitro: Ais Reig | ||
11 27 de outubro de 2018 | Deportivo | 2 – 0 | Reus | A Coruña | ||
16:00 CEST | C. Fernández ![]() D. Simón ![]() Pedro S. ![]() |
Informe | Estadio: Riazor Asistencia: 15.576[86] Árbitro: Trujillo Suárez | |||
12 3 de novembro de 2018 | Las Palmas | 1 – 1 | Deportivo | As Palmas | ||
20:30 CET | R. de Galarreta ![]() Lemos ![]() Deivid ![]() Timor ![]() |
Informe | C. Fernández ![]() Caballo ![]() Duarte ![]() |
Estadio: Gran Canaria Asistencia: 15.499[87] Árbitro: Soto Grado | ||
13 10 de novembro de 2018 | Deportivo | 4 – 0 | Oviedo | A Coruña | ||
20:30 CET | Duarte ![]() Quique ![]() ![]() C. Fernández ![]() |
Informe | Estadio: Riazor Asistencia: 18.862[88] Árbitro: Ocón Arráiz | |||
14 19 de novembro de 2018 | Almería | 1 – 1 | Deportivo | Almería | ||
21:00 CET | Narváez ![]() Romera ![]() |
Informe | Expósito ![]() Cartabia ![]() |
Estadio: Juegos Mediterráneos Árbitro: Ávalos Barrera | ||
15 24 de novembro de 2018 | Deportivo | 2 – 0 | Osasuna | A Coruña | ||
18:00 CET | C. Fernández ![]() ![]() D. Simón ![]() Marí ![]() Duarte ![]() |
Informe | Mérida ![]() Clerc ![]() Brandon ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 13.625[89] Árbitro: Gorostegui Fernández Ortega | ||
16 2 de decembro de 2018 | Rayo Majadahonda | 0 – 0 | Deportivo | Majadahonda (Madrid) | ||
12:00 CET | Carcelén ![]() Morillas ![]() |
Informe | Somma ![]() G. Valentín ![]() |
Estadio: Cerro del Espino Asistencia: 2.812[90] Árbitro: Trujillo Suárez | ||
17 8 de decembro de 2018 | Deportivo | 2 – 2 | Numancia | A Coruña | ||
13:00 CET | Expósito ![]() B. Valle ![]() Saúl ![]() ![]() ![]() Vicente ![]() |
Informe | Medina ![]() Diamanka ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 15.658[91] Árbitro: Arcediano Monescillo | ||
18 16 de decembro de 2018 | Deportivo | 3 – 1 | Zaragoza | A Coruña | ||
18:00 CET | B. Valle ![]() Vicente ![]() Duarte ![]() Quique ![]() |
Informe | Ros ![]() Verdasca ![]() Lasure ![]() Igbekeme ![]() Gual ![]() Benito ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 14.368[92] Árbitro: Pulido Santana | ||
19 22 de decembro de 2018 | Cádiz | 3 – 0 | Deportivo | Cádiz | ||
20:45 CET | Lekić ![]() M. Mauro ![]() Vallejo ![]() Jairo ![]() Carrillo ![]() Carmona ![]() Alberto ![]() |
Informe | Marí ![]() Duarte ![]() |
Estadio: Ramón de Carranza Asistencia: 14.126[93] Árbitro: Díaz de Mera Escuderos | ||
20 6 de xaneiro de 2019 | Deportivo | 0 – 0 | Lugo | A Coruña | ||
17:30 CET | Saúl ![]() Bergantiños ![]() Duarte ![]() |
Informe | Herrera ![]() J. Carlos ![]() ![]() ![]() Pita ![]() Dongou ![]() ![]() ![]() J. Carlos ![]() Kravets ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 21.687[94] Árbitro: Ávalos Barrera | ||
21 12 de xaneiro de 2019 | Mallorca | 1 – 0 | Deportivo | Palma | ||
20:30 CET | L. Junior ![]() |
Informe | Duarte ![]() Vicente ![]() |
Estadio: Son Moix Asistencia: 7.593[95] Árbitro: Ais Reig | ||
22 20 de xaneiro de 2019 | Deportivo | 2 – 0 | Albacete | A Coruña | ||
18:00 CET | Cartabia ![]() B. Valle ![]() |
Informe | Gentiletti ![]() Tejero ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 16.525[96] Árbitro: Vicandi Garrido | ||
23 27 de xaneiro de 2019 | Sporting de Gijón | 1 – 2 | Deportivo | Xixón (Asturias) | ||
18:00 CET | Đurđević ![]() C. Salvador ![]() Geraldes ![]() |
Informe | Bergantiños ![]() Santos ![]() Giménez ![]() Duarte ![]() V. Gómez ![]() C. Fernández ![]() |
Estadio: El Molinón Asistencia: 20.627[97] Árbitro: Pulido Santana | ||
24 2 de febreiro de 2019 | Deportivo | 0 – 0 | Tenerife | A Coruña | ||
20:30 CET | Moreno ![]() Caballo ![]() |
Informe | Račić ![]() Lasso ![]() Milla ![]() Naranjo ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 18.188[98] Árbitro: López Toca | ||
25 10 de febreiro de 2019 | Granada | 0 – 1 | Deportivo | Granada | ||
18:00 CET | Montoro ![]() Puertas ![]() Rodri ![]() Aarón ![]() A. Ramos ![]() Quini ![]() |
Informe | D. Simón ![]() Quique ![]() Moreno ![]() Caballo ![]() Duarte ![]() Nahuel ![]() |
Estadio: Nuevo Los Cármenes Asistencia: 13.128[99] Árbitro: Pizarro Gómez | ||
26 16 de febreiro de 2019 | Deportivo | 1 – 1 | Gimnàstic | A Coruña | ||
16:00 CET | Expósito ![]() Moreno ![]() |
Informe | Márquez ![]() Cotán ![]() Thioune ![]() Suárez ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 17.102[100] Árbitro: Soto Grado | ||
27 24 de febreiro de 2019 | Málaga | 0 – 0 | Deportivo | Málaga | ||
18:00 CET | Pacheco ![]() Ricca ![]() González ![]() Bare ![]() N'Diaye ![]() |
Informe | Bergantiños ![]() Mosquera ![]() |
Estadio: La Rosaleda Asistencia: 22.414[101] Árbitro: Gorostegui Fernández Ortega | ||
28 4 de marzo de 2019 | Deportivo | 2 – 2 | Alcorcón | A Coruña | ||
21:00 CET | D. Simón ![]() Quique ![]() ![]() Bergantiños ![]() |
Informe | Burgos ![]() Laure ![]() Nono ![]() Elgezabal ![]() Víctor ![]() ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 16.163[102] Árbitro: Milla Alvendiz | ||
29 10 de marzo de 2019 | Deportivo | 0 – 1 | Las Palmas | A Coruña | ||
20:00 CET | Marí ![]() Pedro S. ![]() Caballo ![]() Expósito ![]() |
Informe | R. de Galarreta ![]() Curbelo ![]() Aythami ![]() Fidel ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 16.244[103] Árbitro: De la Fuente Ramos | ||
30 17 de marzo de 2019 | Reus | 0 – 1 | Deportivo | Reus (Tarragona) | ||
Estadio: Estadi Municipal | ||||||
Nota: Vitoria automática para o Deportivo por descualificación do Reus. |
31 22 de marzo de 2019 | Deportivo | 0 – 0 | Almería | A Coruña | ||
21:00 CET | Vicente ![]() Cartabia ![]() |
Informe | Saveljich ![]() De la Hoz ![]() René ![]() Álvaro ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 16.310[104] Árbitro: Trujillo Suárez | ||
32 31 de marzo de 2019 | Oviedo | 1 – 1 | Deportivo | Oviedo | ||
18:00 CEST | Bárcenas ![]() Mossa ![]() Christian ![]() Folch ![]() Herrero ![]() |
Informe | Quique ![]() Bergantiños ![]() |
Estadio: Carlos Tartiere Asistencia: 18.000[105] Árbitro: Soto Grado | ||
33 6 de abril de 2019 | Deportivo | 0 – 2 | Rayo Majadahonda | A Coruña | ||
21:00 CEST | Vicente ![]() C. Fernández ![]() Moreno ![]() Vítor ![]() |
Informe | Benito ![]() Ruibal ![]() ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 15.800[106] Árbitro: Gorostegui Fernández Ortega | ||
34 13 de abril de 2019 | Osasuna | 2 – 1 | Deportivo | Pamplona | ||
18:00 CEST | R. García ![]() ![]() ![]() Rubén ![]() Rober ![]() |
Informe | Quique ![]() Marí ![]() Santos ![]() Duarte ![]() |
Estadio: El Sadar Asistencia: 16.383[107] Árbitro: Figueroa Vázquez | ||
35 21 de abril de 2019 | Deportivo | 1 – 2 | Extremadura | A Coruña | ||
16:00 CEST | Marí ![]() Vítor ![]() Moreno ![]() Santos ![]() |
Informe | R. Olabe ![]() ![]() Casto ![]() Pardo ![]() Zarfino ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 16.649[108] Árbitro: López Toca | ||
36 26 de abril de 2019 | Numancia | 1 – 2 | Deportivo | Soria | ||
21:00 CEST | Higinio ![]() Atienza ![]() Guillermo ![]() D. Rodríguez ![]() |
Informe | B. Valle ![]() ![]() Somma ![]() ![]() ![]() ![]() Expósito ![]() |
Estadio: Nuevo Los Pajaritos Asistencia: 3.500[109] Árbitro: Milla Alvendiz | ||
37 4 de maio de 2019 | Zaragoza | 0 – 1 | Deportivo | Zaragoza | ||
18:00 CEST | Eguaras ![]() Verdasca ![]() Nieto ![]() Guitián ![]() |
Informe | Marí ![]() Pedro S. ![]() |
Estadio: La Romareda Asistencia: 20.400[110] Árbitro: Vicandi Garrido | ||
38 12 de maio de 2019 | Deportivo | 1 – 1 | Cádiz | A Coruña | ||
16:00 CEST | Marí ![]() Quique ![]() Nahuel ![]() Cartabia ![]() |
Informe | Róber ![]() Matos ![]() Querol ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 18.534[111] Árbitro: Soto Grado | ||
39 19 de maio de 2019 | Lugo | 1 – 0 | Deportivo | Lugo | ||
20:00 CEST | Seoane ![]() Lazo ![]() Barreiro ![]() Pita ![]() |
Informe | C. Fernández ![]() Marí ![]() Ortolá ![]() |
Estadio: Anxo Carro Asistencia: 6.113[112] Árbitro: Sagués Oscoz | ||
40 27 de maio de 2019 | Deportivo | 1 – 0 | Mallorca | A Coruña | ||
21:00 CEST | Cartabia ![]() Duarte ![]() Marí ![]() Expósito ![]() C. Fernández ![]() |
Informe | Sastre ![]() Raíllo ![]() Á. López ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 13.585[113] Árbitro: Gorostegui Fernández Ortega | ||
41 2 de xuño de 2019 | Elche | v | Deportivo | Elx (Alacant) | ||
20:00 CEST | Estadio: Martínez Valero | |||||
Nota: Adiado ao 4 de xuño debido ao falecemento de José Antonio Reyes. |
41 4 de xuño de 2019 | Elche | 0 – 0 | Deportivo | Elx (Alacant) | ||
21:00 CEST | Azamoum ![]() Calvo ![]() Gonzalo ![]() N. Gil ![]() |
Informe | Duarte ![]() |
Estadio: Martínez Valero Asistencia: 5.914[114] Árbitro: Ávalos Barrera | ||
42 8 de xuño de 2019 | Deportivo | 2 – 0 | Córdoba | A Coruña | ||
20:30 CEST | B. Valle ![]() Pedro S. ![]() |
Informe | Loureiro ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 22.268[115] Árbitro: Vicandi Garrido | ||
Eliminatoria de ascenso
Semifinais
Ida 12 de xuño de 2019 | Deportivo | 4 – 2 | Málaga | A Coruña | ||
21:00 CEST | Pedro S. ![]() ![]() C. Fernández ![]() ![]() B. Valle ![]() |
Informe | L. Hernández ![]() I. Rodríguez ![]() Bare ![]() Ontiveros ![]() ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 24.267[116] Árbitro: Soto Grado | ||
Volta 15 de xuño de 2019 | Málaga | 0 – 1 | Deportivo | Málaga | ||
21:00 CEST | L. Hernández ![]() Bare ![]() Adrián G. ![]() Ontiveros ![]() |
Informe | Bóveda ![]() C. Fernández ![]() Giménez ![]() Bergantiños ![]() |
Estadio: La Rosaleda Asistencia: 27.275[117] Árbitro: Díaz de Mera Escuderos | ||
Final
Ida 20 de xuño de 2019 | Deportivo | 2 – 0 | Mallorca | A Coruña | ||
21:00 CEST | Cartabia ![]() Expósito ![]() Pedro S. ![]() Quique ![]() |
Informe | Pedraza ![]() L. Suárez ![]() Sastre ![]() Xisco ![]() L. Junior ![]() Reina ![]() Raíllo ![]() |
Estadio: Riazor Asistencia: 29.363[118] Árbitro: Trujillo Suárez | ||
Volta 23 de xuño de 2019 | Mallorca | 3 - 0 | Deportivo | Palma | ||
21:00 CEST | Budimir ![]() Sastre ![]() Sevilla ![]() ![]() Prats ![]() Reina ![]() |
Informe | Domingos ![]() Valle ![]() Pedro ![]() Simón ![]() |
Estadio: Son Moix Asistencia: 21.210[119] Árbitro: Pizarro Gómez | ||
Copa do Rei
- Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2018/19.
Segunda eliminatoria
Única 12 de setembro de 2018 | Zaragoza | 2 – 1 | Deportivo | Zaragoza | ||
21:00 CEST | Papunashvili ![]() Pombo ![]() Ratón ![]() |
Informe | Cartabia ![]() ![]() Gil ![]() Valentín ![]() Somma ![]() |
Estadio: La Romareda Asistencia: 18.400[120] Árbitro: Trujillo Suárez | ||
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.