futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Alberto Benito Correa, nado en Altafulla o 13 de xuño de 1992, é un futbolista español que xoga de lateral dereito no Reus, da Terceira División RFEF.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1992 (32 anos) Altafulla, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 68 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Formouse na canteira do Gimnàstic de Tarragona e na tempada 2010/11 debutou co seu filial, o Pobla de Mafumet, na Terceira División.[1] No verán de 2012 foi ascendido ao primeiro equipo do Nàstic en Segunda División B, aínda que mantivo ficha do filial. Foi o lateral dereito titular no equipo aquela tempada, disputando 29 partidos.
En xullo de 2013, despois de rematar contrato, asinou por dous anos co Sporting de Gijón B, da mesma categoría.[2] Xogou 48 partidos no club asturiano e marcou un gol contra o Celta de Vigo B.
Na tempada 2015/16 fichou polo CF Reus Deportiu, tamén de 2ªB.[3] Disputou 28 partidos de liga no equipo de Natxo González, contribuíndo a que o conxunto se proclamase campión do Grupo III, e disputou tamén os dous partidos da promoción contra o Racing de Santander, logrando o primeiro ascenso á Segunda División nos máis de 100 anos de historia do club.[4] Debutou na categoría de prata na primeira xornada da tempada 2016/17, na vitoria por 0-1 contra o RCD Mallorca en Son Moix, marcando el mesmo o primeiro gol do club na categoría.[5] Foi o lateral dereito titular durante toda a tempada, exceptuando os 11 encontros que perdeu debido a unha lesión de nocello e outra de ombreiro, contribuíndo a que o equipo lograse a permanencia de xeito cómodo.[6][7]
No verán de 2017, tanto el como o lateral esquerdo do Reus, Ángel Martínez, seguiron os pasos de Natxo González e ficharon polo Real Zaragoza, tamén en Segunda.[8] Xogou 56 partidos no club aragonés, 54 deles como titular, e disputou unha fase de ascenso a Primeira División, na que caeron eliminados contra o Numancia.
O 28 de xuño de 2019, asinou por dúas tempadas polo Albacete Balompié, tamén de Segunda División.[9] Xogou nel 57 partidos, descendendo ao remate da tempada 2020/21.
En xullo de 2021 fíxose oficial a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, para competir na primeira edición da Primeira División RFEF.[10] Debutou co club galego na vitoria por 0-1 da segunda xornada fronte ao Tudelano no Ciudad de Tudela.[11] Con todo, non atopou oco no equpo dirixido por Borja Jiménez, que contaba con outros tres xogadores para o lateral dereito (Víctor García, Trilli e Valín), polo que en xaneiro de 2022 o seu contrato foi rescindido e asinou coa Cultural Leonesa, da mesma categoría.[12]
No club leonés apenas tivo participación, disputando só cinco partidos. Ao remate da tempada baixou seis categorías para xogar co equipo do seu pobo, o Altafulla, na Terceira Catalá. En 2023 fichou polo Reus, da Terceira División RFEF.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.