From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio Cerro del Espino é un estadio de fútbol que forma parte da cidade deportiva do Atlético de Madrid, situada en Majadahonda, na Comunidade de Madrid.
Estadio Cerro del Espino | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°27′27″N 3°51′37″O |
Localización | Majadahonda, Madrid España |
Construción | |
Inauguración | 13 de setembro de 1995 |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 101,15x60 |
Capacidade | 3.376 |
Propietario | Concello de Olot |
Localía | Rayo Majadahonda Atlético de Madrid B Atlético de Madrid Femenino |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nel xogan os seus partidos como locais o Rayo Majadahonda, o Atlético de Madrid B e o Atlético de Madrid Femenino. Tamén é usado polo primeiro equipo masculino do Atlético de Madrid nos seus adestramentos.
Foi inaugurado o 13 de setembro de 1995 cun partido amigable entre o Rayo Majadahonda e o Atlético de Madrid que terminou con vitoria colchonera por 0-1. Ten unha capacidade de 3.376 localidades repartidas en tres bancadas separadas, de cores vermello e branco. A principal é a bancada de Preferencia, a única que conta con localidades cubertas, na que se atopan o palco e a zona reservada para a prensa escrita. Ten unha capacidade de 725 espectadores. Diante sitúase a bancada Lateral con 884 localidades, e por último, a bancada de Fondo, onde caben 1.767 espectadores.
Sufriu a súa primeira gran remodelación durante a tempada 1997-98, cando o Atlético de Madrid B comezou a xogar os seus partidos como local neste estadio e tiveron que realizarse algunhas obras para acondicionar o estadio ás exixencias da Liga de Fútbol Profesional. Conta con vestidores, cabinas de radio, sala de prensa, cabina de televisión e cafetería.
En 2018 tivo que ser remodelado novamente con motivo do ascenso do Rayo Majadahonda a Segunda División. O Atlético de Madrid cedeu ao Rayo o seu estadio, o Metropolitano, para disputar os primeiros partidos da tempada 2018-19 e evitar así o descenso de categoría por non cumprir o estadio Cerro del Espino os requisitos necesarios.
Pódese chegar en transporte público, coas liñas de autobús interurbano 561, 561A, 561B, 653, 654 e a liña urbana 1.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.