O Premio Nobel de Química ten sido entregado dende 1901 pola Real Academia das Ciencias de Suecia. 160 científicos ten sido laureados con este premio até 2018.
Datos rápidos Tipo, Campo de traballo ...
Pechar
2011-2020
- 2020 Emmanuelle Charpentier e Jennifer A. Doudna polo desenvolvemento do método de edición xenética mediante as ‘tesoiras’ CRISPR/Cas9.
- 2019 Jean-Pierre Sauvage , Sir J. Fraser Stoddart e Bernard L. Feringa polo deseño e síntese de máquinas moleculares
- 2018 Frances Arnold, polos seus traballos na evolución das enzimas, e mais a George P. Smith e Gregory Winter polas súas pescudas sobre péptidos e anticorpos.
- 2017 Richard Henderson, Joachim Frank e Jacques Dubochet, polos seus traballos sobre a criomicroscopía crioelectrónica, que permite obter imaxes de tamaño atómico.
- 2016 Jean-Pierre Sauvage, Fraser Stoddart e Ben Feringa, polo deseño e síntese de máquinas a unha escala molecular.
- 2015 Tomas Lindahl, Paul Modrich e Aziz Sancar, polo mapeo e explicación de como as células reparan o seu propio ADN e protexen a súa información xenética.
- 2014 Eric Betzig, Stefan Hell e William Moerner polo desenvolvemento de microscopios de superresolución baseados na fluorescencia.
- 2013 Martin Karplus, Michael Levitt e Arieh Warshel, polos desenvolvementos informáticos que permiten o estudo de procesos complexos, como a fotosíntese, a combustión ou o deseño de novas menciñas.
- 2012 Robert Lefkowitz e Brian Kobilka, polas súas investigacións nas proteínas que lles serven ás células para explorar o seu ambiente.
- 2011 Dan Shechtman, polo seu descubrimento da estrutura dos cuasicristais.