Robert H. Grubbs

químico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Robert H. Grubbs

Robert H. Grubbs, nado en Possum Trot (Kentucky) o 27 de febreiro de 1942 e finado o 19 de decembro de 2021, foi un químico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.

Traxectoria

Iniciou os seus estudos de Química na Universidade de Florida, continuounos na Universidade de Columbia (Nova York) e finalizounos na californiana de Stanford en 1969.

Pouco despois, entrou como profesor axudante na Universidade de Míchigan, onde en 1973 foi promovido a profesor asociado, pero cinco anos máis tarde regresou a California para exercer como catedrático de Química no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), posto no que continuou ata o seu falecemento.

Investigacións científicas

As súas investigacións en química órgano-metálica e química orgánica acerca da catálisis así como na metátese dos alcenos proporcionáronlle unha sólida reputación internacional e innumerables recoñecementos, como o premio da Sociedade Americana de Química e a medalla Benjamin Franklin do ano 2000.

Xunto ao francés Yves Chauvin e o seu colega estadounidense Richard R. Schrock comparte o Nobel de Química 2005 polo seu traballo na área da metátese olefínica.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Aaron Ciechanover,
Avram Hershko
e
Irwin Rose
Premio Nobel de Química

2005
con
Yves Chauvin,
Richard R. Schrock
Sucesor:
Roger D. Kornberg
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.