Hermann Staudinger

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hermann Staudinger

Hermann Staudinger, nado o 23 de marzo de 1881 en Worms (Alemaña) e finado o 8 de setembro de 1965 en Friburgo (Alemaña), foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1953.

Traxectoria

Naceu na cidade de Worms, situada no estado alemán de Renania-Palatinado. Fillo dun profesor de filosofía de Darmstadt, estudou química na Universidade de Halle, onde se doutorou en 1903, pensando en dedicarse máis tarde á bioloxía.

En 1907 foi nomeado profesor de química na Universidade de Estrasburgo, para pasar posteriormente pola Escola Superior Técnica de Karlsruhe en 1908, dar clases na Escola Superior Técnica Eidgenössische de Zürich, e na de Friburgo en 1926.

En 1934, o filósofo Martin Heidegger, reitor de Friburgo, decatouse de que Staudinger solicitara a cidadanía suíza durante a primeira guerra mundial, polo que o denunciou ante o ministerio de Educación local como un pacifista oculto. O ministerio solicitoulle a renuncia, pero Staudinger rexeitou, polo que o tema foi deixado de lado ante o escándalo internacional que puidese haberse suscitado.

Thumb
Tumba de Hermann Staudinger situada en Friburgo.

Staudinger morreu na súa residencia de Friburgo, situada no estado de Baden-Württemberg.

Investigacións científicas

Staudinger comeza as súas investigacións estudando os polímeros. En maio de 1922 publica un artigo na revista Helvetica Chimica Acta onde acuña o termo macromolécula e senta as bases da polimerización. En 1926 expón a súa hipótese de que un polímero é unha longa cadea de unidades pequenas unidas por enlaces covalentes.

Desde 1926 en adiante foi docente da Universidade de Friburgo.

Desde 1935 ampliou o seu estudo das solucións de polímeros aos poliésteres, o que lle permitiu descubrir a relación que vincula a viscosidade e o peso molecular.

Desde 1940 foi, ademais, investigador principal do Instituto de Química Macromolecular.

En 1953 recibiu o Premio Nobel de Química «polos seus descubrimentos no campo da química macromolecular». A súa muller, Magda Woit, foi coautora de varios dos seus traballos científicos.

Obras publicadas

  • 1912: Die Ketene
  • 1932: Die hochmolekularen organischen Verbindungen
  • 1939: Organischqualitative Analyse
  • 1947: Makromolekulare Chemie und Biologie
  • 1961: Memorias de traballo, libro autobiográfico.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Archer John Porter Martin
e
Richard Laurence Millington Synge
Premio Nobel de Química

1953
Sucesor:
Linus Pauling
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.