Lavoslav (Leopold) Ružička nado o 13 de setembro de 1887 en Vukovar (Croacia) e finado o 26 de setembro de 1976 en Zürich (Suíza)), foi un químico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1939.
Biografía
Cursou os seus primeiros estudos en Osijek (Croacia), cambiando a súa idea inicial de converterse en sacerdote polo estudo de materias técnicas. Elixiu a química, probablemente porque esperaba atopar traballo na refinaría de azucre recentemente aberto en Osijek. Asistiu á Escola Técnica Superior de Karlsruhe, onde estudou química orgánica e físico-química baixo a titoría de Fritz Haber. Posteriormente asistiu á Universidade de Basilea e impartiu clases de química orgánica no Instituto Federal de Tecnoloxía de Zürich.
Investigacións científicas
Iniciou as súas investigacións acerca da industria do perfume, entrando en contacto co terpeno. Entre 1934 e 1935 descubriu que a androsterona e testosterona (hormonas masculinas) poden ser producidas a partir dun esterol neutro, como o colesterol, descubrimento que solucionou o problema da produción sintética de hormonas.
Foi galardoado en 1939 co premio Nobel de Química, compartido con Adolf Butenandt, polos seus traballos con polimetileno e terpenos.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1939 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Leopold Ruzicka en NNDB (en inglés)
Predecesor: Richard Kuhn |
Premio Nobel de Química 1939 con Adolf Friedrich Johann Butenandt |
Sucesor: George de Hevesy |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.