K. Barry Sharpless

químico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

K. Barry Sharpless

Karl Barry Sharpless, nado o 28 de abril de 1941 en Filadelfia, Pensilvania (USA), é un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2001 e do ano 2022.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar

Traxectoria

Estudou química no Friends' Central School, onde se licenciou en 1959. Posteriormente realizou o doutoramento en 1968 na Universidade Stanford, continuando os seus traballos postdoctorales nesta universidade. Foi profesor do Instituto Tecnolóxico de Massachussets, e desde 1990 é profesor de química no Scripps Research Institute de La Jolla en California.

Investigacións científicas

En 2001 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química por conseguir obter moléculas quirales ópticamente puras mediante a reacción de oxidación con catalizadores enantioselectivos. O premio foi compartido con outros dous investigadores William S. Knowles e Ryoji Noyori por idéntico logro mediante hidroxenación.

En 2022 outorgáronlle de novo cun terzo do Premio Nobel de Química polos seus traballos no desenvolvemento da química clic.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Alan J. Heeger,
Alan MacDiarmid
e
Hideki Shirakawa
Premio Nobel de Química

2001
con
Ryoji Noyori
e
William Standish Knowles
Sucesor:
John Fenn,
Koichi Tanaka
e
Kurt Wüthrich
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.