Paul J. Crutzen

From Wikipedia, the free encyclopedia

Paul J. Crutzen

Paul Jozef Crutzen, nado en Ámsterdan (Países Baixos) o 3 de decembro de 1933 e finado o 28 de xaneiro de 2021, foi un químico holandés, gañador do premio Nobel de Química en 1995 polas súas investigacións sobre a incidencia do ozono na atmosfera.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Paul J. Crutzen
Thumb
(2010)
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1933
Ámsterdam, Países Baixos
Morte28 de xaneiro de 2021 (87 anos)
Maguncia, Alemaña
EducaciónUniversidade de Estocolmo - meteoroloxía (–1973)
Ignatius Gymnasium
Director de teseBert Bolin (en)
Actividade
Campo de traballoQuímica atmosférica (pt) , meteoroloxía e Ozonosfera
Lugar de traballo Ámsterdam
Maguncia
San Diego
Ocupaciónquímico, administrador acadêmico (pt) , meteorólogo, climatólogo, enxeñeiro, profesor universitario, investigador
Período de actividade1980 - 2019
EmpregadorInstituto de Química Max Planck (pt) (1980–2000)
Universidade de Estocolmo (1958–)
Ámsterdam
Universidade de Maguncia
Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia
Universidade de Utrecht
Membro de
Obra
DoutorandoJohannes Lelieveld e Deliang Chen (en)
Premios

Descrito pola fontePaul Crutzen, Nobel Laureate Who Fought Climate Change, Dies at 87 (en)
WikiTree: Crutzen-15
Pechar

Traxectoria

Naceu en Ámsterdam en 1933 e en 1973, estudou enxeñería, en 1958 estabeleceuse en Suecia coa súa familia, traballou na Universidade de Estocolmo ata 1974 e onde obtivo o título de doutor en Meteoroloxía. Traballou na Universidade de Oxford, Inglaterra e no "National Center for Atmospheric Research" (NCAR), Boulder, Colorado, nos Estados Unidos. Desde 1980 foi membro da Sociedade Max-Planck para o avance da ciencia e Director da División de química atmosférica do Instituto Max-Planck, en Maguncia (Alemaña) e desde 1983 director executivo desta mesma institución.

Traballo científico

Activista no campo das ciencias ambientais contribuíu, xunto a Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland, á comprensión da formación do buraco da capa de ozono. Os seus estudos sobre as substancias contaminantes permitiron a comprensión do posible cambio climático que padece a Terra, relacionada coa emisión dos Clorofluorocarbonos (CFC) e outros gases organohalóxenos cun desprazamento do equilibrio químico na formación e destrución do ozono estratosférico.

En 1995 foi galardoado xunto a Molina e Rowland, co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a química da atmosfera, especialmente sobre a formación e descomposición do ozono.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
George Andrew Olah
Premio Nobel de Química

1995
con
Mario J. Molina
e Frank Sherwood Rowland
Sucesor:
Robert Curl,
Harold Walter Kroto
e
Richard Errett Smalley
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.