From Wikipedia, the free encyclopedia
Dan Shechtman (en hebreo, דן שכטמן), nado o 24 de xaneiro de 1941 en Tel Aviv, é un científico israelí, Profesor Philip Tobias de Ciencias de Materiais do Technion-Instituto Tecnolóxico Israelí, en asociación co Laboratorio Ames do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos, e profesor de ciencias de materiais da Universidade do Estado de Iowa de Ciencia e Tecnoloxía. En 1982 descubriu a fase icosaédrica, a cal abriu un novo campo para os cristais cuasiperiódicos. En outubro do 2011 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos cuasicristais.[1][2]
Logo de recibir o seu doutoramento en enxeñería de materiais do Instituto Technion de Israel en 1972, onde tamén obtivo o seu mestría en ciencias en enxeñería mecánica en 1966 e a súa mestría en ciencias en enxeñería de materiais en 1968, o profesor Shechtman traballou no Laboratorio de Investigación Aeroespacial da Base Aérea Wright-Patterson, en Ohio, onde durante tres anos ocupouse da microestructura e as propiedades físicas e metalúrxicas de aluminuros de titanio. En 1975 incorporouse ao departamento de enxeñería de materiais no Technion. Entre 1981 a 1983 traballou na Universidade Johns Hopkins con aliaxes de aluminio e descubriu a fase chamada icosaédrica, a cal abre un novo campo para os cristais cuasiperiódicos.
Grazas ao descubrimento de Dan Shechtman, outros grupos foron capaces de formar cuasicristales similares, e atoparon que estes materiais teñen baixa condutividade térmica e eléctrica, mentres que posúen alta estabilidade estrutural. Os cuasicristales tamén se atoparon de forma natural. Os materiais cuasicristalinos poden utilizarse en gran número de aplicacións, ata a formación de aceiro durable para a instrumentación, illamento antiadherente para cables eléctricos, e tamén para equipos de cociña.[3][4] Por este descubrimento, Shechtman foi galardoado co Premio Nobel de Química no 2011.
No período 1992-1994 ocupou o seu ano sabático no Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), onde estudou o efecto da estrutura de defectos da deposición química de vapor (CVD) do diamante no seu crecemento e propiedades. As investigacións do Prof. Shechtman no Technion levanse a cabo no Louis Edelstein Center, e no Wolfson Centre, e están encabezadas por el mesmo. Desempeñouse en varios Claustros Universitarios do Technion, chegando a dirixir un deles.
Shechtman uniuse ao equipo de científicos da facultade do Estado de Iowa en 2004. Na actualidade ocupa ao redor de cinco meses ao ano en Ames nun traballo a tempo parcial.[5][6]
Dan Shechtman está casado coa profesora Tzipora Shechtman, xefa do Departamento de Asesoramento e Desenvolvemento Humano da Universidade de Haifa e autora de dous libros sobre psicoterapia.[7][8] Teñen un fillo, Yoav Shechtman (estudante de doutoramento en física) e tres fillas: Tamar Finkelstein (ortodoncista da Universidade de Tel Aviv), Ela Shechtman-Cory (doutorada en psicoloxía clínica), e Ruth Dougoud-Nevo (doutorada en psicoloxía clínica).[9][10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.