Alfred Werner
químico suizo From Wikipedia, the free encyclopedia
químico suizo From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfred Werner, nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zürich o 15 de novembro de 1919, foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zürich e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.
(1914) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1866 Yo no sé qué me pasó |
Morte | 15 de novembro de 1919 (52 anos) Zürich, Suíza |
Lugar de sepultura | Rehalp Cemetery (en) , 85067 |
Educación | ETH Zürich Universidade de Zürich |
Director de tese | Arthur Rudolf Hantzsch (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química orgánica, fisicoquímica e química |
Ocupación | químico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Zürich |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Emma Werner |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вернер Альфред) Georgian Soviet Encyclopedia (en) , (vol:4, p.373) Obálky knih, |
Aos 18 anos realizou os seus primeiros experimentos químicos. Realizou os seus estudos en Karlsruhe, Zürich e París. Foi profesor de química orgánica do Politécnico de Zürich en 1895 á idade de 29 anos. Foi membro de asociacións de investigadores de Suíza, Francia, Inglaterra e Rusia.
Padeceu de Arteriosclerosis a partir de 1913 e morreu diso en 1919 en Zürich.
Werner desenvolveu no seu traballo de doutoramento as bases para o estudo dos complexos metálicos.
En 1893 enunciou a teoría da coordinación tamén chamada das valencias residuais segundo a cal os compoñentes moleculares inorgánicos actúan como un núcleo central ao redor do cal sitúanse un número definido doutros átomos, radicais ou outras moléculas segundo un patrón xeométrico sinxelo, e grazas á cal chegaron a descubrirse os isómeros de moitas combinacións metálicas. Propuxo a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica.
En 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Química en recoñecemento do seu traballo sobre o axuste de átomos nas moléculas polas cales abriu novas portas en investigacións anteriores e abriu novos campos de investigación especialmente en química inorgánica.
En 1914 descubriu o exol, un sal de cobalto, o primeiro composto quiral que non contiña átomos de Carbono.
Predecesor: Victor Grignard Paul Sabatier |
Premio Nobel de Química 1913 |
Sucesor: Theodore William Richards |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.