químico alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Friedrich Karl Rudolf Bergius nado o 11 de outubro de 1884 en Breslau (actual Wrocław) (Alemaña) e finado o 31 de marzo de 1949 en Buenos Aires (Arxentina), foi un químico alemán que recibiu o Premio Nobel de Química en 1931 polas súas investigacións sobre a influencia das altas presións sobre reaccións químicas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Friedrich Karl Rudolf Bergius 11 de outubro de 1884 Wrocław, Polonia |
Morte | 30 de marzo de 1949 (64 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Lugar de sepultura | Cementerio Alemán (en) |
Educación | Universidade de Breslau Universidade de Leipzig |
Director de tese | Richard Abegg (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | químico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Hanover (pt) |
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores |
Membro de | Academia de Ciências de Heidelberg (pt) (membro correspondente, ordinary member (en) ) (1939, 1941, 1942–1941, 1942) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Naceu en Breslau, cidade que naqueles momentos formaba parte de Alemaña, pero que hoxe en día forma parte de Polonia co nome de Wrocław.
En 1903 iniciou os seus estudos de química na Universidade de Breslau onde se licenciou o 1905, e o 1907 se doutoró na Universidade de Leipzig.
Por mor da derrota alemá na segunda guerra mundial estableceuse en Madrid e logo en Buenos Aires.
Contribuíu de xeito moi importante ao desenvolvemento no seu país da industria química de síntese. Creou un procedemento para producir carburantes por hidroxenación do carbón a elevadas temperaturas e presións. Máis tarde desenvolveu, tamén con éxito, un método de obtención de alimentos hidrocarbonados baseado no tratamento da serradura con ácido clorhídrico; o produto foi moi utilizado como forraxe nas granxas alemás en épocas de escaseza e para alimentar a prisioneiros humanos nos campos de concentración nazis.
O seu labor investigador sobre a influencia das altas presións nas reaccións químicas foi recoñecida en 1931 coa concesión do premio Nobel de Química, que compartiu con Carl Bosch
Predecesor: Hans Fischer |
Premio Nobel de Química 1931 con Carl Bosch |
Sucesor: Irving Langmuir |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.