Arte prerrománica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A arte prerrománica é a que se desenvolveu en Europa Occidental entre a época carolinxia ata a aparición da arte románica. O termo non define unha forma artística particular, senón calquera manifestación artística aparecida entre o período clásico romano e a arte románica.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |

Historia
Carlomagno conseguiu unificar unha boa parte da Europa Occidental, cambiando o carácter da monarquía franca cara a unha concepción teocrática na que se fundía o civil e o relixioso como poderes que procedían de Deus e unha viraxe cara a arte clásica a través da arte paleocristiá e a arte bizantina. O programa cultural carolinxio contou coa contribución fundamental da orde bieita que creou grandes abadías que servían como focos culturais en torno á igrexa e a sala capitular e que se converteron tamén en núcleos de produción artística.
Xa que logo, o termo prerrománico aplicaríase a todo o lapso comprendido entre mediados do século V (caída do Imperio Romano de Occidente) e principios do século XI (expansión do románico). Aplicaríase a formas como a arte ostrogoda, longobarda, carolinxia ou a otoniana. Estivo representada na Península Ibérica pola Arte visigoda, a Arte asturiana[Cómpre referencia], a Arte mozárabe e a Arte de repoboación. En Cataluña, e con anterioridade á románica propiamente dita, aparece unha arquitectura que pode considerarse a súa antecesora nas formas e nas técnicas e que, para diferenciala da prerrománica, foi denominada seguindo as suxestións de Puig i Cadafalch "primeiro románico".
Os materiais construtivos utilizados foron máis ricos cá na arte merovinxia, con preferencia polo arco de medio punto sobre piares rectangulares ou cuadrangulares e a cuberta de madeira, aínda que tamén se empregou a bóveda de canón.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
![]() |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.