escola de arte e arquitectura de vangarda entre 1919 e 1933 na Alemaña From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como Bauhaus ( pronunciación en alemán (axuda · info)) á Staatliches Bauhaus (literalmente, casa estatal de construción), unha escola de arte e arquitectura de vangarda que funcionou entre 1919 e 1933 na Alemaña. A Bauhaus foi unha das maiores e máis orixinais expresións do que se chama Modernismo na arquitectura moderna, sendo unha das primeiras escolas de deseño do mundo.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Bauhaus | |
---|---|
Tipo | estilo arquitectónico, estilo artístico, instituição educacional de artes e institución |
Data de fundación | 1919 |
Data de disolución | 1933 |
Fundador(es) | Walter Gropius |
Premios | 8502 Bauhaus |
En | Dessau-Roßlau, Weimar e Berlín |
País | Alemaña |
[ editar datos en Wikidata ] |
A escola foi fundada por Walter Gropius en Weimar no 1919, a partir da reunión da Escola do Gran-Duque para Artes Plásticas coa Kunstg. A maior parte dos traballos feitos polos alumnos nas aulas-oficina vendeuse durante a segunda guerra mundial. A intención primaria era facer da Bauhaus unha escola combinada de arquitectura, artesanado, e unha academia de artes, e iso acabou sendo a base de moitos conflitos internos e externos que alí pasaron.
Gropius presentiu que comezaba un novo período da historia co fin da primeira guerra mundial e decidiu que a partir de aí deberíase criar un novo estilo arquitectónico que reflectise esa nova época. No seu estilo, tanto na arquitectura canto na criación de bens de consumo, primaba a funcionalidade, custo reducido e orientación á produción en masa. Por esas razóns Gropius quería unir novamente os campos da arte e artesanado, criando produtos altamente funcionais e con atributos artísticos. El foi o director da escola de 1919 a 1928, sucedido por Hannes Meyer e Ludwig Mies van der Rohe.
A Bauhaus fora grandemente subsidiada pola República de Weimar. Despois dunha mudanza nos cadros do goberno, en 1925 a escola mudouse para Dessau, lugar onde foi criada a Universidade Bauhaus. Unha nova mudanza ocorre en 1932, para Berlín.
En 1933 a Bauhaus é pechada por orde do goberno nazi. Os nazis opuxéranse á Bauhaus durante a década de 1920, ben como a calquera outro grupo que tivese unha orientación política de esquerda. A escola foi considerada unha fronte comunista, especialmente porque moitos artistas rusos traballaban ou estudaban alí. Escritores nazis como Wilhelm Frick e Alfred Rosenberg clamaban que a escola era "anti-Xermánica," e desaprobaban o seu estilo moderno. Con todo, a Bauhaus tivo un impacto fundamental no desenvolvemento das artes e da arquitectura do occidente europeo, e tamén dos Estados Unidos de América nas décadas seguintes - a onde se encamiñaron moitos artistas exiliados polo réxime nazi.
O principal campo de estudos da Bauhaus era a arquitectura (como fica implícito ata polo seu nome), e procurou estabelecer planos para a construción de casas populares baratas por parte da República de Weimar. Mais tamén había espazo para outras expresións artísticas: a escola publicaba unha revista chamada Bauhaus e unha serie de libros chamados Bauhausbücher. O director de publicacións e deseño era Herbert Bayer.
Un dos obxectivos principais da Bauhaus era unir artes, artesanado e tecnoloxía. Dábaselle valor á máquina, e salientábase a produción industrial e o deseño de produtos. 'O Vorkurs' - literalmente curso preparatorio era un curso ministrado nos moldes do que é o moderno curso de Deseño Básico, fundamental en escolas de arquitectura de todo o mundo. Non se ensinaba nada de historia na Bauhaus porque se consideraba que todo debería ser criado por principios racionais no canto de ser criado por padróns herdados do pasado.
Bauhaus e os seus sitios en Weimar, Dessau e Bernau é un Patrimonio da Humanidade en Alemaña, que comprende seis sitios separados que están asociados á escola da Bauhaus. Foi designado en 1996 con catro sitios iniciais, e en 2017 engadíronse outros dous.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.