Remove ads
arte cristiá primitiva From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase arte paleocristiá ó estilo artístico que se desenvolve na Europa Occidental durante os cinco primeiros séculos da nosa era como consecuencia da aparición dunha nova relixión, o cristianismo durante a época romana.
A nova arte vai herdar do mundo clásico a necesidade de dar forma antropomórfica á idea do divino contrariamente ó xudaísmo que non concibe a representación de Deus polo que ó primeiro o cristianismo vai recorrer a formas simbólicas e alegóricas procedentes do mundo clásico ata atopar o seu propio modo de expresión. As primeiras mostras da arte paleocristiá son tecnicamente pobres, centradas no significado máis ca na forma, cun fondo sentido espiritual, e ata o ano 313 determinado pola persecución do cristianismo que facía que fose en parte unha arte subterránea, confinada nas catacumbas. Logo do edicto de Milán de Constantino os cristiáns comezaron a construír basílicas para o culto, xeralmente dividido en tres zonas: o patio aberto e porticado ós pés da igrexa, o nartex e a cabeceira.
Pódense diferenciar tres períodos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.