From Wikipedia, the free encyclopedia
A arte prehistórica é un fenómeno artístico de alcance xeográfico global e unha amplitude temporal suficiente como para afectar as épocas máis diversas. Abrangue as formas artísticas desenvolvidas durante a etapa da Prehistoria chamada Paleolítico. O concepto é moito máis amplo có fenómeno rupestre cuaternario, principalmente circunscrito á Europa occidental, e comprende amais as manifestacións da chamada arte paleolítica.[1]
Esta arte ten en Occidente os seus comezos aproximadamente sobre o ano 25.000 a.C., a principios do Paleolítico Superior, aínda que hai mostras de manifestacións artísticas anteriores propias da etapa Musteriana do Paleolítico Medio.
Acadou os seus momentos de maior importancia durante o período Magdaleniano, cara a uns 15.000 a.C. Tendo grande importancia as manifestacións artísticas de tipo figurativo: pintura e escultura.
Aínda que cronoloxicamente, Europa debería ocupar o primeiro posto, e malia que moitas das expresións artísticas prehistóricas son relativamente cedas nalgunhas zonas do globo, onde sobreviviron pobos primitivos, a exposición realizarase seguindo a orde alfabética. Aínda que iso derive nun problema adicional: é lícito comparar manifestacións tan afastadas no espazo e no tempo? Neste sentido, a confrontación de equivalencias culturais, obviando os particularismos empíricos, permite obter xeneralizacións.
En base a iso, pódese apreciar que, nas artes plásticas e visuais dos pobos primitivos, o realismo é algo excepcional, fronte ao simbolismo, a abstracción, a estilización e o esquematismo, que parecen un constante mundial.
Outra posible xeneralización é que case toda a arte rupestre holocena desenvólvese no exterior, como máximo, en zonas rochosos, canóns e covas pouco profundas.
En terceiro lugar, o megalitismo e a construción de túmulos, en relación ao culto aos mortos, ou a necesidade de desenvolver unha arquitectura defensiva, a miúdo con construcións ciclópeas (cuxa motivación, excede, con moito, ás necesidades militares), tamén son constantes da arte prehistórica mundial.
Por último, está o feito de que, malia o innegable significado relixioso da arte prehistórica, esta non só se vencella ao mundo funerario ou mitolóxico, senón que os temas abranguen todos os eidos da vida social dos humanos (caza, guerra, traballos, cerimonias, xerarquías, sexo, familia, lecer...) e, sobre todo, a medida que as sociedades humanas evolucionan, a glorificación do poder e dos poderosos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.