Arte insular
arte producida nas Illas Británicas na Alta Idade Media From Wikipedia, the free encyclopedia
A Arte insular ou arte hiberno-saxoa, son as denominacións historiográficas[1] para a arte producida nas Illas Británicas na Alta Idade Media. Para esa época (séculos V ó X), tamén denominada "época escura" ou período das invasións, posterior á caída do Imperio romano de Occidente, a escasa produción artística de Europa occidental acostuma englobarse na xenérica denominación de "Prerrománico".




Os territorios "insulares" de Irlanda e Gran Bretaña, moi divididos politicamente, tiveron nesta época unha destacable unidade cultural no predominio artístico, intelectual e socio-relixioso do monacato que, sobre a base do cristianismo, fusionou os restos da herdanza clásica grecorromana con achegas dos pobos xermánicos e as características locais dos pobos prerromanos autóctonos, xenericamente clasificados como "celtas" ou "gaélicos".[2]
Formas e soportes
Os trazos formais do estilo orixináronse a partir da ourivaría destinada á elite secular, que a comezos do século VII combinouse coa arte celta e a arte anglosaxoa. Identifícanse especialmente coa decoración de entrelazado,[3] como a atopada en Sutton Hoo (que presupón unha tradición local ben establecida da que só sobreviviron pequenas pezas), e que se aplica noutros ámbitos, como a iluminación de manuscritos, que responden a outro mundo cultural: o do Mediterráneo. Antes do século VII, é rara a presenza de códices, aínda que non así de xoiaría, sobre todo en Irlanda.[4] As primeiras pedras pictas datan do século V.[5]
- Helmo cerimonial de Sutton Hoo.
- Broche de Tara, ca. 700.
- Relicario de Monymusk, ca. 750.
- Cáliz Ardagh,[6] ca. 750.
- Patena do Cáliz de Derrynaflan, século VIII o IX.
A arquitectura anglosaxoa da época utilizaba, polo xeral, materiais efémeros que non permitiron a súa conservación. Mesmo os mosteiros e igrexas levantados en pedra están na súa maior parte destruídos ou moi alterados, sendo só posible a súa reconstrución arqueolóxica.
Na arquitectura irlandesa[7] do período, destacan as chamadas round towers ou torres irlandesas (das que hai tamén exemplos en Escocia e na illa de Man).
Os mosteiros, autosuficientes, dotábanse de scriptorium e de talleres metalúrxicos para satisfacer as súas necesidades litúrxicas.
- Torre da igrexa de San Pedro de Barton-upon-Humber.[11]
- Complexo monástico de Glendalough.
- Cruz de Aberlemno.
- Cruz de Muiredach en Monasterboice.
- Detalle da Cruz de Ruthwell.
- Cruz de San Tola ou de Dysert.
- Cruz de Clonmacnoise ou das Escrituras.
- Cruz de San Martiño en Iona.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.