Remove ads
unha das dúas familias de linguas célticas insulares From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas goidélicas ou gaélicas forman unha familia de linguas célticas, distinta do grupo das linguas britónicas. Cando falamos só de gaélico, adoitamos referirnos ao gaélico irlandés ou lingua irlandesa (Gaeilge), para falarmos do gaélico de Escocia dicimos gaélico escocés (Gàidhlig). Estas linguas comprenden:
Entre as linguas xa extintas estarían o celtibérico e o galaico.
Tamén pode aparecer a palabra gaélico para referirise ao grupo de linguas celtas que teñen como trazo distintivo o feito de non teren pasado a labiovelar herdada do indoeuropeo a /p/: tamén se poden denominar linguas goidélicas ou linguas celtas Q. Serían o irlandés, o gaélico escocés e o manx. As outras linguas conforman o linguas celtas P ou britónicas.
O caso do shelta está suxeito a discusión: malia que polo léxico a lingua se aproxima ao irlandés, trátase no fondo dunha lingua sintacticamente xermánica.
Unha das distincións é o /p/ das linguas britónicas e o /k/ das linguas goidélicas:
galego | irlandés | escocés | manx | bretón | galés | córnico |
---|---|---|---|---|---|---|
cabeza | ceann | ceann | kione | penn | penn | penn |
catro | ceathar | ceithir | kiare | peder (f) | pedwar | peswar |
cinco | cúig | còig | queig | pemp | pump | pymp |
quen | cé | cò | quoi | piv | pwy | piw |
O gaélico irlandés fálase principalmente na Gaeltacht na costa oeste de Irlanda: é a primeira lingua nacional deste país onde a súa revalorización é obxecto dun debate político ante o emprego dominante do inglés (unha segunda lingua nacional segundo a Constitución).
Nalgunhas provincias afastadas de Escocia como da illa de Skye, pódense atopar aldeas onde os seus habitantes falan só gaélico escocés. En Escocia creáronse escolas onde as clases se poñen só en lingua gaélica.
No Canadá, só os escoceses das Highlands e os galeses fundaron comunidades onde a súa lingua materna deu sobrevivido ata os nosos días. Atópanse comunidades gaélicas escocesas na illa de Cap-Breton e en tres condados do leste de Nova Escocia (Guysborough, Pictou e Antigonish), na Illa do Príncipe Eduardo, no val de Codroy no suroeste de Terra Nova, no condado de Compton no Quebec, no sur do Ontario (os condados de Stormont, de Dundas e de Glengarry ao sueste de Otava, e no condado de Middlesex ao oeste de Londres), así como nunha e outra parte da fronteira entre o Manitoba e o Saskatchewan.
Un trazo lingüístico permite distinguir as linguas britónicas das linguas goidélicas: hai unha alternancia entre o fonema «k» (celta Q) particular ao goidélico e os fonemas «p» ou «b» que lles corresponden en britónico (celta P). Nótase ademais que, nas linguas itálicas, curmás das linguas célticas, o latín é unha lingua con «k» e o osco unha lingua con fonema «p» (comparar quinque e Pompeï).
galego | irlandés | escocés | manx |
---|---|---|---|
Gaélico | Gaelach | Gaidheal | Gaelgagh |
día | lá | latha | laa |
noite | oíche | oidhche | oie |
dentro | isteach | a-steach | stiagh/ayns |
escola | scoil | sgoil | scoill |
igrexa | eaglais | eaglais | agglish/keeill |
neno | páiste | pàiste | paitchey |
sen | gan | gun | gyn |
autoridade | údarás | ùghdarras | ard-ynseyder |
oficina | oifig | oifis/ oifig | offish |
aberto | oscailte | fosgailte | foshlit |
ano | bliain | bliadhna | blein |
radio | raidió | radio/ rèidio | radio |
goberno | rialtas | riaghaltas | reiltys |
parlamento | parlaimint | pàrlamaid | parlamaid/ard-whaiyl |
illa | oileán | eilean | ellan |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.