Terra Nova

illa na costa nororiental de Norteamérica From Wikipedia, the free encyclopedia

Terra Nova

Terra Nova[1][2][3] (en inglés: Newfoundland; en francés: Terre-Neuve; en irlandés: Talamh an Éisc; latín: Terra Nova) é unha grande illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia Canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador.

Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.
Datos rápidos Localización, Poboación ...
Terra Nova
Ktaqmkuk (mic)
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 48°33′59″N 55°46′38″O
EstadoCanadá
ProvinciaTerra Nova e Labrador
Poboación
Poboación479.538 (2016) (4,41 hab./km²)
Lingua oficialinglés de Terra Nova
francés de Terra Nova
lingua irlandesa de Terra Nova
Xeografía
Superficie108.860 km²
Bañado porGolfo de San Lourenzo
Altitude814 m
Punto máis altoThe Cabox (814 m)
MoedaDólar canadense
Identificador descritivo
Fuso horario

Pechar

Terra Nova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.

Ten 111,390 km² de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sueste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental do Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.

Thumb
Pequena comunidade pesqueira de Terra Nova

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.