Illa do Príncipe Eduardo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Illa do Príncipe Eduardo[1][2] (en inglés: Prince Edward Island, e en francés: Île-du-Prince-Édouard) é unha das provincias marítimas do Canadá. É unha illa rodeada polo océano Atlántico e separada do territorio de Novo Brunswick polo Estreito de Northumberland. Recentemente foi unida ao continente norteamericano polo Ponte da Confederación.
Remove ads

É a provincia máis pequena do Canadá. A súa capital é Charlottetown, coñecida como o berce da Confederación Canadense, aínda que a provincia non se asociou á Confederación ata máis tarde.
Remove ads
Xeografía
A illa coñécese como o Xardín do Golfo, xa que se atopa no Golfo de San Lorenzo, ao oeste da Illa de Cabo Bretón, ao norte da península de Nova Escocia, e ao leste de Novo Brunswick. As costas do sur forman o Estreito de Northumberland. A illa conta con dúas zonas urbanas. A máis grande céntrase no porto de Charlottetown, situada no medio da costa do sur; consiste na capital, Charlottetown, varias comunidades residenciais como Cornwall e Stratford, e unha franxa cada vez máis ancha de urbanizacións e desenvolvemento urbano. Outra zona urbana céntrase no porto de Summerside, situada na costa do sur 40 km ao oeste do porto de Charlottetown; consiste ante todo na cidade de Summerside. Estes portos, como todos os portos naturais da illa, son creados por rías.
Clima

A Illa do Príncipe Eduardo, debido á súa localización (rodeada por grandes corpos de auga) posúe un clima máis estable e ameno que o resto do país, rexistrando as temperaturas máis altas do Canadá durante o inverno e as máis baixas durante o verán. Polo cal, o tempo co que conta a provincia tamén é moi estable, con condicións climáticas que pouco varían durante un día dado.
Por outra banda, o seu pequeno tamaño fai que o clima sexa en gran medida homoxéneo en toda a provincia. A rexión oeste da illa posúe temperaturas levemente máis baixas durante o inverno e máis altas no verán, en relación coa rexión este, debido á súa maior proximidade co corpo principal do continente.
Durante o inverno, a Illa do Príncipe Eduardo posúe unha temperatura media de -7 °C. A media das mínimas é de -12 °C e a media das máximas, de -3 °C. A temperatura máis baixa que se rexistrou na provincia é de -37 °C, ocorrida en Alberton, o 26 de xaneiro de 1884. Durante o verán, posúe unha temperatura media de 19 °C. A media das mínimas é de 13 °C e a media das máximas, de 22 °C. E, á súa vez, a temperatura máis alta que se rexistrou na provincia é de 37 °C, ocorrida en Charlottetown, o 19 de agosto de 1935. A súa taxa de precipitación media anual de choiva é de 111 centímetros, mentres que a de neve é de 276 centímetros.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads