Arte do Imperio Romano From Wikipedia, the free encyclopedia
A arte da Roma antiga ou arte romana foi unha das manifestacións máis importantes da cultura de Roma, e é unha das máis ricas fontes de estudo para a comprensión do mundo romano como un todo. Os romanos derivaron a súa arte orixinalmente dos pobos itálicos que habitaban na súa contorna. Entre eles destacáronse os etruscos, que no período da monarquía dominaron os romanos política e culturalmente. No entanto, a cultura etrusca baseárase moito na grega, transmitíndose aos romanos esta influencia precoz. Axiña, no seu proceso de expansión territorial, os romanos entrarían en contacto directo con colonias gregas no sur de Italia, e despois coa Grecia mesma, iniciando un longo período de absorción intensa das súas referencias culturais, que se tornaron no fundamento de toda a cultura romana, expresándose nunha variedade de eidos artísticos, como a literatura, a pintura, a escultura, a música, as artes decorativas e a arquitectura.
No entanto, aínda que os romanos sempre se orgulleceron de seren herdeiros culturais dos gregos, foron capaces de introducir lecturas innovadoras na herdanza recibida e adicionar elementos novos da súa preferencia especial, creando unha identidade propia e contribuíndo orixinalmente en varios aspectos. Por exemplo a invención do arco de volta perfecta e da cúpula na arquitectura, o desenvolvemento da perspectiva na pintura, a formulación dun xeito narrativo tipicamente romano na escultura, apreciándose especialmente na retratística, o desenvolvemento da retórica na literatura e na oratoria política, o gusto por temas cívicos e do cotián, polo historicismo e polo ecletismo estético.
En relación ao seu imperio, a arte creada na capital, Roma, foi sempre o modelo, mais dela xurdiron infinitas ramificacións e variaións. A súa civilización influenciou unha vasta área e durou máis de mil anos, e neste campo inmenso en perpetua transformación, englobando pobos e culturas extremamente diferenciados, formáronse ás veces escolas bastante individualizadas, que evolucionaron preservando parte das súas linguaxes orixinais. Malia observarmos diverxencias ao longo dos anos e nas varias provincias, Roma conseguiu impor, aos seus territorios máis distantes, os seus principios culturais e artísticos e os seus sentidos máis esenciais, que funcionaron coma unha especie de lingua franca para a comunicación e o entendemento mutuo entre contextos tan dispares, e que ao mesmo tempo sinalaban para eses diversos pobos o que significaba ser romano e daban a dirección a ser seguida.
A arte romana foi de fundamental importancia para a preservación do legado grego, deixou monumentos notábeis polo seu propio dereito en todas as formas de expresión, a súa fase final foi a base inmediata para a formación da arte paleocristá, a arte bizantina e a arte medieval, e se mantivo coma unha das referencias máis centrais para a cultura de occidente ao longo de toda a súa historia, incitando sucesivos ciclos de revivalismo. Hoxe a arte romana é apreciada en todo o mundo, sendo obxecto de innumerábeis estudos e atraendo lexións de visitantes aos sitios e museos onde se preserva.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.