Europa Occidental
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A diferenza que se fai de Europa occidental fronte a Europa oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións).
Basicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a primeira guerra mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro). Durante a Guerra fría, as nacións de Europa occidental distinguíanse pola defensa da democracia e a economía de mercado fronte os sistemas de partido único e réxime económico socialista de Europa oriental. Durante esta época (1948-1989) o pano de aceiro -fortemente militarizado- dividía o continente europeo por Alemaña, Austria e Finlandia.
Actualmente os lindes de Europa occidental e a chamada Europa Central e Oriental tenden a diluirse trala incorporación á OTAN de vellos países comunistas e a ampliación da Unión Europea.[1][2] De feito, xa están na órbita occidental Grecia, Turquía, Malta, Chipre, países bálticos, Hungría, Polonia, República Checa, Eslovaquia e Eslovenia. Todos eles con excelentes relacións cos Estados Unidos e o Canadá e intricados lazos económicos e políticos cos veciños do oeste aínda que moitos non teñen tanto en común como os países históricos da Europa occidental.
Remove ads
Estados nación que compoñen Europa occidental

Tradicionalmente os países e Estados-nación das rexións da Escandinavia, illas Británicas, as penínsulas Ibérica e Itálica o Benelux, e diversas áreas de Centroeuropa son considerados Europa occidental.
- Islandia, Noruega, Suecia, Finlandia e Dinamarca.
- Irlanda e o Reino Unido.
- Na Península Ibérica: España, Portugal e Andorra.
- Os países do Benelux.
- Francia, Mónaco, Alemaña.
- Suíza, Liechtenstein, Austria.
- Italia, San Marino, cidade do Vaticano.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads