arquitecto e deseñador estadounidense de orixe húngara From Wikipedia, the free encyclopedia
Marcel Lajos Breuer, máis coñecido como Marcel Breuer, nado en 21 de maio de 1902 en Pécs, Hungría e finado o 1 de xullo de 1981 en Nova York, Estados Unidos, foi un arquitecto e deseñador estadounidense de orixe húngaro.
Nome orixinal | (hu) Breuer Marcell Lajos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (hu) Breuer Marcel Lajos 21 de maio de 1902 Pécs, Hungría |
Morte | 1 de xullo de 1981 (79 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Bauhaus (1920–1924) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Lugar de traballo | Wiesbaden Nova York París Zürich Weimar |
Ocupación | arquitecto, profesor universitario, deseñador de mobles, deseñador |
Período de actividade | (Con vida en: 1923 ) |
Empregador | Universidade Harvard |
Membro de | |
Movemento | Arquitectura brutalista |
Alumnos | Anne Griswold Tyng (pt) |
Compañeiro profesional | Hamilton P. Smith (pt) (década de 1960–década de 1970) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Marta Breuer (1926–década de 1930), divorcio |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Who's Who in the Twentieth Century (en) A Dictionary of Modern Design (en) |
Formou parte da primeira xeración de estudantes que se formaron na Bauhaus, unha escola vangardista de arquitectura e deseño que conxugaba a teoría e a práctica nun estilo didáctico que primaba os obradoiros de base artesanal. O seu traballo destacou especialmente no deseño de mobiliario, con moitas pezas e obxectos da súa autoría aínda producidos e comercializados hoxe en día. O seu traballo revolucionou o mercado do moble.
Licenciouse en Weimar (primeira sede da Bauhaus) en 1924 e pasou a ensinar na escola até 1928 (cando xa estaba instalada en Dessau).
Como profesor na Bauhaus, realizou unha serie de experimentos no deseño de mobles. Foi alí onde deseñou e executou os primeiros prototipos da cadeira Wassily, cuxo nome se di que é unha homenaxe ao seu colega Wassily Kandinsky, tamén profesor, pero tamén que foi chamada así décadas despois polo fabricante italiano Gavina.[1]
Wassily é hoxe unha das cadeiras de autor máis famosas do mundo.
Co auxe do nazismo, Breuer mudouse a Londres e uniuse á oficina FRS Yorke do grupo MARS.
Marcel Breuer emigrou aos Estados Unidos en 1937, onde traballou até o final da súa vida, sendo considerado por algúns críticos como un dos "últimos verdadeiros arquitectos funcionalistas".
Nos Estados Unidos, traballou co seu antigo profesor Mies van der Rohe, proxectando rañaceos. A obra de Breuer pódese inserir completamente no que moitas veces se chama o estilo internacional. Foi nomeado director da facultade de arquitectura da Universidade Harvard (sendo o responsable de formar toda unha xeración de arquitectos americanos, á que pertencía, por exemplo, Philip Johnson).
Faleceu en Nova York en 1981.
Proxectou numerosos edificios residenciais nos EUA, entre eles:
Os seus principais proxectos foron:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.