Remove ads
elemento arquitectónico formado polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun eixo lonxitudinal From Wikipedia, the free encyclopedia
A bóveda de canón é aquel tipo de bóveda xerada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun eixo lonxitudinal. O seu emprego ten como resultante un pulo horizontal considerable, que se absorbe mediante a utilización de contrafortes ou muros de contención. Empregouse para cubrir espazos lonxitudinais, como as naves das igrexas e os seus transeptos. Utilizábana na arquitectura romana e despois na románica. Cando os arcos de medio punto evolucionaron estilisticamente a arcos apuntados, as bóvedas de canón tamén seguiron a mesma tendencia, por iso apareceron logo as de carácter apuntado e finalmente abandonouse en beneficio da de bóveda de aresta que empregaba menos material cunhas prestacións moi superiores de luz. Polo xeral, tódalas bóvedas xeradas por un arco directriz son de canón, se é rebaixado a bóveda é de canón rebaixado e se é oxival será unha bóveda de canón apuntado. Este tipo de bóvedas van xeralmente reforzadas por un tipo de arcos denominados faixóns.
Vexa a entrada do Galizionario acerca de bóveda de canón |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.