tipo de arco, a modo de semicircunferencia From Wikipedia, the free encyclopedia
O arco de medio punto ou arco de volta perfecta[1] en arquitectura, é un tipo de arco que no intradorso ten a forma dun semicírculo. É o elemento principal da arquitectura abovedada, formando as de canón. Antigamente adoitaba estar conformado por doelas de pedra, adobe ou ladrillo, hoxe pode fabricarse en formigón.
Comezou a empregarse na Mesopotamia (Arquitectura caldea) no terceiro milenio a. C. O seu uso pasou á arquitectura etrusca, e desta aos romanos, que o espallaron polas rexións do Mediterráneo. É característico da arte romana e de todos os estilos que del derivaron, como a arquitectura románica, a arquitectura renacentista e a arquitectura barroca.
A partir da forma básica de arco cun só centro, pódense distinguir algunhas variantes do arco de medio punto:
Dende o punto de vista da resistencia de materiais, a xeometría e características dun arco de medio punto fai que todos os seus puntos traballen en compresión. Cada doela ten un estado semellante ao dunha forra comprimida nas súas faces laterais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.